Política & Pontevedra 15 febreiro 2009
En Pontevedra pero sen pontevedreses…
Eu sempre fun de letras, ou máis ben de historia, xa que ésa era a miña asignatura preferida na antiga E.X.B. hai unha chea de anos diso, se boto contas, 200 autobuses a unha media de 50 persoas por cada un saen un total de 10.000 persoas, que segundo La Voz de Galicia ésa era a cifra de asistentes que onte lle deron un baño de masas ao tándem Feijoo-Rajoy na praza de touros de Pontevedra, fago mención a este xornal que para nada pode ser sospeitoso de ir en contra dos intereses do Partido Popular, máis ben ao contrario, pois ben, voltando aos números, se o aforo da praza de touros de Pontevedra é de 7.800 localidades os organizadores supoño que para chegar á cifra de dez mil persoas encherian tamén o coso de cadeiras, vamos, a metade del, que tamén haberia un palco para os oradores, polo tanto que espazo resta para os simpatizantes de Pontevedra, ¿ou acaso é que alí non habia xente de Pontevedra?. Rajoy sacou a foto que levaba toda a semana buscando, despois duns dias complicados con acusacións de corrupción e demais o lider popular precisaba este baño de multitudes, e a foto supoño que seria ésta:

Nun marco imcomparable, cheo de bandeiriñas e rodeado dos seus, que exceptuando os integrantes da organización eran na súa maior parte xente xubilada ou cunha media de idade de 5O ou 60 anos e traidos de todas partes de Galiza en bus, supoño que coa promesa de dar unha voltiña por Pontevedra, visitar unha praza de touros que é posible que na súa vida ollaran e quén sabe se, có agasallo tamén dunha bolsa cun bocata, unha peza de froita e un botellín de auga. Segundo apuntaron fontes populares, éste foi o acto máis importante de cantos se han celebrar na campaña galega, un acto que sinceiramente agradezo tivera lugar na miña cidade polo feito de que ¿cecais? deixara algo de cartos na mesma, inda que o dubido, pero que humildemente tacho de lavado de cara de Rajoy e pouco máis, fixeron un mitin na cidade e trouxeron a toda a xente de fóra, as contas non saen, ¿onde estaban os pontevedreses?, cando a xente saia da praza o 90% se dirixian aos autobuses e ninguén cara ao centro da cidade, non sei, canto máis corrupción no Pepé máis apoio popular en Galiza, pero sempre dos mesmos, ¿é preciso carretar xente de fóra e facer esta pantomima?, deixo esa pregunta no ar.
De tódalas maneiras, é de alabar o poder de convocatoria que tivo o Partido Popular, pero polo de agora as enquisas non reflicten tal apoio, veremos que pasa nas vindeiras semanas.







o 2009-02-15 ás 10.04 pm 1.David dixo …
Breogain, roubáchesme o cálculo logo de que botara horas calculando
, bromas aparte,non poño en absoluto en dúbida a capacidade loxística que atesora o PP, son moitos anos de buses, carretaxes, bocadillos e “outras prácticas”, o que non me deixa de sorprender é como ainda poden acadar 35 deputados (esperemos que non mais…)
o 2009-02-16 ás 1.43 am 2.Fiz de Cotobelo dixo …
Olá:
estes do PP son espacialistas en carreaxes varias, mais o peor de todo isto é a facilidade que teñen para mentir . . . e para que os meidos non digan que mentiron, aínda que fose tan fácil pillalos. Será que están compinchados?
o 2009-02-16 ás 2.08 pm 3.Don Manué dixo …
E tí pensas que os buses viñan cheos??E os pasillos, area e cosos todos cheos?? Non había 12.000 senón 14.000.
o 2009-02-16 ás 3.10 pm 4.sobradelo dixo …
jajaja Don Manué, de verdade pensas que a praza de touros tendo un aforo de 7800 ou poñamos que 8000 (ven referenciado no link que breogain pon no artigo)vai acoller ao dobre de persoas como ti apuntas (14.000) polo feito de enche-los pasillos (supoño que referiraste aos vomitorios, porque nos pasillos é tonteria estar para non ollar nada)o coso ou a area (¿coso e area non son o mesmo?, desculpa a miña ignorancia en temas taurinos)¿de verdade que por iso pasará de 8.000 a 14.000? non quero entrar nunha guerra de cifras que non ven a conto, pero é unha tonteria supina o que dixeches, si home si, na area e sentadas en cadeiras entran cinco mil persoas, porque nos vomitorios xa me dirás cantos entran…. en fin.
