Música 6 xullo 2007
Igloo, indie pop galego.
"Y todo lo demás", este é o nome do primeiro single do disco dos "Igloo", unha banda de pop galega da que tiven coñecemento hai pouco máis dunha semana, o seu son lémbrame moito aos compactos dos "Planetas" que tiña o meu irmán pola casa, pop melódico e con tintes psicodélicos por momentos, sons envolventes e guitarras distorsionadas, o seu disco homónimo no que hai ex-compoñentes dos Deluxe, está composto por 10 temas en castelán e foi editado pola discográfica Junk records, eu destacaria do disco "Y todo lo demás" e "Nanook", dous temas dos que gusto especialmente, podedes atopar máis información deles na súa web http://www.igloo.name/ .
chúzame -






