Cargando...

Pontevedra 10 decembro 2008

BRILAT, abuso de poder e perímetro de seguridade

En termos económicos a isto que está a facer o Ministerio de Defensa en Pontevedra chamaríaselle abuso de posición dominante, que ven sendo unha cousa semellante ao ordeno y mando que se estilaba hai moitos anos. O problema dos veciños de Salcedo e Vilaboa cós militares da Brilat de Pontevedra xa ven de atrás, son anos e anos nos que uns baixaron as orellas e deixaron facer, por aquilo de levar unha boa convivencia coa xente da base, nos levámonos ben e eles pois respectánnos e tamén, xa postos, fan algo de gasto nos nosos negocios, preferentemente en bares da zona. Pero o acontecido no dia de onte supón un antes e un despois na xa de por si tensa relacións entre civiles e militares nesta zona dos arredores de Pontevedra. Hai uns dias que os militares comezaron a traballar con buldozers e demais maquinaria pesada alterando o medio que lles rodeaba, inda nada está decidido pero eles teñen moi claro que o perímetro de seguridade cómpre aumentalo aos 300 metros e xa comenzaron os traballos arrasando con todo sen que nada nen ninguén llo impedira, nin tan sequera os veciños que secundaron as protestas e organizáronse nunha plataforma de afectados

Foto da concentración do luns (Faro de Vigo)

Semella que en todo este lio de pouco importa o que digan os propietarios dos terreos, a xente que olla como os seus dereitos máis elementais son pisoteados impunemente polo exército, o ministerio de defensa, ou quén queira que está detrás de todo este despropósito, veciños que levan anos e anos vivindo ao carón desta xente e que de súpeto teñen que lidiar coa policia militar e cós monos vestidos de azul -de sobra coñecidos polas súas cargas en Pasarón, empacadora de Vilaboa e demais fazañas victoriosas que algús temos moi presentes- para defende-las súas casas, porque á ministra Carme Chacón e os seus correlixionarios dende Madrid, e sen coñecemento do medio, se lles ocorreu a magnífica idea de aumenta-lo perímetro de seguridade da base onde se atopa a BRILAT por que si, porque semella que o actual resúltalles pequeno ou cecais porque terán medo a atentados de Al Qaeda en territorio galego e teñen que afastarse máis do mundanal ruido que lles rodea.

Dende aqui todo o meu apoio aos veciños e veciñas de Salcedo e Vilaboa que están a defende-las súas casas e a súa forma de vida, non permitades ese abuso e loitade polos vosos dereitos.  Por outra banda, ao señor subdelegado do goberno, o señor Delfín Álvarez, pediríalle un pouco máis de tacto e comprensión cara aos veciños e que non se postule tan descaradamente de parte da BRILAT, incluso afirmando veladamente que os altercados foron causados por xente de Pontevedra, chegando a apuntar mesmamente a militantes do Bloque Nacionalista Galego, que ten miga o asunto, dicindo que dos cinco detidos catro son de Pontevedra, ¿acaso non pode un veciño desta cidade solidarizarse cun amigo (ou non) que está a sofrir este acoso por parte do exército? ¿non hai xente de fóra da cidade nas manifestacións contra ENCE?.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

8 comentarios a “BRILAT, abuso de poder e perímetro de seguridade”

  1. o 2008-12-10 ás 6.30 pm 1.jose dixo …

    Vaia merda de discursillo,a min tamen me estan fodendo as veijas co o ave, pero non ven ningun militante do bng de pontevedra cando ven a Caride (a vosa socia no goberno).

  2. o 2008-12-10 ás 7.03 pm 2.David dixo …

    ó igual que Breogain, todo o meu apoio os veciños de Vilaboa, boa cuestión para Carme Chacón (a que recoñezo que lle teño certo aprecio), podería explicarnos os pontevedreses en base a que parámetros tómase a decisión de aumentar o parámetro de seguridade…e vir crear conflito onde realmente non o hai!

