Cargando...

Pontevedra 23 xaneiro 2009

Xa temos proxecto para o Museo de Historia da Cidade

museocidade1.jpg

Un equipo de cinco arquitectos de Madrid ven de gaña-lo concurso de anteproxectos do Museo de Historia da Cidade de Pontevedra, que vai vir cubrir os restos arqueolóxicos da praza de Valentín García Escudero.

O proxecto final foi escollido de entre 82 propostas recibidas no concello, non so de estudos de arquitectura de Galiza, senón de moitos de Madrid ou de fóra de España, o que persoalmente sorprendeume gratamente, poñendo a Pontevedra no mapa en moitos lugares.

museocidade2.jpg

Toda esa zona vai mudar dentro dun par de anos, pois ademais de construirse ese pequeno museo, seica se quere peonalizar a Ponte do Burgo cando estexa construída a Ponte das Correntes, sacando á luz á súa construcción orixinal.

museocidade3.jpg

O edificio proxectado só levanta dous metros sobre o chan actual da Avenida de Bos Aires e a Praza, creando deste xeito unha serie de escaleiras que teñen dous fitos acristalados ao carán da praza do Peirao, onde se instalará unha Oficiña de Turismo ou de Información ao Peregrino, pois por alí pasa o Camino Portugués a Santiago.

museocidade4.jpg

O xacemento arqueolóxico terá unha pasarela transparente e a súa cuberta fará o efecto dunha cova, na que nalgunhas zonas notarase o relevo das escaleiras do exterior, como podemos ollar nalgunha das imaxes.

museocidade5.jpg

Persoalmente e sen ollar moito máis o proxecto tenme moi boa pinta, máis veremos como fica toda esa zona, aínda que poñendo algunha chata á obra, non rematan de convencerme esas lousas tan lisas que ten o Museo na súa parte superior, cando chova en Pontevedra (o cal non é esporádico) pode que se convirta nunha auténtica pista de patinaxe, veremos logo como fica todo, calcúlase que se inaugure no primeiro trimestre do 2010.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

10 comentarios a “Xa temos proxecto para o Museo de Historia da Cidade”

  1. o 2009-01-23 ás 2.57 pm 1.Luis dixo …

    A verdade é que si, que ten boa pinta, pero os deseños sempre son moi utópicos, e ata que non o vexamos feito non poderemos saber cómo quedará. De todolos xeitos alédome moitísimo da vontade do Concello por conservar os restos arqueolóxicos que perfilan dun xeito sorprendente as diferentes etapas da nosa cidade.
    Un saúdo BreogaiN!

  2. o 2009-01-23 ás 3.18 pm 2.breogain dixo …

    Pois efectivamente ten moi boa pinta, e concordo có dito por Andrés, o equipo de governo ten predilección polas lousas de pedra tan alisadas e éstas supoñen un grande problema na nosa cidade, senón que llo digan a moita xente que pasea nos dias de xeada por diante do antigo Savoy na praza da Ferreria, cantas teñen esvarado e caido ao chan por culpa delas, se cadra se fora algo máis rugosas ou os sillares de pedra galega de toda a vida, poderia ser máis seguro e pode que algo máis vistoso tamén.

    Por certo, para a vosa información, se lle botades unha ollada á cabeceira do artigo tedes o nome da persoa que o escribe, digo isto porque Andrés Milleiro é amigo e colabourador deste blogue, asi que de cando en vez escrebe algún artigo de opinión.

    Un saúdo a todos :)

  3. o 2009-01-23 ás 10.56 pm 3.Sísar dixo …

    A mí personalmente me gusta mucho. Espero que no tarden años en hacerlo y sean ágiles y eficaces. Por otro lado, no entiendo como no se encarga también un concurso para reordenar la superficie de la nueva Plaza de España que resultará una vez de terminar el nuevo Parking. Tan solo lo sabe Mosquera y esto no puede ni debe ser así.

    Un saludo

  4. o 2009-01-24 ás 9.52 pm 4.cmilleiro dixo …

    Bueno chicos,

    A mi como bonito, me parece un rato. Pero lo único que se ve es que el que lo dibujo tiene muy buen gusto… ¿y como será por dentro? qué es lo realmente importante. Por fuera, pues que quereis que os diga: lo habeis dicho todo. Cuantas obras se han hecho con una caja bonita, y sin nada en su interior, Todavía me acuerdo de la decepción que me llevá hace unos años con el Museo del Mar en Vigo, creo que ahora afortunadamente ya tiene un poco más de contenido… El interior siempre es lo que cuenta, para todo en esta vida.

  5. o 2009-01-25 ás 3.51 pm 5.J.Andrés Milleiro dixo …

    Carmen,

    A última foto é do interior, e penso que simplemente van ser unha cuberta dos restos que se atoparon, explicándoos e dando a entendelos no contexto da historia da cidade, non penso que sexa un museo tradicional, para iso xa está o actual :)

  6. o 2009-01-25 ás 8.11 pm 6.breogain dixo …

    Supoño que efectivamente será a cuberta dos restos arqueolóxicos, cómpre que estexan cubertos para que non aconteza coma diante da praza de abastos, onde todo o lixo vai a parar dentro do espazo onde atópase parte da antiga muralla do Burgo de Pontevedra, pero coma todo, haberá que agardar ao final da obra para ollar todo o conxunto e dar a nosa aprobación.

