Deportes 3 xullo 2007
“Pontillón do castro”, ou as cousas feitas a correr.
Xa rematou o campionato de Europa de "piragüismo en augas tranquilas", o mesmo que dende o xoves pasado congregou na nosa cidade a centos de deportistas e miles de afeccionados, as cousas polo que parece, e segundo contan dende a Federación Galega e Española sairon ben, agora deberia se-lo momento de facer balanzo de toda a organización, fálase de que todo saiu a "pedir de boca" e que quizais poida celebrarse aqui un campionato do mundo dentro duns anos, a afluencia de público nos primeiros dias foi pouca, estaba claro que a xente non presenciaria as probas ata o fin de semana, porque hai máis tempo libre e tamén porque eran as finais e os diferentes paises comezaban a xogarse algo, inda asi houbo unha presenza notable de espectadores, haberia que facer máis propaganda, porque de verdade, eu pola cidade case non vin cartaces nin publicidade do evento, pero eu queria destacar unha nova que mirei hoxe na edición dixital da "Voz de Galicia", na súas páxinas de Pontevedra.
As verbas do campión paralimpico pontevedrés Pablo Cimadevila non deixan lugar a dúbidas, critica que as instalacións do Pontillón do Castro non son accesibles para "minusválidos", despois disto eu me pregunto, de verdade que nos merecemos os políticos e os governantes que temos?, agora que están centrados no tema do deporte de alto nivel, có centro de Tecnificación deportiva a voltas, agora que dende a Conselleria de Deportes da Xunta se promove a creación de seleccións galegas en tódalas prácticas deportivas, que se fala de que non podemos deixar "escapar" a figuras do remo galego como David Cal por non ter instalacións deportivas de nivel na nosa comunidade, ou nación, (como queirades), atopámonos con que as recén estrenadas e inaguradas con éxito instalacións deportivas de Verducido, non reunen as condicións mínimas para que deportistas coma Pablo poidan darlle a Galiza máis medallas nun futuro, quén planifica estas cousas, decide o arquitecto ou deciden os politicos se hai deportistas de primeira ou de segunda. ?
http://www.lavozdegalicia.es/ed_pontevedra/noticia.jsp?CAT=112&TEXTO=5947740
chúzame -






