Comentarios en De loteria e papadelas de nadal

Por: breogain
Pois nada, somentes dicir que a cea foi todo un éxito, xa non tanto de participación, posto que algúns do traballo, por diversos motivos, faltaron a éste dia que temos de confraternización e de convivencia entre departamentos….o dito, comezamos tomándolle unha cervexa unha hora antes de chegar ao restaurante, fumos catro incluindo o  meu irmán que tamén se apuntou, despois no Cañas y Tapas, pois outra birra antes de sentarnos na mesa, todo hai que dicilo, sendo franquicia de San Miguel, tocoume probar unha caña desa mesma marca e teño que dicir que foi posiblemente unhas das máis frouxas que tomei nunca, algo comparable á Corona que tomei en México, pero como non tiñan outra de barril, pois probamos ésa, iso si, acompañada cun bo pincho de tortilla, ahí estiráronse.

A cea ben, entrantes a base de lombo, xamón e queixo, despois uns langostinos, vieiras e tostas, destacando a de pan tomaca que estaba boísima, e o prato forte, a brocheta de solomillo que estaba moi ben e cunha guarnición moi abondosa, todo isto, no meu caso acompañado de cervexa, logo o postre e as botellas de licor café, orujo de herbas e crema de orujo, iso que non falte, fotos, fotos e máis fotos, algunha panxoliña de nadal, e iso que algúns dos meus compañeiros preguntáronme se sabia algunha en galego, pero nada, como tampouco son demasiado relixioso non sabia ningunha, e asi rematou a cea, pagando a conta a escote có conseguinte baile de billetes de aqui para alá, un cristo jajaja.

Logo baixamos ao casco vello, hai tempo que non ia por eses sitios, case non me lembro tampouco dos nomes, pero a música non era do meu agrado e foi asi case que toda a noite, no único sitio que escoitei algo interesante no último antes de recollerme para casa, nun que está na praza do Teucro ao carón da Taberna de Clara, camarú ou así, Planetas, Coldplay e tal…

E pouco máis, paseino pipa pero moi canso, xa non estou para estos trotes, pero vamos, que estas son datas para divertirse, a seguinte festa o dia do partido da selección na Coruña, tamén haberá tempo para pasalo ben.

Un saúdo a todos e tamén para os meus compañeiros do traballo, que sei que me ledes e algún de vós xa mo deixou claro na cea

Por: paidovento
No meu choio son uns aburridos, así que fixemos xantar en lugar de cea. O menú non foi gran cousa pero aínda botamos unhas risas.

Feliz Nadal.