Deportes 12 xullo 2007
Proximidade xeográfica ou vacile ?
A liga comezará o vindeiro 26 de Agosto, e xa é publico, o Ponteveda C.F. compartirá unha vez máis o primeiro grupo da Segunda División B do fútbol español, cós equipos andaluces, madrileños, canarios e un equipo asturiano, outro ano máis a Federación Española de fútbol non atende a razóns e forma os grupos como lle peta, eu entendo por proximidade xeográfica, que o Pontevedra C.F. xogase nun grupo integrado por equipos galegos, asturianos, de Castela-Léon e se cadra tamén bascos, desta maneira, os granates terán que voltar a viaxar ás terras canarias, facendo quilómetros e quilómetros ao longo de todo o ano, cando o normal seria que os equipos canarios xogasen nun grupo cós andaluces, de verdade que non o entendo, o grupo do Pontevedra C.F. tal e como está conformado é do máis absurdo e falto de lóxica, e levamos asi anos, xa vedes, cousa de tolos e do amigo Villar, que para o caso ven sendo parecido.
chúzame -







o 2007-07-13 ás 3.13 pm 1.Suevo dixo …
Penso igual ca ti, a federeción galega non debe de pintar nada na RFEF, sempre nos tocan xogar cos equipos canarios! non digo que lles toquen sempre aos andaluces pero poderian ir turnando de grupo (algunha vez lles tocaron aos bascos ou cataláns?)
o 2007-07-13 ás 4.13 pm 2.breogain dixo …
a min persoalmente paréceme unha tomadura de pelo en toda regla, o portavoz da federazón galega é o presidente do Ourense e non debe de facer moita forza, coido que deberian pesar máis os cinco equipos galegos que militan na segunda B do que o fan actualmente, o grupo norte deberia ser unha realidade e non unha utopia, mira o grupo dos “paissos catalanes”, cataláns, levantinos e mallorquinos, eles si poden ?
unha aperta suevo
o 2007-07-19 ás 12.20 am 3.breogain dixo …
e agora o de Rubén Reyes xa era o que faltaba…grr.