Cargando...

Galiza &Política 6 xaneiro 2009

Actos en Pontevedra có gallo do XX aniversario de Galiza nova

Unha vez máis, Maruxa, amiga e responsábel de Galiza Nova en Poio, achégame certa información que pode que sexa de interese para os que sodes/somos de Pontevedra e arredores, extensible evidentemente tamén para o resto da xente da nosa bisbarra. A organización da mocidade nacionalista galega, Galiza Nova, celebra nestes dias o seu 20 aniversario cunha serie de actividades lúdicas e festivas a desenvolver na nosa cidade entre esta vindeira fin de semana e a seguinte, a continuación detállovos a información que me foi achegada como vos dixen via e-mail.

  • Sábado 10 de xaneiro: Concerto XX aniversario có lema "20 anos deixando pegada en Pontevedra", terá lugar a partires das 22:30 horas no recinto feiral de Pontevedra (parque Rosalía de Castro), actuarán Ruxe-ruxe e Nao e será totalmente de balde.
  • Sábado 17 de xaneiro: Cea XX aniversario de Galiza nova para a mocidade de Pontevedra, terá lugar no Pazo da Cultura a partires das 22:00 horas aproximadamente, o prezo orientativo será de 12 euros.

Para calqueira aclaración podedes poñervos en contacto cós organizadores nos teléfonos 645 024384, 699 996672 ou 986 866205. Persoalmente recoméndovo-lo concerto dos Ruxe-ruxe, teñen un fantástico directo, a continuación déixovo-lo video subido a youtube do seu tema "xigantes", do que xa falara hai meses neste mesmo blogue, Ruxe-ruxe fan unha mestura de folk-rock con pinceladas de punk en galego, de seguro que nos farán desfrutar en grande esa noite.

  

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

5 comentarios a “Actos en Pontevedra có gallo do XX aniversario de Galiza nova”

  1. o 2009-01-07 ás 11.40 pm 1.Fiz de Cotobelo dixo …

    Un bico grande para todas as mozas e os mozos de Galiza Nova e que teñan unhas moi felices festas de aniversario.
    A verdade é que están a facer un traballo moi moi importante para organizar á mocidade da comarca de Pontevedra no nacionalismo.
    Ánimo e a seguir no combate!!!!!

  2. o 2009-01-08 ás 7.36 pm 2.maruxa dixo …

    Ola Fiz ! Grazas polo teu apoio e anímate a ir ó concerto con colegas, seguro q o pasades xenial!
    saúdos e feliz ano pa tod@s

  3. o 2009-01-09 ás 8.08 pm 3.paidovento dixo …

    Os de Galiza Nova sempre tiveron bo gusto musical, como o demostraron nos discos “música pola liberdade dos pobos” que editaron dous anos consecutivos e nos que estaban incluídos ruxe-ruxe, moi bos, por certo.

  4. o 2009-01-09 ás 8.50 pm 4.breogain dixo …

    Un temazo o dos ruxe-ruxe, aos de Nao non os escoitei nunca pero dame que pode ser un moi bo concerto e ademais de balde e na zona onde se fai o botellón, asi que supoño que haberá moito ambente, algo por outra parte moi necesario, posto que supoño que na noite do sábado, ao carón do rio e a esas horas haberá un frio de mil pares de pelot….en fin, moito frio.

    Parabéns á xente de Galiza nova de Pontevedra, xa fixeron unhas xornadas no verán no que coido tamén houbo concerto e demais actividades, traballan bastante e de agora en diante a súa actividade incrementarase ainda máis supoño, posto que os comicios están á volta da esquina e a cousa estará moi desputada.

    Un saúdo a todos

  5. o 2009-01-12 ás 2.09 pm 5.Sísar dixo …

    Os meus parabéns tamén a estes mozos por facer cousas pola xuventude deixando as ideoloxías para outros.

Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.