Caixón de xastre 19 decembro 2008
De loteria e papadelas de nadal
Pois iso, que hai dias que xa comezaron as celebracións gastronómicas de nadal e como un servidor non podia ser menos, esta mesma noite tócame cea coa xente do choio, asi que uns cantos de nós, que o resto do ano compartimos fatigas no traballo, xuntarémonos para dar conta dunhas viandas exquisitamente preparadas (iso agardo) pola xente de Cañas y Tapas, que a pouco que sexades un pouco observadores nos vosos paseos por Pontevedra, saberedes que se atopan na rúa Eduardo Pondal, máis ou menos á altura de Ambikuch, xusto na beirarrúa da parte de atrás do Galicia Palace, para entendernos.
O compañeiro encargado do tema prometeunos un menú especial, a base de brochetas de solomillo de terneira e rape, vieiras (agardo que galegas e non da Bretaña), tostas de foie e algunhas cousiña máis, todo iso regado cós caldos propios da terra ou con cervexa, que como ben sabedes é a miña bebida favorita, o malo é que Cañas y Tapas coido que é franquicia de San Miguel, e a min esa cervexa non me entra, síntoo moito, asi que polo tanto probarei o albariño, que sempre é unha aposta segura, como agardo que tamén o sexa a participación de nadal do Pontevedra C.F. que merquei o outro dia no bar de Pasarón e podedes ollar na foto, agardo que me traia sorte, pola ben da miña hipoteca.
¿E vós xa tedes programada a vosa cea coa xente do traballo, do equipo ou da peña?








o 2008-12-20 ás 3.19 am 1.paidovento dixo …
No meu choio son uns aburridos, así que fixemos xantar en lugar de cea. O menú non foi gran cousa pero aínda botamos unhas risas.
Feliz Nadal.
o 2008-12-21 ás 3.11 pm 2.breogain dixo …
Pois nada, somentes dicir que a cea foi todo un éxito, xa non tanto de participación, posto que algúns do traballo, por diversos motivos, faltaron a éste dia que temos de confraternización e de convivencia entre departamentos….o dito, comezamos tomándolle unha cervexa unha hora antes de chegar ao restaurante, fumos catro incluindo o meu irmán que tamén se apuntou, despois no Cañas y Tapas, pois outra birra antes de sentarnos na mesa, todo hai que dicilo, sendo franquicia de San Miguel, tocoume probar unha caña desa mesma marca e teño que dicir que foi posiblemente unhas das máis frouxas que tomei nunca, algo comparable á Corona que tomei en México, pero como non tiñan outra de barril, pois probamos ésa, iso si, acompañada cun bo pincho de tortilla, ahí estiráronse.
A cea ben, entrantes a base de lombo, xamón e queixo, despois uns langostinos, vieiras e tostas, destacando a de pan tomaca que estaba boísima, e o prato forte, a brocheta de solomillo que estaba moi ben e cunha guarnición moi abondosa, todo isto, no meu caso acompañado de cervexa, logo o postre e as botellas de licor café, orujo de herbas e crema de orujo, iso que non falte, fotos, fotos e máis fotos, algunha panxoliña de nadal, e iso que algúns dos meus compañeiros preguntáronme se sabia algunha en galego, pero nada, como tampouco son demasiado relixioso non sabia ningunha, e asi rematou a cea, pagando a conta a escote có conseguinte baile de billetes de aqui para alá, un cristo jajaja.
Logo baixamos ao casco vello, hai tempo que non ia por eses sitios, case non me lembro tampouco dos nomes, pero a música non era do meu agrado e foi asi case que toda a noite, no único sitio que escoitei algo interesante no último antes de recollerme para casa, nun que está na praza do Teucro ao carón da Taberna de Clara, camarú ou así, Planetas, Coldplay e tal…
E pouco máis, paseino pipa pero moi canso, xa non estou para estos trotes, pero vamos, que estas son datas para divertirse, a seguinte festa o dia do partido da selección na Coruña, tamén haberá tempo para pasalo ben.
Un saúdo a todos e tamén para os meus compañeiros do traballo, que sei que me ledes e algún de vós xa mo deixou claro na cea