28 xull 2007 12:13 pm
A Feira franca de Pontevedra

5 e 6 de Setembro 2008 - O traballo do campo
Cando falamos da chamada "Feira Franca", estamos a falar dunha recreación da época medieval en Pontevedra e dunha celebración certamente recente, digo isto porque este ano imos pola oitava edición, son poucos anos polo de agora, pero os pontevedreses e pontevedresas acollimos este evento con grande entusiasmo e agarimo, e hoxendia pasa por ser unha das actividades que máis xente concentra nos actos lúdicos do verán pontevedrés, desenrólase nas rúas e prazas do noso casco histórico na primeira fin de semana do mes de Setembro, rematadas as festas da Peregrina e como colofón final ao verán e sempre concentra a grande cantidade de persoas, tanto de Pontevedra e arredores coma turistas de Galiza e Portugal, lémbrome o primeiro ano que se celebrou, eu achegárame cós meus pais ata a praza da Ferreria e xa daquela habia un número importante de persoas vestidas de época e implicadas en levar cara adiante unha festa que daba os seus primeiros pasos, sorprendeume de verdade e puiden comprobar que aquelo seria o preludio do éxito que ano tras ano achega á nosa cidade a moitos visitantes, e que pasa tamén por ser unha inxección económica importante para o comercio pontevedrés.
A Feira Franca baséase no privilexio outorgado polo rei Henrique IV no ano 1467, polo cal podíase celebrar na nosa cidade unha feira libre de taxas ao longo dun mes, concretamente quince dias antes e quince dias despois da festividade de San Bartolomeu, o 24 de Agosto, a celebración deste mercado coincidiu cun periodo de puxanza económica daquela na nosa cidade, a pesca e mailo comercio foran os piares dese desenvolvemento económico, convertendo á cidade do Lérez na vila máis densamente povoada de toda Galiza, a construcción da Basílica de Santa Maria "A Maior" por parte do Gremio de Mareantes, - unha confraria de mariñeiros cunha importancia sobranceira na Pontevedra da Idade Média- pasa por se-la manifestación artística máis importante daquela época. Cada ano, e dende hai oito xa, a feira adícase a un determinado ou destacado aspecto da nosa história, este ano o elexido foi "Pontevedra e o mar", o ano pasado foran "Os Irmandiños", a feira comeza cun pregón o primeiro venres do mes de Setembro dende a balconada da casa da Luz, na praza da Verdura e dura todo o fin de semana, as rúas e prazas do noso casco vello engalánanse con bandeiróns, estandartes, teas e bandeiras, e a xente vai vestida e caracterizada como antaño, hai diversidade de postos coa gastronomia galega, onde poderedes desfrutar de viños, empanadas, chourizos, pan de millo ou todo tipo de postres caseiros, e tamén postos de artesania na Praza da Ferreria, ademais hai numerosas actividades tales como cetreria, tiro con arco, saltimbanquis, oficios antigos e demais, todo desenrólase no casco histórico da nosa cidade e como tal transfórmase durante estes dias transladando ao visitante ou o participante á Idade Média.
Dende aqui, quérovos animar a todos e todas a que veñades a Pontevedra estes dias, a que visitedes a nosa cidade e o noso casco histórico, a que desfrutedes de Pontevedra coma nós desfrutamos estes dias, a que comades e bebades, escoitedes aos trovadores, desfrutedes có torneo medieval, vexades o traslado a cabalo do viño polo "Vello camiño de Castela" ou a execución pública dalgún vilano, a que, en definitiva, vos vistades e vos confundades có resto dos participantes desta festa, en fin, que rematede-lo verán con esta grande traca final que é a "Feira Franca" de Pontevedra, unha actividade que non vos podedes perder, asegurovos que repetiredes.
De tódalas maneiras, se todo isto que vos digo non foi dabondo para convencervos a vir, sempre podedes atopar máis información dos actos da Feira Franca na súa web oficial da que vos indico a súa url máis abaixo (porque xa variou nun par de ocasións) ou botarlle unha ollada a este pequeno video da edición do ano 2006 que atopei no youtube e foi subido pola blogueira pontevedresa Carmiña Milleiro, tamén algunha información adicional e o cartaz da edición 2008 aqui .
