Política 16 decembro 2008
A Telmo Martín
A figura do político adoita ser, na maioria dos casos, a de unha persoa algo lonxana dos problemas cotiás do cidadán de a pe, dunha persoa case que innacesible e que apenas si ten relación algunha coa xente fóra do seu círculo de traballo, pero na política actual a cousa semella que está a mudar, xa comecei a percibi-lo cambio có videoblogue de Anxo Quintana, un experimento que demostrou ser todo un éxito de participación, e hai cousa dun par de dias puiden observar que eses aires de cambio tamén están a chegar á política local, fálovos neste caso de Telmo Martín, o voceiro do Partido Popular na nosa cidade.
Hai cousa duns dias, e despois de escoitar unhas declaracións en Localia Pontevedra dun dos seu compañeiros de partido, concretamente de Jacobo Moreira, manifestacións éstas coas que non estaba para nada dacordo, e visto que non sabia como facerllas chegar, decidín colgalas no blogue de Telmo Martín, un sitio que de cando en vez visitio, escribin alí sen apenas esperanzas de que o meu comentario fora publicado e moito menos respostado, fixen isto como vos digo o pasado dia 11 neste post que podedes ollar aqui, pois ben, non somentes foi publicado o meu comentario, senón que tamén foi respostado directamente uns dias despois, concretamente neste outro post titulado A Breogain, e no cal Telmo Martín nun exercicio de humildade moi loable descúlpase polo comentario do seu compañeiro de partido, comentario éste que ao meu modo de entender, puido ser froito da excitación da rolda de prensa, manifestacións as do Sr. Moreira que viñan a elevar un pouco máis a crispación xa existente dende varios dias atrás, promovida se cadra por outras declaracións anteriores de Delfín Álvarez.
Dende aqui, quero darlle-las grazas a Telmo Martín polo seu xesto de humildade e complicidade cun cidadán pontevedrés, feitos coma éste engrandecen aos políticos, sexan do partido que sexan e estexamos ou non dacordo en moitas ocasións cós seus prantexamentos, engrandecen como digo a calqueira político, pero sobre todo ao político local, o máis achegado a nós e no que os cidadáns temos o noso primeiro referente. Como xa apuntei na resposta ao post de Telmo, na política non vale todo, ou alomenos non deberia e ten razón, as mazás podres cómpre botalas ao lixo.








o 2008-12-16 ás 10.11 pm 1.Andrés Milleiro dixo …
Parabéns Breo. Ao menos unha proba máis de que isto dos blogues serve, cando menos, para comezar conversacións e non somentes para rogar, pedir ou comentar cousas, parabéns de veras
o 2008-12-17 ás 1.44 am 2.Jorge C. dixo …
NOraboa pola responts. Pero hai que dicir que é habitual en Telmo ser así.
A súa calidade humana é diferente a tódolos políticos que coñecín.
Por outra parte, é máis loubable que fales así dunha persoa coa que non estás dacordo ideoloxicamente.
É o exemplo que eu sempre trato de transmitir. Eu estarei diferenciado de moita xente doutros partidos, pero para min o que conta na vida e nas relacións humanas é a calidade humana da persoa que se ten diante, por enriba de ideoloxías, que moitas veces non din nada.
Unha aperta
o 2008-12-17 ás 2.21 pm 3.David dixo …
Dende logo súmome as numerosas felicitacións cara á Telmo Martín, agora ben, mais alá deste feito, todos temos unha traxectoria, sen dúbida Martín é un populista, e iso sabe manéxalo coma poucos políticos na nosa cidade,incluso diría que é o mellor nese ámbito, agora ben, como digo todos temos unha historia, e dende logo malia a todo, non quixera ver a Martín na alcaldía de Pontevedra na miña vida, xa modificou dabondo o que no seu día era o precioso concello de Sanxenxo…
o 2008-12-17 ás 3.57 pm 4.Andrés Milleiro dixo …
Jorge C,
Os vecinos da Granxa en Raxó tamén son conscentes da calidade humana de Telmo Martín, ata os vecinos de Bordóns ex-afectados pola Ronda… é difícil atopar a alguén ao que lle caia mal Telmo Martín, certamente.
o 2008-12-17 ás 4.14 pm 5.manolo dixo …
Nótese a retranca de Andrés Milleiro, tamén chamado sarcasmo, é non di mentira ningunha, como veciño de Pontevedra non as teño todas comigo ao considerar a Telmo Martín coma un óptimo candidato a ser alcalde da nosa cidade, a min a verdade, tanto me ten se governan uns ou governan os otros, o que si quixera é que o noso alcalde fora unha persoa honrada, coido que despois de dúas lexislaturas de governo de esquerdas cómpre agora un cambio de aires e acolleria de bo agrado un governo de dereitas ou de centro, como vos queirades, Telmo Martín ten empuxe, ten xenio, ten iniciativa e pode ser un bo alcalde, pero o feito de ser empresario e para máis inri, ter unha construtora (ou ser socio) non me acaba de convencer, e despois do que comentaron anteriormente do feito no miradoiro da Granxa (Raxó) pois xa me diredes… estou que non sei que pensar.
O dito, coido que as vindeiras municipais estarán moi apretadas e desputadas, pero para aquela inda resta moito e polo de agora tócalle traballar duro e controlar tamén á súa xente de cando en vez, porque declaracións como as feitas polo seu “pupilo” non lle fan ben ningún.
o 2008-12-20 ás 4.11 pm 6.Jorge C. dixo …
Poderanos caer mellor ou peor, pero o veredicto que conta en democracia é o das urnas. Outros intentaron por outros medios tumbar a Telmo Martín, pero foron desestimadas.
Tamén hai interventores do Concello que están asustados pola tremenda transparencia do noso alcalde e do noso equipo de goberno…
O dito, noraboa Breogain!
o 2008-12-21 ás 2.57 pm 7.breogain dixo …
Pois nada Jorge, nas vindeiras municipais traballade arreo para que todo iso do que falas se transforme en feitos, e entón xa veremos se é tan bo alcalde como apuntades e como el mesmo di, falando de recurtar gastos do concello, melloras como o metro lixeiro, subterráneos e demais, quén sabe, cecais Pontevedra precise de catro anos de governo de dereitas, non serei eu quén o diga, na man de tódolos veciños estará iso, o dito, xa veremos cando toque e por certo, súmome ao que apuntaba Telmo na resposta dirixida a min no seu blogue, cando dicia no derradeiro parágrafo, que o bloque de Pontevedra cecais tivera que desfacerse dalgunha mazá podre, eu tamén penso igual, algún ou algúns sobran no BNG de Pontevedra e impiden o seu avanzo, hai que renovar todo iso e meter xente nova e con novas ideas.
Un saúdo para ti tamén