Cargando...

Axenda 7 xullo 2007

07/07/07 Sonia e Soliño se casan.

É a unha da tarde e agora mesmo estou en misa, non vaiades a pensar que levei o portatil e estou a escribir dende un banco de igrexa de San Vicente de Cerponzóns, menudo sacrílego estaria feito, estas liñas escribinnas un par de dias antes, pero hoxe é sábado e teño outro destes "trámites" obrigados de cada verán, as vodas, xa levo dúas e fáltanme dúas máis para remata-lo ciclo por este ano, é algo que máis tarde ou máis cedo remata por acontecer, os amigos vanse casando e entras nunha espiral de celebracións que ao longo de tres, catro ou cinco veráns ocupan algún fin de semana do teu verán ou das túas vacacións (no meu caso), o mellor de todo, pois normalmente adoita se-la despedida de solteiro, neste caso foi o sábado pasado e pasa por se-la ocasión perfecta para reunirnos de novo toda a pandilla e pasar un dia xuntos, festa que continúa a véspera da voda cando saimos todos có noivo a picar algo, no noso caso a algún furancho, por aquilo de despexa-los nervios de última hora do amigo que está a puntiño de pasar pola vicaria, despois virán as fotos de rigor na igrexa, daremos conta do polbo á feira e da empanada nos aperitivos e logo das cigalas e mailo albariño no banquete antes de botar uns bailes, onde todos e todas desfrutaremos ata as tantas, o malo é que as miñas vacacións rematan o luns, haberá que voltar ao traballo, pero alomenos ficará un bo recordo delas.

Por certo, Sonia e Soliño, parabéns pola voda rapaces !!.

P.D. : edito esta entrada para pór unhas fotos sacadas o sábado.

boda-sonia-y-solino-07-07-07-7.JPGboda-sonia-y-solino-07-07-07-4.JPGboda-sonia-y-solino-07-07-07-12.JPGboda-sonia-y-solino-07-07-07-17.JPGboda-sonia-y-solino-07-07-07-28.JPGboda-sonia-y-solino-07-07-07-23.JPG

Chuzame! chúzame -

Trackback This Post | Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.