Actualidade 25 febreiro 2009
Fotos, fotos e máis fotos..
A actual campaña eleitoral está sendo das máis suxas e marrulleiras de cantas tiven ocasión de ollar, e iso que vaticinaban que a atención non ia estar nas eleccións galegas, que iamos estar en parte eclipsados polas bascas, pero os galegos e galegas abondamos e sobrámonos para montarnos lios e chama-la atención sen facer demasiado esforzo, o último escándalo foi esta foto:

Amigo Anxo Quintana, non sei vostede terá gabinete de prensa ou protocolo, é de supor que si, en tal caso non sei como éstes poideron ser tan sumamente despistados coma para deixar que lle tiraran unha foto a dous dias para remata-la campaña a bordo do iate de Jacinto Rey, xa sei que é amigo seu e todo o que queira, pero as formas son as formas, e o tal Jacinto supoño que saberás que é dono da Construtora San José, e tamén foi beneficiario do reparto de megawatios no último plan eólico, polo tanto por moito que foras convidado a xantar en Sanxenxo e tivérades un solazo criminal, coido que non foi o intre axeitado para quedar con el, que xa deberias saber que a xente é moi mal pensada, e Feijoo o primeiro, que despois tes que dar explicacións de porqué visitaches a un empresario en plena campaña eleitoral e todo iso. Por outra banda, o teu contrincante Alberto tamén se xunta con empresarios, pero iso semella que pouco lles importa aos medios, o obxectivo agora é o BNG e hai que derribalo como sexa, nin que fórades unha amenaza para o todopoderoso Partido Popular ou para o Partido Socialista, que a base de cameos por terras galegas dos seus líderes e incluso algún ministro, non deixaron de se-lo foco de atención estas dúas semanas de campaña.
O dito, mellor que deixara-la tortilla no iate para outro dia, que a xente é moi envidiosa e malpensada.







o 2009-02-25 ás 10.28 pm 1.Liante dixo …
Que tal meu, xa lin o teu email pero xa contesto eiquí:
1- Esa foto NON É DAGORA, é deste verán…eu lembro estar en Sanxenxo e ler xa en “El Correo Gallego” o comentario de que estivo no “Xarei” (e non Marei como dicían algúns), o barco de Xacinto Rei.
2- Anxo Quintana non é o único político que estivo nese barco…Xacinto-Jacinto sempre foi un pequeno “trepas” dende que entrou en San José sábese de sobra que “se arrima al sol que más calienta”…
…e obviamente a culpa é de Quin por meterse en follóns onde non lle chaman. Isto e o tema dos bailes cos vellos deberían facerlle replantear se paga a pena seguir sendo o líder do BNG.
Unha aperta
o 2009-02-26 ás 12.03 am 2.maruxa dixo …
Breogain, a foto foi tomada hai bastante tempo, e precisamente é agora cando uns trepas aproveitan para sacala. Non caiamos nas intoxicacións da dereita, por favor, xa era o que nos faltaba.
o 2009-02-26 ás 8.30 am 3.sobradelo dixo …
Pois menudos cabróns moitos dos xornais, blogs e web’s que están a publicita-la fotografia(coido que isto surxiu dun tal “La Nación”)por non dicir que a foto é do pasado verán, eu alomenos non vin nin datas nin nada diso, non explican que a foto xa é antiga, isto son gañas de botar merda por riba dun partido que a moito que lle pese ao Partido Popular non ten nin escándalos nin corrupcións coñecidas, cousa que eles e mailo psoe si teñen.
Un saúdo
o 2009-02-26 ás 10.49 am 4.Ulmo de Arxila dixo …
Manda nabo que sexan os pepeiros os que poñan o grito no ceo por unha fotografía destas, cando eles non somente se deixan fotografar con empresarios, senón que ademais préstanse a chanchullos e corruptelas con eles e despois aínda lles van chorar aos xuíces.
Patético todo isto, a verdade.
o 2009-02-26 ás 10.51 am 5.Luís dixo …
Non sei se chamar esa fotografía pouca fortuna ou estupidez. O que sei é que o BNG é un partido de esquerdas, de xente que traballa e lle costa chegar a fin de mes, e ver a Quintana nun cacho iate coma ese dá, perdón pola expresión, verdadeiro noxo.
Se quere negociar con determinados empresarios que o faga nos despachos, que pra iso os pagamos todolos galegos.
