Cargando...

Actualidade & Política 15 xaneiro 2009

¿A ninguén lle importa Palestina?

Será que non teñen bolsas de gas natural, que non son posuidores de importantes xacementos petrolíferos e mineiros ou pode que sexa tamén porque nunca tiveron importantes aliados occidentais, pero coido que máis ben será que sinxelamente a ningún governo occidental lle interesa a causa palestina o máis mínimo, que éstes atópanse demasiado ocupados coa crise económica como para preocuparse agora dunha crise humanitaria ou dunha guerra encuberta que nos colle demasiado lonxe do mundo civilizado occidental.

Bombardeo de Gaza (Foto de xornal.com)

Non quixera erixirme en baluarte da defensa do povo palestino, non é a miña intención a de empregar este medio de comunicación para facer soflamas ou encendidas chamadas á solidariedade con esta xente que está a ser asoballada vilmente dende hai tres semanas, máis ben o único que pretendo é apelar ao sentido común, o meu e mailo dos nosos governos que están en posición de facer algo para parar esta tremenda inxustiza. Non hai dúbida de que Israel como estado soberano ten dereito a se defender, supoño que tamén terá dereito a emprega-las armas para tal fin, pero o que non é para nada xustificable é que, apelando á defensa da súa povoación estexa a bombardear con artilleria, helicópteros e aviación a toda unha povoación civil que na súa maior parte non terá culpa do que fagan Hamas ou Al-fatah, que somentes están preocupados de subsistir dia a dia, non hai dereito a que o povo xudeo, que noutrora foi asoballado e case exterminado pola Alemaña de Hitler, faga agora exactamente o mesmo con outro povo que non ten tampouco patria recoñecida, os palestinos están a ser masacrados dende hai décadas, son encerrados no seu escaso territorio, son destruidas as súas casas e terreos de labranza e condenados a viver sen esperanza e cun futuro incerto.

¿Hai dereito a iso? ¿Porqué o governo dos U.S.A. non move ficha? ¿Porqué bombardean escolas, almacéns de víveres ou mesmo edificios da O.N.U con total impunidade? ¿Porqué algúns políticos españois se desmarcaron da protesta da pasada semana en Madrid?

Xa abonda desta vergoña, que cesen de inmediato as hostilidades e comece o diálogo, porque non hai dereito a que a maior potencia militar do Oriente Medio, armada polos EE.UU.,  masacre así a unha povoación civil indefensa namentres o resto do mundo mira hacia outro lado, o noso silenzo é cómplice deste xenocidio, si, XENOCIDIO DO POVO PALESTINO, por certo, non deixedes de pasarvos polo post que fixo Andrés Milleiro no seu blogue cun excepcional documento sonoro, froito dunha pequena entrevista súa a un cooperante español en Gaza feita hoxe mesmo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

5 comentarios a “¿A ninguén lle importa Palestina?”

  1. o 2009-01-15 ás 11.17 pm 1.Luis dixo …

    Qué hai Breogain? Eu aínda non dou credo do que está a acontecer en Gaza, xa non hai palabras. Eu escoitei o documento sonoro do blogue de Andrés Milleiro, e máis que as palabras é incríble escoitar a tensión, a rabia, a impotencia dese cooperante.
    O máis tremendo de todo é que a comunidade internacional estea divida neste conflicto; ¿como poden estar divididos? ¿como poden discutir sobre quén ten a razón mentres o martelo sanguinario do exército hebreo masacra civís? Tiña que haber unanimidade pra condear o ataque e obligar a Israel a paralo XA.
    Alédome ao ver que na blogosfera movémonos pra denunciar este tipo de atrocidades, que golpean impúnemente aos inocentes.
    Un saúdo BreogaiN!

