Cargando...

Política 10 xaneiro 2009

Terra Galega, un novo xogador nas eleccións

captura 2.jpg

De cara ás eleccións do 1 de Marzo, cada día máis nas novas lemos sobre os candidatos e as propostas dos distintos partidos políticos que temos no País.

E hoxe lin en Vieiros este artigo que quería comentar: Terra Galega presenta a súa candidatura co obxectivo de obter dous deputados, polo que penso que convén facerse varias preguntas.

¿Quen é Terra Galega? Eu como pontevedrés recoñezo non ter moita idea de T.G. ata fai non moito, e resulta ser a aposta persoal de Xoán-Juan Gato, o ata agora alcalde de Narón (A Coruña). Como ideario, pensan facer un nacionalismo de centro-dereita, unha tendenza que tivo o seu tirón no pasado e que certamente ningún partido ocupa neste intre.

Moitos din que, ou ben o PP ou ben o BNG ocupan ou tentan ocupar esta parte do electorado, mais é ben certo que ata o dagora ningún se pronunciou ao respecto: o PP ben con cousas que o afastan como Galicia Bilingüe e o BNG con tendenzas no seu interior como a UPG que para nada están nesa zona.

Curioso ler no artigo que Gato rematou a presentación da candidatura cun "Viva a Galicia Ceibe e nova que empeza a amencer. Seica van presentar candidatura en A Coruña e en Lugo, eu tería curiosidade en ver quén se presentase nun hipotético caso en Pontevedra. O mellor de todo son os comentarios en Vieiros, donde non se exalta precisamente a figura de Gato, tachándoo de caciquista e especulador.

Máis información na súa web: Terra Galega.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

2 comentarios a “Terra Galega, un novo xogador nas eleccións”

  1. o 2009-01-12 ás 2.33 pm 1.David dixo …

    Resulta cando menos curiosa, a presentación de Terra Galega, co seu líder indiscutibel (sempre e cando os xulgados non digan o contrario) autoproclamándose pouco menos que o salvador de Galicia, si bem debemos lembrar que este home ten varias causas pendentes, ademais aínda conservo nos arquivos onde dicía textualmente: “Narón debe ser a Marbella de Galicia” (agora é curioso pero nega estas declaracións…).

    O único que agardo é que tanto Terra Galega como a omnipresente Rosa Díez (supostamente socialista?¿?¿) non acaden nin un só deputado no parlamento.

  2. o 2009-01-12 ás 3.11 pm 2.breogain dixo …

    Interesante artigo o que fixeches Andrés Milleiro, o tema está a dar moito de si, sobre todo en Vieiros, este tema de TEGA tivo unha chea de respostas.

    Persoalmente, coido que Juán Gato non deixará de ser un político local, ao que Narón lle chega e abonda, e non sei se lle quedará grande de máis, estamos a falar do home que dixo que queria que Galicia competise con Escocia en campos de golf, que non lle importaba un nabo a construcción naval de astano e o que queria era que Narón fora a Marbella galega… ¿con elementos asi cara a onde imos?, estou con David ao dicir que agardo que este home non saque ningún deputado no parlamento de Galiza, está claro que ten que haber alternancia política e que na variedade de partidos políticos concurrentes a estes comicios estará a riqueza da nosa xove autonomia, pero darlle cancha a xente como TEGA, como UPyD ou algúns que prostituiron o nome do Partido Galeguista (histórico)non mellorará a nosa situación.

    Un saúdo

Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.