    Un saúdo a todos.

  7. o 2009-01-25 ás 10.43 pm 7.Fiz de Cotobelo dixo …

    Efectivamente, á diferenza doutros museus, neste caso fíxose un concurso para “musealizar” os restos arqueolóxicos que apareceran, que son de grandísimo interese.Así que non imos ter unha bonita caixa sen nada dentro.
    Por outra parte, Breogain, hai que ser xusto: cando se deixaron destapados os restos da muralla, foi por un empecinamento de patrimonio, xestionado daquela polo PP e apoiado nesa decisión polo PSOE (ou é que xa esquecemos o que foi a reforma do centro histórico?) É mais, os que non querían deixalo destapado eran os do BNG, que claramente acertaban coa decisión (quen deixou tapado o seguinte treito co PP fóra de Patrimonio?)
    De todos xeitos, eu sí que faría unha queixa á respecto da xestión destes achádegos: cando comezou a escavación en García Escudero fíxose un esforzo grande para dar a coñecer e explicar os restos que aparecían. Lembro unhas conferencias, as exposicións dos miliarios que seguen en San Domingos, algunhas publicacións para o grande público, a pasarela arredor da escavación . . . Desde que Teresa Casal e o PSOE están á fronte deste asunto nunca máis soubemos nada disto. Teño para min que aí si hai unha diferenza importante entre o xeito de xestionar do PSOE e o do BNG. Eu, cando menos neste caso, concordo máis co BNG que co PSOE.
    Por certo, o proxecto gústame.

  8. o 2009-01-26 ás 3.12 pm 8.breogain dixo …

    Ola Fiz

    Descoñecia o feito de que os restos da antiga muralla de Pontevedra foran deixados ao ar por decision de Patrimonio e có apoio implícito dos dous partidos maioritarios, pero para iso te teño a ti, que sempre estás ben informado, graciñas polo apuntamento.

    No outro tema que comentas, efectivamente houbo unha ampla información sobre os restos de cara á cidadania, lembro a pasarela, os miliarios romanos e as charlas,pero dende hai tempo que non se sabia case que nada de todo isto, é verdade que non habia tanta transparencia coma noutrora, agardemos que o proxecto que ten unha moi boa pinta sexa o que todos agardamos e lle dea á nosa cidade a importancia que se merece no tema dos achádegos arqueolóxicos romanos e medievais,coido que estaremos entre as primeiras vilas galegas que mellor conservan o seu pasado, agardo que continue sendo asi.

    Un sáudo a todos :)

  9. o 2009-01-27 ás 10.17 pm 9.Melchor dixo …

    Pues yo niego la mayor y creo que los restos encontrados entran dentro de la normalidad arqueológica pontevedresa. No estamos ante la aparición de un anfiteatro romano, de unas termas, de unos mosaicos, pinturas murales o esculturas. Pienso que es excesivo el intento de proceder a su musealización, que no conservación, premisa legal con la que hay que contar.
    Hay que reparar que la plaza de Valentín García Escudero es un auténtico nódulo histórico de comunicaciones, que ha servido en los últimos siglos de auténtico vestíbulo de las comerciales calles Sierra, Real, César Bonete. Proceder al cegado de este entorno me parece un disparate, así como que la calle Arzobispo Malvar, verdadera ronda histórica de la muralla y Camino Real de conexión con el puente, quede como una vía muerta, como un callejón sin salida.
    Además esta edificación prevista, nada menos que en una plaza pública, iría contra las directrices de despejar la ribera y la conexión de la ciudad con su ría. Amén del problema viario que se genera toda vez que se inutilizan carriles de circulación.
    A nivel turístico pienso que la arqueología de estructuras urbanas tiene una venta más que difícil.

  10. o 2009-01-30 ás 3.18 pm 10.breogain dixo …

    Ola Melchor

    Supoño que tes razón no feito de que proceder a construir un museo para todos eses achádegos nesa concreta ubicación pode ser en parte un erro, o sitio é un entronque viario moi importante da nosa cidade e efectivamente ten que ver moito có desenrolo da actividade comercial das rúas adxacentes, eu a verdade atópome ante unha disxuntiva importante, o feito de peonaliza-la cidade é atractivo e importante dende o punto de vista das persoas, pero claramente lesivo para os intereses comerciais (non todos claro está) o que teñen que ter claro os nosos dirixentes e con iso refírome ao governo municipal coaligado e tamén a oposición, que para iso é parte da clase política pontevedra, é que modelo de cidade queremos, cal será o patrón de seguimento e desenrolo para os vindeiros anos, unha cidade respectuosa có seu patrominio e pasado e basicamente para o turismo ou unha cidade industrial e comercial, eu abogo por unha mestura de ámbalas dúas cousas, pero non teño nin as ferramentas nin as ideas como para saber como facer iso, os políticos serán os que teñan que pensar iso, que para iso adican o seu tempo a mellora-las nosas vidas (ou alomenos deberia ser o seu obxectivo).

    De tódalas maneiras e sabendo xa como será o proxecto, inda non escoitei voces en contra en Pontevedra, ou a xente deixa facer ou non deben estar demasiado en contra dos plans do concello.

    Un saúdo e graciñas polo teu comentario.

Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.