  2. o 2009-01-16 ás 6.14 pm 2.Alberte dixo …

    “(…) esta xente que está a ser asoballada vilmente dende hai tres semanas (…)”

    Xa molaba que só foran 3 semanas, pero é máis, moito máis, o tempo dende o que Israel (e mesmo antes de existir Israel) está a asoballar a ese pobo palestino. O propio Gandhi, en 1938 (1938!), dicía:

    “Non estou a defende-los excesos dos árabes. Prefería que escolleran o vieiro da non-violencia para resistiren o que eles con todo dereito consideran como unha inaceptable intrusión no seu
    país. Mais de acordo cos cánones aceptados do correcto e incorrecto, nada pode dicirse contra
    da resistencia árabe fronte ós abrumadores feitos”. (Texto completo: http://deslinde.org.co/files/Mahatma%20Gandhi%20y%20Palestina..pdf).

    Aínda sería posterior o Nakba (1948), coa éxodo palestino trala creación do estado sionista, coa destrución do 90% de aldeas palestinas e asasinatos masivos de poboación nativa. Despois de tanto asoballar, despois dunha intifada, dunha segunda intifada, despois do muro da veroña (en Cisxordania), despois do bloqueo criminal a Gaza (onde as novas que de alí viñan dous días antes do ataque eran que a xente estaba a morrer de fame polo bloqueo absolutamente xenocida de Israel).

    Non lembro onde o escoitei nin a cita exacta, pero era algo así: “Gaza é o único sitio onde ademais de masacrados non poden nin fuxir”. E é verdade.

  3. o 2009-01-16 ás 10.02 pm 3.breogain dixo …

    Ola Alberte

    Evidentemente cando estou a dicir que están a ser asoballados vilmente dende hai tres semanas refírome a esta nova xeira, a ninguén se lle escapa que o povo palestino leva sendo maltratado, que digo, masacrado por Israel dende hai moitísimos anos, o lamentable muro de formigón que ergueu o governo sionista é unha boa proba delo, nin máis nin menos, semella que os xudeos quérense vengar do seu pasado e aplicarlle-las mesmas torturas que tiveron que aturar cós nazis aos palestinos, muros, reclusión, exterminio… é triste ollar os buldozers israelíes destruindo casas, arransando con terreos de labranza, máis terrible é encerra-los no seu territorio sen escapatoria posible e matalos á fame, pero o que todavia se cadra é máis lamentable, é que a toda a opinión pública do mundo nos traten coma imbéciles cando din que os bombardeos á escola da ONU ou aos almacéns de víveres foron froito de erros tácticos, cando todo o mundo sabe que o moderno exército xudeo ten tódolos seus obxectivos xeoposicionados e non hai lugar para erros dese tipo, bombardean alí onde queren porque queren e punto.

    Un sáudo e graciñas polos vosos comentarios Luis e Alberte.

  4. o 2009-01-17 ás 12.58 am 4.Fiz de Cotobelo dixo …

    Olá,Breogain e compaña:
    Eu tampouco teño palabras para expresar a rabia e a dor que me producen os asasinatos de Israel, as mentiras do sionismo, o racismo que impoñen os xudeus . . . mais outros e outras sí teñen esas palabras.
    Probade con estas ligazóns:

    http://www.lavozdegalicia.es/mundo/2009/01/14/00031231928369249570267.htm

    http://www.galizacig.com/avantar/opinion/16-1-2009/tres-ideias-simples-para-acabar-com-ao-apoio-politico-aos-crimes-israelenses

    Unha aperta e a ver se o domingo imos todos e todas á manifestación de Compostela.

  5. o 2009-01-19 ás 8.55 pm 5.Maruxa dixo …

    Ola a tod@s!Parabéns polo artigo David,ti sempre facendo fincapé nos temas de actualidade e crítica social,moi ben !moito terían outros que aprender de ti…A verdade é que eu coido que a inxustiza do asedio israelí ó povo Palestino é de tal calibre, que xa non debería nin dar pé a ningún tipo de cuestionamento nin debate.Hoxe máis ca nunca,todos os galegos e galegas somos PALESTINOS,e nos debemos solidarizar con esta xente,berrando de xeito unánime un ¡STOP! para poñer fin a tanta masacre.E o que opina de forma diferente,lóxicamente tamén é respetabel, pero alá cada quen coa súa conciencia…Velái deixo a miña reflexión.Sdos,Maruxa

Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.