O mundo da cervexa 26 xuño 2007
M.A.P.I.E. ??
Pois andaba eu estas últimas semanas intrigado con esas siglas, anuncios na televisión, xornais e tamén en cartaces pola rúa e polo visto é unha campaña de marqueting de "Estrella Galicia", as siglas responden á frase "Movimiento de amigos para invitar a un estrella", os muñegotes en si non dician nada, a verdade é que pensaba que anunciaban unha nova canle de televisión infantil ou algo polo estilo, pero a estreliña negra na "suposta" cabeza dos muñegotes faciame pensar que podia ser algo de "Estrella Galicia", posto que se achegaba o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira e por estas datas adoitan incrementa-la presenza nos medios, pero non tiña nada que ver có festival. Se tedes curiosidade ou precisades máis información, visitade a súa web en www.mapie.es .
chúzame -






