Música 29 xuño 2007
Transilvanians - Kingston town/Santiago D.C.
TRANSILVANIANS - Kingston town/ Santiago D.C.
Esta semana escollin un tema que levo escoitando un par de meses, un tema pegadizo que me gustou dende a primeira vez que o puiden oir, penso que está a participar no concurso que organizan os de Vieiros e a Radio Galega chamado "a polo ghit", un concurso para elexir á mellor canción galega do verán, xa van polo segundo ano, alomenos era o que dicia en "aberto por reformas" onte Xurxo Souto, tedes máis información en http://apologhit.vieiros.com/ .
A banda fórmase en Vigo a finais do ano 2004, con membros procedentes doutros grupos de diversos estilos musicais: Dakidarria, Skacha, Siniestro Total, Os Resentidos, Skarnio, Frangos...
Devotos confesos da música tradicional Xamaicana móvense entre estilos como o Ska, Rocksteady ou o Reggae, sen deixar de lado outras influencias máis Soul, R&B, Surf, etc. Isto unido á súa paixón polo xénero de terror, a serie B e a ciencia-ficción conforman unha proposta cando menos orixinal. Xunto ás composicións propias, temas de The Skatalites, Desmond Dekker, Phyllis Dillon, The Wailers ou John Holt... conforman o repertorio habitual dos seus concertos.
O pasado ano 2006, entraron nos estudos Muu !! de Vigo a gravar de forma totalmente analóxica, (coma se facia antano), cinco cancións que sairon editadas no nadal dese mesmo ano en formato CD. e EP. polo selo "El ejecutor records".
chúzame -