o 2009-02-16 ás 10.43 pm 5.Zyrtec dixo …
Disque as xuntanzas que fan no Castelo de Soutomaior, A Lanzada, etc. por conta da Deputación nas vísperas de eleccións cas mulleres rurais, xubilados, etc. non chegan o nivel do que para o seu cumpleanos dispuxo Robert Mugabe fai uns cantos días, pero case. Sei de quen foi a unha delas por primeira vez e ficou abraiada do que puxeron de “picar”. Pero nada que opoñer, ó fin pagan cos impostos de todos, tamen dos que van a comer, pero… ¡casualidade!, sempre son dos Concellos que goberna o PP, e despois de encherlles o bandullo subvencionanlle cruceiros polo Mediterráneo como fai un par de anos.
o 2009-02-17 ás 2.02 am 6.David dixo …
Eu tiven oportunidade de ver in situ os grandes mitíns na emigración, bandullos cheos, falsas promesas xogando co descoñecemento da xente, pasaportes dunha man a outra como si de publicidade se tratara, sabes como lle chamo a eso? ESCANDALOSO!
ANTIDEMOCRATICO! VERGOÑENTO polos seus promotores…
o 2009-02-17 ás 3.20 pm 7.lerezano dixo …
Onte lle fixeron unha entrevista a Mariano en Antena 3, moitas preguntas sobre o tema da corrupción do partido e el veña a botar balóns fóra, que si o seu partido está fóra de toda dúbida, que somentes serán uns poucos os que están metidos neses fregados e de ser probados serán expulsados do partido etc, en fin, cantos haberá máis por ahí que non se descubren por non ser tan flagrante coma neste caso, unha chea de empresarios que se meten no partido para facer amizades e coller influencias para logo beneficiarse de todo iso.
Nótase ben que o pepé está a bota-lo resto nestas eleccións autonómicas, por Pontevedra non paran de pasearse a pedi-lo voto, o Telmo o outro dia a berro limpo na praza de touros vaticinando que será o vindeiro alcalde da nosa cidade, pois xa veremos se os pontevedreses queren a un construtor coma alcalde, non sei, pero cheira mal o asunto.
E por certo, coido que mañá veñen outra vez de visita a Pontevedra e Poio.
Ahh, esquecíaseme presentarme, é a primeira vez que participo neste blog, un saúdo a tódolos que vos pasades por aqui, eu tamén son de pontevedra, jeje, bueno, concretamente de Lérez.
o 2009-02-19 ás 10.08 pm 8.sobradelo dixo …
por certo,ollade este video que puxo Andrés Milleiro no seu blogue, non ten desperdicio.. como el ben apunta, estes son os homes e mulleres que moi posiblemente decidirán o futuro dos galegos e galegas, decidirán quén será o noso presidente.
Non teño palabras, somentes unha fonda tristeza de ollar cousas coma esa.
Un saúdo
o 2009-02-21 ás 2.35 am 9.Fran o que antes estaba abaixo dixo …
En fin, creo que acusándonos os uns aos outros non aportamos nada o sistema democrático, onde quedou a dialéctica que se empregaba noutros tempos …
Se nos poñemos a buscar trapos sucios seguro que os hai en todas partes. Está ben que o corrupto pague polo que fai, pero debe terse en conta que por uns cantos non se pode xuzgar a maioria, xa que de ahí a Hitler hai un paso ben pequeno.
o 2009-02-21 ás 9.14 pm 10.breogain dixo …
Ola Fran
Tampouco é para poñerse tan tremendista
Home, acusar o que é acusar, eu non acuso de nada ao Partido Popular nese artigo, o que si quero destacar é que as cifras que apuntaron semellan un pouco fóra de lugar, vamos, que a min non me cadran, pero o que si destaco é o tremendo poder de convocatoria que teñen, inda que sexa somentes para traer vellos e metelos alí, pero claro, polo que saiu onte na televisión, o bng tamén fixo algo semellante coas excursións de xubilados que ian cara Porto…
Non sei, tanto monta…
un saúdo amigo
o 2009-02-21 ás 9.44 pm 11.ran o que antes estaba abaixo dixo …
Eso é precisamente o que eu digo. Todos son parecidos, pero achegar, achegámonos ós que máis se aproximan a unha porcentaxe alta das nosas ideas.
Saudos