Axenda 26 maio 2007
Miguel Bosé, Dover e Fangoria nas festas da Peregrina 2007.
Pois hoxe fíxéronse públicos os concertos xa contratados para a semana grande do verán pontevedrés, supoño que máis de un estaríades/estaríamos ansiosos por saber cales ian se-los concertos deste ano e se estarian ao nivel dos tres previstos para o noso concello veciño, o de Poio que para as súas festas de verán, concretamente para a "Festa do Mar" vai traer de balde a Márta Sánchez, Álex Ubago e a El sueño de Morfeo, pois ben, Anxos Riveiro, concellería de festas, presentou esta mañá, as actuacións musicais previstas para a semana grande de Pontevedra. Unha programación que se define pola calidade, variedade e gratuidade dos concertos, segundo manifestou a concelleira.
As festas da Peregrina estenderanse este ano unha xornada máis, do 11 ao 20 de agosto. Nove días nos que pasarán pola cidade máis de 11 artistas ou grupos musicais, que actuarán de balde nas noites da Ferrería. Entre eles, importantes conxuntos galegos ao lado de artistas de recoñecido prestixio internacional como Fangoria ou Miguel Bosé. O grupo Barricada será o encargado de inaugurar esta programación musical, seguido de Nena Daconte. Unha formación de xente xove que o Concello quere apoiar dende o principio, como fixo no seu día con Bebe, quen actuou en Pontevedra aos inicios da súa carreira.O día 14 os protagonistas serán Sugar Mountain, unha banda pontevedresa, á cal non temos moitas posibilidades de oír en Galiza porque normalmente tocan en festivais no resto de Estado. Acompañados entre outros por Burning. Dover actuará o día 15 de agosto na Ferrería, o que supuxo unha grande negociación por parte do Concello, xa que é moi difícil reservar unha actuación dun grupo tan importante para esas datas, aínda que está pechada dende decembro.
O día 16, actuará o gaiteiro irlandés John McSherry & At First Light Band e o 17 tomará o relevo a banda galega Pepe Vaamonde Grupo.O acordeonista basco, Kepa Junkera, voltará a pór no ar de Pontevedra os sons da súa trikitixa, estará o día 18, acompañado polas pandereteiras galegas de Faltriqueira, con quén xa colaborou en dous discos.
Por último, os días 19 e 20 estarán na Ferraría, Fangoria e Miguel Bosé. Ambos cunha grande traxectoria musical, pero cuns cachés razoables para que o Concello poida costear a súa presenza cos cartos públicos, mentres que noutros municipios será preciso pagar unha entrada por velos, tal e como reflexou Anxos Riveiro. Quen tamén sinalou que o orzamento para os concertos da Ferrería incrementouse en 30.000€ con respecto ao ano pasado, polo que o gasto total de 2007 será de 280.000€ aproximadamente.
chúzame -







o 2007-06-21 ás 4.14 am 1.Brown dixo …
Brown…
You a right. Thank you….
o 2007-06-21 ás 8.37 am 2.breogain dixo …
Thank´s for your visit !!