Cargando...

Actualidade 10 xaneiro 2009

Parabéns polo premio Don Ricardo

Veño de coñece-los premios cidade de Pontevedra deste ano que serán entregados o vindeiro dia 20, e na miña modesta opinión non poideron ter máis merecemento, alomenos na categoria de persoa física, posto que o outorgado ao CCUZM  (Centro Comercial Zona Monumental) ten algo máis de polémica, basicamente polo que se intúe dándose unha volta pola blogosfera pontevedresa.

Ricardo Tilve rodeado dos siareiros granates

Para quén non coñeza a estas alturas a Ricardo Tilve, dicirvos que foi dende hai xa uns cantos anos o auténtico mecenas do deporte pontevedrés, xunto con Magin A. Froiz Planes, pero éste último sempre tirou máis cara ao ciclismo, como dicia, Don Ricardo Tilve, empresario pontevedrés afincado en Catalunya, leva moitos anos apoiando aos clubes deportivos da nosa cidade, eu como socio do Pontevedra C.F. teño viaxado en máis dunha ocasión en autobuses pagados por este home, tanto en fases de ascenso como na liga regular, sempre está ahí cando as peñas precisan da súa axuda, sufragando os gastos sen pedir nada a cambio, nin tan sequera o recoñecemento público e moito menos das institucións, pero está claro que algúns dia tiña que acontecer, e con todo merecemento premian a calidade humana, o compromiso e a entrega dunha persoa que ama a súa cidade por enriba de todo, que sempre soubo respaldar a nosa ilusión por unhas cores e botarnos unha man cando foi preciso, por todo e dende esta humilde palestra, quérolle da-las máis fondas e sinceiras felicitacións a Don Ricardo Tilve e expresarlle publicamente o meu aprezo, ogallá moitos seguiran o seu exemplo e lle devolveran a súa cidade tanto como ela de seguro lle deu ao longo de toda a súa vida.

Ricardo Tilve é unha persoa admirada e querida pola afición granate, lémbrome a última vez que o puiden ollar na praza da Verdura, foi dia do partido do play-off contra o Ceuta, alí estabamos todos tomando unhas cervexas antes de baixar cara ao estadio cando apareceu el, có seu sorriso perenne na faciana, o seu saúdo ás peñas foi respostado con cánticos e aplausos unánimes, Nino Mirón puido ter amigos e inimigos, pero con Ricardo Tilve non cabe a dúbida, é querido e respectado por todos.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.