Web oficial da Feira franca de Pontevedra http://www.feirafranca.info/







o 2007-09-01 ás 2.04 am 1.Feira Franca « Beber Para Olvidar dixo …
[...] Hoy es el día grande de la Feira Franca. Como desde ya hace varios años, esta es su octava edición, el primer fin de semana del mes de Septiembre se celebra la Feira Franca.Si quereis una buena descripción de lo que es la Feira Franca, os aconsejo que le echeis un vistazo a este artículo de Breogain donde explica todo perfectamente. [...]
o 2007-09-01 ás 9.13 am 2.breogain dixo …
Encantado de ter sido de axuda…agora desfrutade da festa
o 2007-09-01 ás 3.18 pm 3.Sísar dixo …
Muy buen post.
Me ha gustado especialmente el Acampamento Campestre en los jardines de Montero Ríos. No sé si ya estaba el año pasado, pero es la primera vez que lo veo.
Disfrutadlo que yo no puedo.
o 2007-09-01 ás 6.16 pm 4.breogain dixo …
xa, supoño que hoxe teredes moito do que falar no Castelo de Soutomaior non..?
o 2007-09-03 ás 4.00 pm 5.Brugal con Cola dixo …
jejeje
que cabroncete…
o 2007-09-03 ás 4.07 pm 6.breogain dixo …
jaja, pensei que era polo tema da “apertura” do novo curso políticos pero polo visto, e segundo mirei por algures estaba con bronquitis ou algo diso.
o 2008-04-08 ás 10.01 pm 7.Pepi dixo …
Quisiera saber que dias se celebra la feria franca en pontevedra. Sé que es en Septiembre , pero no sé los dias.
Muchas gracias.
o 2008-04-09 ás 8.37 am 8.breogain dixo …
Ola Pepi
En primer lugar gracias por pasarte por aqui y elegir este blog para informarte de un evento de tal importancia para nuestra ciudad, seguidamente he de decirte que la fecha todavia no ha sido facilitada, o al menos yo la desconozco, como bién dices será posiblemente el primer fin de semana del mes de Septiembre pero aún no se saben exactamente que dias, tan pronto lo sepa prometo publicarlo aqui, asi que pásate de vez en cuando a mirar si lo tengo actualizado con la información del 2008, la web oficial la tiene ahora mismo actualizando con los contenidos de la nueva edición y tampoco me puedo informar de cúal será el tema del año 2008.
Nada más, un saludo y gracias por pasarte.
o 2008-07-07 ás 9.03 pm 9.breogain dixo …
Polo de agora o único que sei é que a Feira Franca 2008 terá lugar os dias 5 e 6 de Setembro e que nuns dias estará activada a súa nova web….seguiremos informando
un sáudo a todos e todas os que vos pasades por aqui en procura de información.
o 2008-07-17 ás 5.25 pm 10.Rosa dixo …
Hola, a ver si podeis ayudarme.
Necesito saber donde podemos alquilar los trajes y donde conseguir un lugar donde comer toda la cuadrilla ya que pretendemos pasar en Pontevedra todo el fin de semana y queremos meternos todo lo que podamos en la celebración.
Gracias
o 2008-07-19 ás 3.32 pm 11.breogain dixo …
Hola Rosa
En Pontevedra hay varios locales donde alquilan trajes, lo normal es que se los confeccione la gente, para eso el Consello Aberto de la Feira Franca organza unos talleres, pero para la gente que no tiene tiempo o no le apetece coser, delante de la iglesia de San Bartolomé tienes un negocio de alquiler de trajes, en la Praza do Teucro tienes tambié otro y ahora mismo no sé de ninguno más, pero es facil, paseándote por la ciudad en los dias previos tendrás información, si vienes de fuera ya es más complicado claro, pero en esos dos sitios que te comenté todos los años abren para alquilar, creo que en la Praza da Verdura hay también otro local de alquiler de trajes.
