Galiza &Internet 1 decembro 2008
A promo de Retraso cero.com
Polo que semella un novo xornal vaise unir á chea deles que temos nos nosos quioscos, supoño que xa vos dariades conta desa campaña que se está a desenvolver en radio e internet da xente de Xornal de Galicia, nela apelan á nosa historia dunha maneira simpática e desenfadada, empregando como gancho na súa web a dúas caras galegas coñecidas, Antón Reixa e Iolanda Castaño (a mesma que chapou a web de Aduaneiros sen Fronteiras), aqui déixovos có video que máis me gusta dos tres, o dos Irmandiños, sempre tiven debilidade por eles, moitos din que Galiza non é outra Escocia porque eles guindaron abaixo tódolos castelos e torres (a miña muller é unha delas), outros din que os labregos e labregas galegos foron os primeiros en desafiar aos señores feudais e os seus abusos, quédome máis ben có segundo.
Hai tempo que publicaron unha nota de prensa en galego e castelán no que anunciaban a súa saída, nela remarcan que o xornal estará á defensa dos intereses de Galiza, vamos, como din tódolos políticos, e que está impulsado pola empresa pontevedresa (afincada en Madrid claro) San José. Resta por coñece-la liña editorial e lingüistica deste novo xornal, porque diso non din ren, ¿será en galego?, ¿será en castelán? ou cecais ¿será bilingüe? -que hoxe é o politicamente correcto pero que de seguro non venderia exemplares- non lle vexo eu futuro a un xornal en dous idiomas, de tódalas maneiras, se procurades algo máis de información na web www.retrasocero.com non a ides atopar, ou alomenos non polo de agora, pero agardo expectante a súa saída, a ver se de verdade é tan plural e independente como anuncian.







o 2008-12-01 ás 11.01 am 1.jcarnero dixo …
O do bilingüismo non o descartes, a min tenme todo a pinta de que será algo así. De tódolos xeitos non ten por que funcionar mal,dígocho por outros casos. Coñezo un pouco a prensa vasca e hai varios diarios que son bilingües e funcionan con normalidade. Tal vez o de máis tirón sexa El Diario Vasco, que ten moitos lectores e funciona con ese sistema. En calqueira caso este será un xornal dixital, así que de pouco valerán estas referencias para medir o posible éxito.
o 2008-12-01 ás 11.52 am 2.Andrés Milleiro dixo …
Non vai ser un diario dixital (penso), senón que vai ser tamén en papel pero facendo tamén versión dixital.
Home, detrás disto está Xacinto Rei, que é o que anda detrás de A Nosa Terra dende fai uns anos e amigo persoal de Anxo Quintana…
A miña opinión? Que en galego completamente non vendes moito como para o que queren vender, e tentarán facer algo galeguista (galeguista maxino no senso de que o poderá mercar Núñez Feijoo) mais bilingüe, e home… pode ser un primeiro chanzo
o 2008-12-01 ás 3.42 pm 3.breogain dixo …
Pois polo que puiden leer e que tamén comenta Andrés, o xornal vai ser en papel impreso ademais de dixital, polo de agora non se sabe nada máis (ou non sei) que a nota de prensa e a campaña de retraso cero, pero supoño que terán prevista a súa saída de cara a este nadal, máis non se poden retrasar, posto que xa comentou Touriño que as vindeiras autonómicas han de ser calqueira domingo do mes de marzal, teñen que darse presa logo.
Polo tema da normativa, pois si, segundo comentades pode ser que vai para adiante un xornal bilingüe, alomenos seria da simpatia do señor Feijoo, que non de tódolos seus correlixionarios, que hainos moi casposos, eu non vexo mal un xornal bilingüe, en certa medida preocúpame máis a súa imparcialidade e autonomía dos poderes politicos que a normativa, claro que quero que sexa en galego, pero tamén é importante que non sexa o voceiro de ningún partido, nin de dereitas nin de esquerdas, que para iso xa hai un par deles.
Un sáudo Andrés, vémonos no nadal
o 2008-12-01 ás 3.59 pm 4.Andrés Milleiro dixo …
http://galiciaconfidencial.com/?p=2683
o 2008-12-01 ás 5.12 pm 5.Sísar dixo …
A ese periódico tenlle moito medo os políticos. Un dos seus obxetivos era saír ante das eleccións e cun claro postulamento galeguista. Os mintideiros din que detrás de todo isto atópase o BNG que non ten un medio de referencia en Galicia. Ollo as primeiras bombas informativas que pode sacar para facerse oír.
Saúdos
o 2008-12-01 ás 9.57 pm 6.breogain dixo …
Graciñas por achegar esa información Andrés, ou sexa, que http://www.xornal.com pasará a encargarse da edición dixital de xornal de galicia e despois haberá unha edición impresa que polo que contan está a piques de saír á rúa, agardo entón polo primeiro número, a ver se sae un sábado ou domingo para podelo coller con calma, senón pola semana có traballo téñoo máis complicado.
Sísar, diso que ti comentas non tiña noticia ningunha, os mentideiros falan moito e non sempre atinan nas súas prediccións, ¿que detrás diso está o B.N.G.? non sei, poderá estar no governo hoxendia, pero polo de agora non o vexo eu con forza dabondo coma para sacar un xornal diario a nivel de toda Galiza, ou si, quén sabe, cecais foi collendo músculo nestes anos e agora ten o que hai que ter para encetar un proxecto de tal envergadura, polo de agora tiña A Nosa Terra, que era semanal e queiras que non tamén podia ser considerado afin ao B.N.G., sen ir máis lonxe foi o voceiro das Irmandades da Fala nos seus comezos…
Seguiremos atentos a novas noticias que vaian xurdindo sobre este interesante tema
Saúdos
o 2008-12-01 ás 10.08 pm 7.Andrés Milleiro dixo …
Breo,
O dito, ten en conta que detrás do Xornal, tanto do .com como do Xornal de Galicia (que repito, sae a vindeira semana xa), está Xacinto Rei, o dono de Constructora San José e amigo íntimo de Anxo Quintana e demais círculos do BNG.
Apostou por xornal, logo por a nosa terra e agora por isto…tentou facelo íntegramente en galego e agora reculou e seica vai ser bilingüe, veremos que fan…
o 2008-12-02 ás 9.22 pm 8.O Traveseiro dixo …
O raro é que nestes temos en que se di que chaparán até xornais de balde (pola falla de publicidade), aínda se funden novos xornais impresos. Agardemos que teñan sorte e que dure, sería un bo sinal.
o 2008-12-03 ás 2.19 pm 9.Sísar dixo …
Levo tempo seguindo a noticia e por iso fálote de “mintideiros”. O director do novo xornal gústame moito xa que era o antigo da Revista Capital a que estiven suscrito moito tempo. Destapou a corrupción na ONCE con premios que non existían, cando toda a prensa nacional agochou a noticia. Fai periodismo de investigación e será un xornal a ter moi en conta.
Déixoche dous reseñas onde falan de que Quintana (non o BNG) andan detrás do xornal:
http://josepardina.wordpress.com/2008/09/26/xornal-de-galicia-ahora-parece-que-si/
http://www.noticiasgalicia.com/confi/confi89.html
Unha aperta
o 2008-12-03 ás 8.48 pm 10.breogain dixo …
Interesante aportación a túa Sísar, voulle botar unha ollada..
Un saúdo
o 2008-12-05 ás 11.04 am 11.breogain dixo …
Segundo as últimas informacións, o xornal sairá á rúa o vindeiro martes dia 9 de Nadal…. haberá que botarlle unha ollada logo
Un saúdo