Música 13 xullo 2007
Within Temptation, ¿concerto en Vigo?
Xa chegou o verán e con el os concertos, entre os meus gustos musicais tamén está o chamado rock "gótico" ou "metal gótico", hai cousa dun mes máis ou menos, entrando a botar unha ollada na web do grupo para España, puiden ver que falaban dun posible concerto da banda o dia 4 de Agosto na cidade de Vigo, todo apunta a que o concerto será no parque de Castrelos, polo de agora no programa das festas de Vigo falan dun concerto de música gótica alí, pero non dan o nome do grupo, e nas datas do "Tour" de Whitin Temptation non aparece, para os que non os coñezades, aqui vos poño o video do novo single para Europa, o tema en cuestión chámase "Frozen" e non está mal, inda que a verdade, prefiro varios do seu disco anterior chamado "The silent force" como "Memories" ou "Angels" por exemplo, pero ogallá veñan, estaria ben podelos ver en directo.
chúzame -






