Política 26 xaneiro 2009
¿Renovación ou volta atrás?
O candidato do Partido Popular (galego) á presidencia da Xunta de Galiza, o de sobra coñecido por apaga-los lumes coa mangueira de rega-los xeranios, prometia hai semanas unha renovación das listas de cara aos vindeiros comicios autonómicos galegos, se mal non entendo, renovación tradúcese en novas caras, xente moza nas ringleiras do partido, o mesmo que fixo por exemplo Telmo Martin con Jacobo Moreira en Pontevedra, dando por sentado isto, non entendo o empecinamento en tirar de hemeroteca e voltar a sacar do baúl do faiado a Manuel Fraga, ¿acaso Alberto non confias dabondo no teu potencial como político para capta-lo voto exterior?, digo isto porque dende hai dias o Partido Popular está a emprega-la foto do ínclito Alberto departindo amizosamente con Manuel Fraga, máis que nada por aquilo de que os galegos da Arxentina, os mesmos que tanto ten que estexan vivos ou mortos para votar, non se esquezan que na amada Galicia de Rosalía e Pondal a sombra de Fraga é mesta e alongada, e sempre está pendente de calqueira cousa que fagamos.
.jpg&tipo=350)
Esta imaxe faime lembrar a aquelas nas que o photoshop triunfaba nos comicios galegos, cun Manuel Fraga máis e máis xove a cada lexislatura, unha cousa era un retoque fotográfico, outro o escándalo de facerlle un lifting facial e que semellase un home de corenta ou cincuenta anos, en fin, Alberto e compañia, vós saberedes o que facedes, persoalmente coido que Fraga é pasado, mellor ou peor segundo quén o conte, pero pasado ao fin e ao cabo, e cómpre que afrontedes o futuro sen ataduras, senón tomade exemplo de Mariano, que tan pronto puido e tivo ocasión soltou lastre.







o 2009-01-26 ás 11.55 pm 1.paidovento dixo …
Pois eu creo que se o poñen nos carteis é porque aínda ten gancho alén dos mares. O que non se lles vai ocorrer a estes do PP, son parvos pero non tanto, é levalo en persoa para que vexan como está o pobre.
o 2009-01-27 ás 12.05 am 2.carmiña dixo …
Moi boa la foto…. Non sei como non lle saen os cores,…
o 2009-01-27 ás 4.50 pm 3.David dixo …
O realmente vergoñento nestes casos non é tanto a renovación do Partido Popular, senón o tongo que está acontecer ano tras ano, elección tras elección co voto emigrante…de país tercermundista!
o 2009-01-27 ás 9.00 pm 4.sobradelo dixo …
¿Y acaso no somos un pais tercermundista?, en ningún otro lado puede salir un alto cargo de Unión Fenosa diciéndonos que los gallegos tenemos que sentirnos orgullosos de nuestra calidad de servicio, que no tenemos nada que envidiarle a nadie por ahí fuera…
Joder, que poca verguenza, como se pude afirmar semejante tonteria, vamos, este hombre llevaba ya un par de chupitos esa mañana, piensan que los gallegos comulgamos con “rodas de muiño”, como puede ser que cuatro dias después del temporal y siendo como somos el primer productor de energía eléctrica del Estado Español, tengamos ya no digo aldeas como O Courel ou O Cebreiro, sino una comarca entera como la de Ferrolterra sin suministro eléctrico, SEÑORES DE FENOSA, DE QUE NOS SIRVE TENER GALICIA LLENA DE MINICENTRALES, EMBALSES Y SALTOS DE AGUA SI TENEMOS POSTES DE MADERA DE HACE CINCUENTA AÑOS EN LAS CUNETAS,UN SERVICIO DEFICITARIO QUE SACARIA LOS COLORES A CUALQUIERA Y AÚN POR ENCIMA PAGAMOS LO MISMO QUE LOS DEMÁS, QUE COJONES HACEN, NOS TOMAN EL PELO???
Sigan así, tributando en Madrid y robándonos a los gallegos dia tras dia y año tras año, acabarán con todo en unos años y antes hubiera sido sino es porque el bipartito les paró los piés con las minicentrales que el Partido Popular tenia a bién adjudicarles.
¡¡Que país dios mio, que país !!, cuando despertaremos y defenderemos nuestros intereses… yo para estas autonómicas lo tengo claro, ya me llega con que se rian de mi desde Madrid el Partido Popular y el PSOE como para que también lo hagan empresarios que algún dia fueron gallegos y hoy lo único que hacen es aprovecharse de nuestros recursos naturales sin mejorar nuestra calidad de vida un ápice.
Un saludo