En el tema gastronómico si que no tendrás problema, en Pontevedra tienes infinidad de locales para comer y cenar, la feira franca comienza el viernes con el pregón en la praza da verdura, en pleno casco vello (casco histórico) de la ciudad, ahí mismo tienes ya tabernas y locales de tapeo, hay multitud de ellos, el sábado tendrás en la Alameda de Pontevedra un montón de puestos de comida, churrasco, criollos, chourizos, ribeiro, albariño, viño país, licor café, crema de orujo…en fin, por supuesto infinidad de postres para acompañar, suelen estar un poco más caros que el resto del año obviamente, pero tampoco es exagerado, alrededor de la Alameda de Pontevedra tienes también algunos bares y cafeterias, para cenar cerca del “ambiente” puedes ir al Asador O Fanal, al Bar Sanmartín (bién de precio) o a cualquier bar de tapas como el Pitillo de los que hay multitud en la zona de vinos (casco vello) de Pontevedra.
En unos dias actualizaré este artículo con la nueva web e información, mientras tanto puedes consultar en http://www.pontevedracultura.org las novedades, ahí indicaran cuando esté activada la nueva web y sea presentada.
Un saludo y disfrutad de vuestra estancia en nuestra ciudad Rosa.
o 2008-08-31 ás 9.45 am 12.breogain dixo …
As actividades e horarios da Feira Franca 2008:
IX FEIRA FRANCA
5 de setembro /
18:30 h / Pregoeiros a cabalo anuncian a feira nas prazas do centro histórico.
19:30 h / Pasarrúas de grupos de música, teatro, malabares.
21:00 h / Acto de apertura da IX Feira Franca. Espectáculo de música, teatro e pirotecnia na praza da Ferrería.
23:00 h / Espectáculo de Monicreques Kukas na praza da Pedreira.
6 de setembro /
11:00 h / Apertura do mercado medieval e dos postos de venda de alimentación.
12:00 h / A Asociación Recreativa de Xeve encárgase do desfile do transporte do viño dende os arredores do convento de Santa Clara en dirección á praza da Ferrería.
Ao longo de toda a xornada haberá actuacións musicais e teatrais, demostracións de oficios tradicionais, exhibicións de cetraría, obradoiros infantís, obradoiros de xogos tradicionais, embarcacións tradicionais, etc.
17:30 e 20:00 h / Torneo medieval na Praza de Touros.
Extraido de http://www.pontevedracultura.org
o 2008-09-09 ás 12.44 am 13.paidovento » A FEIRA FRANCA, FRANCAMENTE UNHA FEIRA dixo …
[...] grellas e os caldeiros de polbo na alameda axudaban a configurar unha típica estampa de feira, franca, iso [...]
o 2008-09-09 ás 3.03 pm 14.breogain dixo …
Graciñas pola mención no teu blogue paidovento… encantado de que desfrutaras na nosa cidade, un saúdo dende Pontevedra
Vémonos na vindeira edición
o 2009-04-29 ás 10.33 am 15.cecile dixo …
ola
estoy interesada por poner un puesto de artesania de cuero en la feria franca de pontevedra pero no se donde me tengo que inscribir , Quien organiza la feria ?
gracias por darme mas informaciones
o 2009-04-30 ás 5.19 pm 16.breogain dixo …
Hola Cecile
Supongo que no entenderás el gallego, por lo tanto te responderé en castellano
La Feira Franca de Pontevedra la organiza el propio Concello (ayuntamiento) de nuestra ciudad, por lo tanto es a ellos a quién te debes dirigir para reservar un sitio, la feira es en septiembre, pero antes se abren los plazos para inscribirse en las cenas, puestos, artesanos, atracciones y demás,lo mejor que puedes hacer es dirigirte al concello de Pontevedra a través de su web http://www.pontevedra.eu/ o de la propia web de la feira franca, http://www.feirafranca.info/# en este caso con la información de la anterior edición (2008) pero que supongo actualizarán para el verano, consúltala de vez en cuando.
Espero haberte sido de ayuda, yo sólo soy un vecino de la ciudad que participa todos los años, pero encantado de informarte en lo que pueda.
Por cierto, de que parte de Francia sois, yo estoy enamorado de Breizh y me gustaria viajar algún dia.
Saúdos