Cargando...

Caixón de xastre 11 xullo 2007

Botafumeiro de “pago”.

Pois isto xa é o que faltaba, o colmo da Igrexa Española no seu afán "recadador", non lles valia coa portcentaxe cedida polo Estado no I.R.P.F. e coas outras "porcentaxes" que os seus feligreses lles donan amablemente ao pasa-lo cepillo, que agora pretenden cobrar por facer "voar" o botafumeiro na Catedral de Santiago de Compostela, polo visto ao templo cústalle ao redor duns 200 euros por "tirada" e non están dispostos a asumir eles todo o gasto, e máis despois de saber que algunhas axencias de viaxes cobran un plus aos turistas por miralo espectáculo, "Exigian a sus clientes más dinero por ver el Botafumeiro y a la iglesia no le daban nin un céntimo" comentaba o voceiro do cabildo, o botafumeiro traballará 30 veces no ano, o resto tocará pagar por velo, de coña, non sei se me parece máis alucinante esta noticia ou o feito de que a xente aplauda dentro da Igrexa ao remata-lo espectáculo, en fin, cousas. 

Chuzame! chúzame -

4 comentarios a “Botafumeiro de “pago”.”

  1. o 2007-07-11 ás 9.40 pm 1.Manuls dixo …

    Teño pensamentos contrarios ante esta nova. Por unha parte entendo bastante ben a parte da iglesia de que as axencias cobran por algo que lles custa a eles facer e eles non ven un céntimo (a iglesia non quere enriquerse supostamente, solo ser rentable e non solo gastos).

    Non sei… non teño unha boa opinión formada acerca deste tema agora mesmo.

  2. o 2007-07-11 ás 9.49 pm 2.breogain dixo …

    O de que a Igrexa non quere enriquecerse é como aquilo de que as caixas de aforros son “entidades sen ánimo de lucro”, a min dende o escándalo de “Gescartera”, onde unha Diócese española, penso que a de Toledo, perdeu unha chea de millóns investidos xa non me fica tan clara a cousa.

  3. o 2007-07-11 ás 11.14 pm 3.Suso dixo …

    Está extendido o pensamento de que se poñía a funcionar de balde sempre e non é así, xa se pagaba antes por poñelo a funcionar.

    Lémbrome unha das veces que fixen o Camiño que fun cun amigo que é crego e foi dá-la “ofrenda” para que o puxesen en marcha… pagábano os grupos que chegaban e o querían ver, de xeito que o que pasará de aquí en diante será o mesmo que pasaba, só que o saberá todo o mundo.

    E si… eu alucino moito cando a xente se pon a aplaudir… deben crer que están nunha obra teatral ou algo semellante. Eu persoalmente non son son crente e non me afecta, pero hai que saber respetar certas cousas… non creo que ninguén se poña a aplaudir nunha mesquita cando o imán remata de recitá-los versos do Corán que correspondan.

  4. o 2007-07-11 ás 11.56 pm 4.breogain dixo …

    Suso, eu fixen o camiño de Santiago penso que dúas veces, a pé e en bicicleta, non é que sexa creente pero tiña gañas de facelo e a verdade, cando vin por primeira vez o botafumeiro “voar” resultoume candomenos abraiante pero o que máis me sorprendeu foi o feito de que a xente aplaudise, e non eran estranxeiros que non saben o que fan e tal…non, tamén xente española, en fin, eu por educación nunca aplaudin, paréceme unha falla de respecto, sen máis.

    unha aperta

Trackback This Post | Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.