Cargando...

Deportes 1 xullo 2007

Rafting no rio Ulla.

Dia completo o de onte, celebrábamos a despedida de "solteiro" dun amigo, e que mellor entretemento un sábado pola tarde, para abri-lo apetito de cara á cea da noite, que facer deporte, xuntámonos un grupo duns vinte amigos e coa xente de www.turnauga.es fixemos rafting no rio Ulla, na zona de Carcacia (Padrón), pasámolo fenomenal, levaba xa tempo pensando en practicar este deporte, rematei iso si, canso de remar, está claro que para este deporte hai que ter unha boa forma física, non habia máis que mirar aos monitores, pero a experiencia pagou a pena, saquei un par de fotos unha vez chegamos ao final do descenso, porque a cámara acuática quedounos no coche, a cabeza que non da para máis, será que xa imos vellos ?.

rafting-30-06-07.JPGrafting-30-06-07-2.JPGrafting-30-06-07-6.JPG

Preme nas fotos para velas máis grandes

rafting-30-06-07-4.JPGrafting-30-06-07-1.JPGrafting-30-06-07-3.JPG

Chuzame! chúzame -

2 comentarios a “Rafting no rio Ulla.”

  1. o 2007-07-02 ás 7.27 pm 1.Andrés Milleiro dixo …

    Vaia panda de gañáns polo río abaixo van ;)

  2. o 2007-07-02 ás 8.46 pm 2.breogain dixo …

    unha troita de pé, corre que te corre quén nos poidera coller… :)
    “totalmente confirmado” é unha experiéncia inesquecible.

Trackback This Post | Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.