Cargando...

25 mai 2007 01:11 pm

A lenda de Breogán

     Conta a lenda que Brath, fillo de Death, tivo un fillo chamado Breogán, foi criado até o intre no que puido levar armas, pasado un tempo, Brath morreu e Breogán ocupou o principado, orixináronse moitas desputas e desacordos entre as distintas tribos que povoaban Galiza polo que houbo moitas liortas entre elas,nembargantes, foi Breogán cós seus soldados e mailas súas xentes os que acadaron a victoria en cada batalla, seu foi o trunfo final polo que o resto das tribos foron sometidas baixo o seu mando.Posteriormente Breogán fundou unha cidade chamada Brigantia, o que na actualidade seria a cidade de A Coruña.


*Brisis mor ccomlann is ccath
for sluagh nEspaine nughrach.
Breoghan na nglor gal, ba nia,
les do ronda Brigantia*

(Gañou moitas batallas e combates
contra as duras tribos de Hespaña
Breogán, vencedor das batallas
fundou Brigantia)

      Fronte a esta cidade, Breogán fundou unha grande torre que chamou “Tor Breogán” (cecais a actual torre de Hércules), unha agradabel e fermosa morada ademais de ser un inmellorábel lugar de vixiancia, Breogán tivo dez fillos, os seus nomes eran: Breg, Cuala, Cuaionge, Bleid, Fuad, Muirtheme, Eble, Nar, Ith e Bilé.Ith, un dos fillos de Breogán, xove, soñador, enamorado do mar da súa terra galaica, tiña o costume de subir tódalas tardiñas ao máis alto de “Tor Breogán”, dende alí o xove Ith comtemplaba os solpores e hourizontes mariños e deixaba voa-la súa imaxinación tra-la rota das gueivotas e as aves mariñas… Un solpor de inverno,cando o sol escomezaba a teñi-lo ceo de vermello, a Ith pareceulle albiscar entre os nubeiros lonxanos do mar a silueta do que parecia ser unha illa, alá ao lonxe, emocionado por esa visión, baixou deseguido a dicirlle o que mirara ao seu pai, pero ninguén quixo creer o que el lles contaba, estaban moi acostumados ás fantasias de Ith e aos seu soños persoais, polo tanto, tentaron facerlle esquecer o que, segundo él dicia, acabara de ver,máis Ith non se deixou persuadir, estaba tan seguro de que o que rematara de ver, era a silueta dunha illa e non un nubeiro no hourizonte, que logrou convencer aos seus amigos, para que lle axudasen a botar a súa barca de coiro ao mar, e poñer rumbo á enigmática illa. “E así foi como, despois de varios dias de navegazón, Ith arribou ás costas de Éire e desembarcou nunha praia do sul…”
     Cando Ith tentou conquistar Éire, veuse traizoado polos nobres irlandeses que tentaron asasinalo para mante-lo segredo da existencia da súa terra, ferido de morte, Ith foi trasladado de novo a Brigantia, onde os fillos de Mil, sobriño de Ith, decidiron que o xusto era venga-la súa morte, fixéronno embarcándose de novo en cinco naves rumbo á illa,unha vez alí, loitaron e venceron aos seus habitantes (a tribo dos Tuatha De Dannan)e segundo conta a lenda, tomaron o governo de Irlanda, da verde Eirín, a enigmática e marabillosa illa que agocha lendas e tradizóns célticas dende o principio dos tempos, unha illa que segundo contan puido ser descuberta por homes vidos de Galiza.

Tascor mac Miledh tan muir
othe an Easpain Netherglain,
ro gabsat, ni gniomradh gó,
fiochmagh Erenn ind oen ló*


( A frota dos fillos de Mil no océano
dende Hespaña en claros barcos
tomou, non é preciso dicir mentira,
os campos de Irlanda nun dia )

     Escolma da lenda do "Leabhar Ghabhala" (libro das invasións de Irlanda), escrito no século XII polos monxes irlandeses baseándose na rica tradición oral do país.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

3 comentarios a “A lenda de Breogán”

  1. o 2007-11-27 ás 12.06 pm 1.carmiña dixo …

    Hoxe vin isto na voz e me acorde de ti:

    http://www.lavozdegalicia.es/cultura/2007/11/27/0003_6354524.htm

    Saudiños

  2. o 2007-11-27 ás 4.14 pm 2.breogain dixo …

    Pois infinitas gracias Carmiña…acabo de mira-lo artigo e descoñecia a traducción do Lebor Gabbala, o dito, moitísimas gracias por avisarme dese artigo na Voz, senón non me houbera dado conta posto que estes últimos dias ando a mil.

    un saúdo blogueiro.

  3. o 2009-03-10 ás 10.10 pm 3.Hijas de Breogán… | En tierras de Shamrock dixo …

    [...] A lenda de Breogán [...]

Trackback This Post | Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.