  3. o 2008-12-10 ás 8.17 pm 3.Fiz de Cotobelo dixo …

    Olá Breogain e compaña:
    O meu apoio para os viciños e viciñas de Salcedo, Vilaboa e Marín.
    E Jose, se a ideoloxía cégate e non che deixa ver o mundo, mellor cambia de ideoloxia . . . se non o mesmo acabas cunha úlcera.
    Unha aperta, especialmente para os meus veciños de Salcedo

  4. o 2008-12-10 ás 8.46 pm 4.breogain dixo …

    Ola Jose

    Isto é un blogue e o que leches arriba un “post”, non sei se sabes de que vai isto, pero non pretende nin moito menos ser un atril para dici-la miña verdade e o que liches antes tampouco prentende ser ningún “discursillo”, será unha merda pero alomenos parácheste a leelo e iso é o que pretendia, senón estás dacordo podes deixa-la túa opinión pero sempre con educación, polo de agora nunca tiven que borrar ningún post, agardo non ter que facelo por comentarios “fóra de tono” e máis cando, polo que puiden entresacar das túas verbas, afirmas que son un militante do BNG, pois non home, non estou afiliado a ningún partido, inda que si son nacionalista, pero supoño que iso si o debes de ter ben claro, tampouco quixen agochalo en ningún momento.

    Por certo, se che levan as veigas polo AVE pois home, tamén é unha putada, que queres que che diga, tampouco me parece ben iso, alomenos non con a conseguinte contraprestación económica vantaxosa para ti, eu tamén teño a algún coñecido que lle pasa o mesmo.

    Veña, un saúdo e graciñas polo teu comentario (creo)

  5. o 2008-12-11 ás 1.23 pm 5.lamberto dixo …

    pero que tacto e comprensión vai ter o mamporrero do Delfín, se non sabe mais que reprimir , por multar e lanzar aos cans de presa a polos veciños e contra a chavalada. Hai que ter collóns para filtrar á prensa (que por certo é utilizada sen descaro) para dicer que foran 4 independentistas os que “manipularon” 500 veciños.

    De feito, intentan desviar cara aí a atención, foron directamente a identificar 2 rapaces coñecidos do independentismo da comarca, que pouco a pouco van vendo como os seus dereitos mais elementais tamén son pisoteados (como ti comentas, acaso a día de hoxe pretenden limitar a solidariedade??). Ameazan don dura sancións e multas apesar de que os causantes dos atropelos e vulneracións graves dos direitos humanos son, unha e outra vez, militares e policía.

    Breoghain, algúns pensamos que o fascismo rexorde, e non precisamente desde grupúculos minoritarios, se non que é o proprio poder político o que está alentando o seu reflorecemento

    Saúde!

  6. o 2008-12-11 ás 6.51 pm 6.manolo dixo …

    Más información sobre el tema

    http://www.vieiros.com/nova/70784/hoxe-a-mana-vineron-50-geos-de-leon-e-xa-non-puidemos-entrar-nas-nosas-leiras

    una auténtica vergüenza que pase esto hoy en dia, los antidisturbios pararon la manifestación mucho antes de llegar al lugar acordado por ambas partes y a repartir leña porque lo vecinos querian avanzar un poco más, ademas y para colmo de males, la policia militar que por ley no puede actuar sobre civiles fuera del ámbito de la base a desalojar también a los vecinos, ¿ pero donde está la justicia?

    lo dicho, un cachondeo, se les debia de caer la cara de vergüenza a los del ministerio de defensa y por supuesto a Delfín Álvarez, achacando a las “hordas independentistas” todos los males, incluso acusando veladamente al B.N.G., que tiene cojones.

  7. o 2008-12-11 ás 9.27 pm 7.ricardo dixo …

    Que bonito seria un país sin policía,militares asesinos,ladrones etc, Pero sobre todo lo mas bonito seria que no existieran los políticos.Por que al final todos los problemas que hay en el mundo el 99 por ciento son por decisiones suyas.Da igual que sean del BNG que del PP.

  8. o 2008-12-11 ás 9.40 pm 8.breogain dixo …

    Ola ricardo

    non che falta razón, pero coido que sen dirixentes viviríamos na máis absoluta anarquia e tampouco sería solución algunha, como ti ben apuntas, seria unha utopía a de viver sen políticos que nos governaran, se os civís poidéramolo facer seria unha marabilla, pero polo de agora segue a ser iso, unha utopia, quén sabe se posible algún dia.

    Un saúdo

Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.