Galiza & Política 2 xaneiro 2009
A orixinalidade de Ibarretxe
Ben se nota que o Partido Socialista de Euskadi lle está a pisar os talóns, porque senón non se explica que, coa de fins de semana que hai para poñe-la data das eleccións autonómicas bascas, Juán José Ibarretxe, a la sazón o presidente de tódolos bascos e bascas, escollera a mesma data que Touriño para que vaiamos votar, unha data simbólica e doada de lembrar si, pero para iso non é preciso dar voltas e voltas para ao remate coincidir no mesmo, no vindeiro 1de Marzal como o dia para que, ademais de celebra-lo cumpreanos da miña muller, teña tamén que ir a exerce-lo meu dereito democrático ao sufraxio..
En fin amigo Ibarretxe, xa sei que o teu non é afán de restarnos protagonismo aos galegos, que somentes é pura e sinxelamente instinto de supervivencia, pero ten narices que sexamos nós os primeiros en marca-la data, intentando con iso non coincidir cós vosos comicios e tamén cós europeos, e veñas ti a última hora a trastocalo todo, alegando que vivimos tiempos complicados. Lehendakari, se vostede vive tempos complicados, os demais non temos nin a máis mínima culpa diso, aqui pretendíamos facer unhas eleccións en clave galega e sendo nós mesmos os nosos propios protagonistas, e o que vostede fixo suporá unha merma importante deste protagonismo, inda que, se o penso ben, o desembarco dos primeiros espadas de Madrid nesta ocasión estará máis repartido, e quén sabe, cecais teñamos sorte e os verdadeiros protagonistas das autonómicas galegas sexan os candidatos galegos, non os padriños que veñan da capital.
Pois iso, eskerrik asko por nada Ibarretxe, e para a vindeira ocasión procura darlle máis aos miolos e ser algo máis orixinal, un saúdo.







o 2009-01-03 ás 6.16 pm 1.Fiz de Cotobelo dixo …
Olá:
Seica para a semana seguinte das eleicións galegas saen os dados do paro do trimestre, ou algo así (pode alguén confirmar este feito?)
En tal caso Touriño escolleu a data polo medo que lle dá que sexan malos (ou pésimos) e ficar sen ese discurso de que en Galiza estamos a aguantar ben a crise.
Teño para min que a Ibarretxe debeu pensar nalgunha cousa semellante porque, desgrazadamente, Galiza non ten o peso político necesario como para que o Lehendakari pense en nós á hora de fixar a data das súas eleicións.
Pois iso, unha aperta forte e feliz aninovo.
o 2009-01-03 ás 8.27 pm 2.Sísar dixo …
Eu creo que unha maniobra política de Ibarretxe buscando un alto rédito electoral e explicome.
As enquisas falan de que o Psoe pode empatar ou gañarlle as eleccións ao PNV. O Pp xa a deixado caer que antes de que goberne o PNV apoiará a outros partidos e xuntos nas últimas enquisas conseguen maioría absoluta. E non é nada descabellado ó pacto Pp-Psoe no País Vasco que xa o houbo noutros tempos.
O facelo coincidir coas Galegas vai obligar a que se vexa ó enfrentamento directo entre Psoe e PP (en Galicia os apretados resultados auguran moita batalla) beneificiándose o PNV de todo isto. Por libre serían PP e Psoe contra o PNV e o seu non de todo lenguaxe claro có o entorno de ETA.
Fíxonos unha putada moi grande porque vainos restar protagonismo.
Eu o vexo así. Un saúdo.
o 2009-01-05 ás 11.28 am 3.breogain dixo …
Non sei Sísar, eu non vexo un pacto pp-psoe para desbancar ao PNV do governo de Euskadi, moi desesperado terian que atoparse os populares para facer algo asi, coido que non ten nada que ver que en datas pasadas houbera algún acordo, hoxendia non os vexo de compañeiros de viaxe, e moito menos na escena basca.
Falando dende a óptica galega, pouco ou nada nos deberian importar as eleccións bascas, o importante agora somos nós, para os populares porque poden voltar a governar despois deste paréntese de catro e para o bi-partito de esquerdas, porque poderán continua-lo traballo feito nestes últimos catro anos, a cousa coido que vai estar moi desputada, o mellor é que polo tema dos comicios bascos os que van loitar aqui serán os primeiros espadas de cada partido dos tres que teñen aspiracións a governa-la Xunta de Galiza, agardo que Zapatero, Mariano e demais políticos non se pasen por aqui e deixen “facer” a Touriño, Quintana e Feijoo, que son os que de verdade se xogan algo nisto, son a eles aos que quere escoitar a xente, e non os descursos cociñados en Madrid e adaptados á mesa galega.
A cousa promete, un saúdo
o 2009-01-05 ás 3.26 pm 4.Sísar dixo …
Te dejo una noticia que he buscado rápido sobre las intenciones del candidato del Pp a los comicios vascos:
http://www.minutodigital.com/actualidad2/2009/01/04/basagoiti-%c2%abse-me-caeria-la-cara-de-verguenza-si-me-hubiera-reunido-con-gente-que-ampara-el-asesinato%c2%bb/
“no descarta apoyar a Patxi Lopez como lehendakari con tal de echar a los nacionalistas del poder. Lo que no tiene tan claro es que el socialista quiera”
Por outro lado tamén se fala de que é unha estratexia para desgastar tanto ao Psoe coma o Pp o ter que repartirse ao mesmo tempo entre dous eleccións. Así fan a veces algúns políticos que antepoñen as súas estratexias ó interés do coidadán.
Un saúdo Breo.
o 2009-01-06 ás 11.32 am 5.breogain dixo …
Graciñas Sísar, xa lle botei unha ollada a ese artigo e tamén a ese sitio de “minuto digital.com“…a verdade é que as vindeiras eleccións bascas pode que sexan unhas das máis desputadas das últimas décadas, a cousa segundo semella polas enquisas e demais estudos, que sempre adoitan ser favorables a quén as paga, apuntan como dicia a que a cousa vai a estar moi apretada e que o PNV desta volta está en serio perigo de perde-lo goberno de Ajuria Enea, o que xa non vexo eu tan claro é un posible pacto PP-PSOE para desbancar aos nacionalistas do goberno, inda que a necesidade faga estraños compañeiros de viaxe, tanto uns coma outros están moi equidistantes nas súas posicións ideolóxicas, pero vamos, iso apenas pode supor pequenas diferenzas en Euskadi, onde case prima máis conserva-la vida que as túas propias ideas, sobrevivir ao dia a dia é a grande batalla que teñen que libra-los políticos, agora o que apunta Basagoiti de “hechar a los nacionalistas como sea” véxoo un pelín desesperado a este home, que afirme que hai que botar aos terroristas dos concellos vale, efectivamente é algo que todos buscamos, pero ollo, o PNV é un partido democrático e soberano, elexido pola maioria dos bascos e bascas, nas grandes urbes e nas pequenas vilas, poden buscar a independencia tanto como os mesmos partidos abertzales, pero dicir deles que amparan a violencia, non sei ata que puto terá réditos electorais, cecais se meta nun calexón sen saída e moi perigoso.
O dito, o tempo dirá quén traballou mellor e máis duro para resultar vencedor o 2 de marzo, namentres a miña preocupación é a escena galega, a que verdadeiramente me importa, preocúpame máis o CERA, a defensa do patrimonio natural, o paro, o agro galego, o sector bancario galego, o clúster do automóbil….
Un saúdo