Internet &Política 30 xaneiro 2009
A retirada do cheque-bebé, outro bulo de internet
Supoño que non serei diferente a moitos de vós, teño o costume de cando estou no baño afeitándome prende-la radio para escoitar un chisco as noticias, adoito facer isto ao redor das sete e media da mañá máis ou menos, pois ben, o pasado sábado dia 24 de xaneiro deume por sintoniza-la COPE, porque para estar informados cómpre escoita-las dúas versións dunha mesma actualidade, estaba eu escoitando o informativo de Jimenez Losantos -ese home que ten pleitos coa xustiza- cando falou do famoso cheque-bebé, e un servidor como sabedes vai ser pai en breve, a finais de marzal para sermos máis exactos, pois iso, que nestas escoito iso e súbolle o volume á miña radio cutre de H.S. for men para escoitar con claridade do que falaban.

Entre que eu estaba inda estaba medio sopa e que o tio ese dalle máis voltas que un trompo a todo, pareceume escoitar que falaban de que ian retira-la axuda do chamado cheque-bebé neste 2009, que se os sindicatos falaban de que era algo prescindible, que con esta crise galopante que estamos a viver a Axencia Tributaria non se podia permitir un despilfarro de 1233 millóns de euros anuais, en fin, que xa coidaba que era verdade ese bulo que leva dende o pasado ano dando voltas pola rede e asegurando a súa inminente retirada. Reposto do inicial sobresalto comenteillo á miña muller, a cal aseguroume que efectivamente, nas clases pre-parto lle comentaran que o ian retirar, que llo escoitaran asegurar a fulanito de tal, vamos, máis intranquilidade se cadra, xa seria unha tremendísima putada que a primeira axuda estatal que vou receber na miña vida a vaian a retirar un mes antes de ter dereito a ela, ¡¡ joder, que cruz a miña !!, acto seguido póñome a pescudar pola rede información de todo iso e atopo unha nova tranquilizadora..
“Es una Ley, no una cosa que pueda quitarse de la noche a la mañana”
Es imposible que la ayuda de los 2.500 euros por hijo desaparezca de buenas a primeras”. De esta forma tan contundente se expresó estos dias una portavoz del Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales ante el rumor, cada vez más extendido, de que el Gobierno planea eliminar el conocido como cheque bebé en el 2009 por culpa de la crisis económica.
Este “bulo”, como lo califican fuentes gubernamentales, ha crecido sustentado por la “ignorancia” de la gente y se ha expandido rápidamente gracias a internet, donde en numerosos foros muchos ciudadanos se han hecho eco de este rumor.
Asi que quixera tranquilizar a tódolos que estexades na miña mesma situación, as cousas pintan mal, todos o sabemos, pero polo de agora non tanto coma para retirar esta importante axuda coa que contamos, nin esta nin tampouco a axuda dos 100 euros mensuais ás nais traballadoras, non estamos á altura das axudas sociais que dan governos coma o alemán pero alomenos temos algo, a povoación galega e española son das máis envellecidas do mundo, se queren fomenta-la natalidade a retirada destas axudas non serian unha boa medida en absoluto, e menos agora en época de eleccións, alomenos en Galiza e Euskadi.







o 2009-02-01 ás 5.46 pm 1.paidovento dixo …
Estes sustos acontecen por escoitar ao individuo ese. Vai ser mellor que poñas música.
Un saúdo.
o 2009-02-03 ás 8.58 pm 2.breogain dixo …
jajaja, xa dixen que escoito a ese homiño de cando en vez, ás veces cómpre escoitar unha noticia dende dúas fonte diferentes para forma-la túa opinión ao respecto, inda que efectivamente ese home cargue as tintas sempre contra o governo, o seu problema é que sempre atopa problemas nos demais e nunca en si mesmo, non sei que estará a dicir estes dias có tema este dos espias na comunidade de Madrid, teria que escoitalo.
Un saúdo paidovento