Deportes 3 febreiro 2009
¡¡ Benvido de novo Jose Aurelio !!
A rei morto rei posto, onte foi cesado o actual adestrador do Pontevedra C.F. e hoxe mesmo segundo puiden ollalo na web oficial do clube, o histórico Jose Aurelio Gay, un dos artífices do último ascenso que tivemos á Segunda División A aló polo tempada 2003-2004 será o novo adestrador do banquiño granate, por certo, neste blogue podedes facer memoria de tan histórico ascenso que todos vivimos.

A actual situación non se podía aturar máis, sobre todo despois do 5-1 no Bierzo, non dubido do amor polas cores granates que tiña Rafa Sáez, quero pensar que fixo todo o que puido e máis, pero non logrou se-lo revulsivo que o equipo precisaba para acadar definitivamente os postos de cabeza este ano, por suposto que a culpa non foi somentes del, a planificación deste ano foi lamentable e vergoñenta, xa non entro a califica-la actual situación económica do clube, para iso xa estivo a asemblea de socios na que houbo máis que palabras, o que si me gustaria é que os dirixentes do clube nos poideran explicar quén realiza as fichaxes, porqué non miramos algo máis pola canteira agora que polo que semella non temos un chavo e en troques empeñámonos en buscar xogadores polo mundo adiante que non dan a talla nin para un equipo de terceira división. Agora é o momento de estar todos xuntos e remar na mesma dirección, o momento de que os xogadores tamén aporten o seu empeño e esforzo colectivo para salva-la categoría, algo dificil de perdirlles tendo en conta que algúns deles non estarán o vindeiro ano, polo tanto daralles igual, agora repito, o importante é salva-la categoria e facer un proxecto de futuro, o vindeiro ano iremos a por todas dende o principio.
Dende aqui os meus parabéns ao clube pola decisión, a máis atinada que puideron facer neste intre, e ao novo adestrador Jose Aurelio, todo o meu apoio como socio e siareiro granate, contamos contigo.







o 2009-02-04 ás 12.57 am 1.Brugal con Cola dixo …
LA verdad que no me convence demasiado.
Sí, nos ascendió, pero también nos descendió.
El equipo del ascenso tenía garra y una cabeza como padín. Comparando igual no es tan mala la comparación, pero viendo el juego de unso y otros…
En fin, suerte a Aurelio, que a él le debemos el día más feliz como granate que hemos vivido muchos de nosotros.
Saludos!
o 2009-02-05 ás 9.45 pm 2.breogain dixo …
Brugal, eu coincido contigo en que este equipo que temos é claramente inferior ao do ascenso có Lorca, daquela ademais de bo fútbol habia moita entrega, cousa que agora brilla pola súa ausencia, temos algo de calidade, pero coido que menos que hai cinco tempadas, de tódalas maneiras, e inda que segundas partes nunca foron boas (alomenos iso di o refraneiro popular) confio en Jose Aurelio, agardo que teña unha sorte diferente á que tivo o Rifle na súa volta a Pasarón, non sei se Gay asinou ate final de tempada ou cecais teñan previsto algo máis, se cadra un proxecto para o vindeiro ano, pero para iso fan falla cartos e agora andamos mal polo que contan.
De tódalas maneiras confio no novo adestrador, dixo que inda estamos a tempo de salva-los mobles e se cadra clasificarnos para a fase, tanto ten entrar os últimos, xa se veu noutros anos de que valeu se-los primeiros.
Adiante Jose Aurelio, que teñas/teñamos sorte !!
Saúdos Brugal
o 2009-02-06 ás 4.17 pm 3.Jorge C. dixo …
Ten experiencia en ascender ao Ponte, espero que volva a exercela. xD
Un saúdo
o 2009-02-07 ás 4.20 pm 4.breogain dixo …
Agardemos ter razón e que alomenos nos leve este ano unha vez máis á fase de ascenso, logo ésa será outra historia.
Un saúdo