Todos din ser de esquerdas, e logo se lles ve o plumeiro. Dende que está Quintana de líder do BNG xa non me identifico nada con este partido.
Un saúdo Breogain!
o 2009-02-26 ás 11.22 am 6.haikeroelo dixo …
a foto non so non é de agora,senon que é de fai 2 ou 3 anos.
publicouse na “voz de galicia” co proposito de atacar tanta a quintana coma a rey,propietario do “xornal de galicia” rival da voz.
en fin,unha vergoña que estas manipulacions poidanse levar a cabo,e coma se cada veran non houberan altos cargos do pp e psoe en iates de empresarios e constructores por todalas rias galegas….
o 2009-02-26 ás 12.03 pm 7.Luís dixo …
¿Pero qué tipo de política estamos a facer? ¿É que porque o PP ou o PSOE sexan uns mafiosos, tamén o pode ser o BNG? ¿Cómo vai tirar pra adiante o noso país, se o único que facemos é xustificar os erros do noso partido/líder dicindo que “o outro o fixo antes”, ou “fai o mesmo ou peor ca nós”?
¿Realmente é iso o que queremos? Despois choramos polas catros esquinas e dicimos que mexan por nós! Mexamos nós, e por riba de nós!
¿E que realmente non podemos dicir: “fixo mal”? ¿Tanto medo temos? Non o podo crer!
Os pepeiros coa súa corrupción, os socialistas co derroche e as manipulacións, ¿e os do Bloque? ¿Puros e perfectos? Veña, oh, que non temos 3 anos! Hai que ver as cousas!
Non sei se o Quintana estaba co tipo ese pra facer negocios, ou pra pedirlle cartos, ou sinxelamente porque lle apetecía ir en iate. Pero é un representante dunha parte da sociedade, aínda por riba de esquerdas! Que eu saiba o luxo non representa ao traballador de Citröen ou o pescador da ría de Arousa. Manda carallo!
¡As cousas claras e o chocolate espeso! Eu sempre intento ser obxectivo, e aínda que quizais, de todolos grupos políticos que hai no Parlamento, o BNG sexa co que máis estou de acordo, non podo votalo sabendo que fan e desfan sen ter en conta aos que menos temos! Que todos partimos o lombo no traballo non pra ver cómo Quintana se da un paseo nun iate que custa máis que todolos cartos que gañarei en toda a miña vida, collóns! Non pago impostos pra que os políticos movan os cartos pra darllo aos bancos megaforrados, collóns!
O único que escoitei dos tres candidatos foi veleno que lle saía da boca, non oín case ningunha inicitiva ou ideas novas pra renovar o noso país, e sanear a nosa economía. Nin tan sequera un debate pra saber qué pensa cada un! E a culpa non é tan só do Feijoo, que ven sabemos todos que a tele pública é todo menos independente, que non somos parvos!
Deixémonos de ligaduras absurdas aos partidos que sempre temos votado, hai que afrontar os feitos, todos están corrompidos.
É a primeira vez que vou votar sen saber a quén, e cada vez penso máis no voto en branco, e que lle dean polo cú a todos!
Pois nada, que ninguén se senta ofendido, espero que non, non é un ataque persoal a ninguén, e tan só que vexo que os políticos tómannos o pelo como lles da a gana, e nós temos que tragar con todo…
Un saúdo Breogain, bo post!
o 2009-02-26 ás 12.14 pm 8.depontevedra dixo …
Que pasa ¿los peperos de Pontevedra no dicen nada?, breogain ya se sabe de que “pié cojea” pero aún así es crítico, con los demás y también con los (supuestamente) suyos, pero estos dias de tanta batalla entre unos y otros los dos bloggers “populares” de nuestra ciudad (Jorge Cubela y César Abal) no dejaron ningún comentario en este blog, tengo interés por saber que opinan de esta foto y de que el Partido Popular y toda su maquinaria mediática, incluida LA VOZ DE GALICIA, la saquen ahora, pero también tengo interés en conocer su opinión sobre los post anteriores, a saber, el que estaba llamado a ser el conselleiro de economía de Feijoo y quedó en un vulgar chorizo o todo el tema de GB y esa cruzada contra el gallego, YO POR EL MOMENTO NO ME HE VISTO PERSEGUIDO NI ACOSADO POR HABLAR EN CASTELLANO, lo de Gloria Lago, Rosa Diez y compañia es pura política al servicio de unos cuantos muy concretos.
Estoy también con Luis en que no tengo aún claro mi voto, pero posiblemente será a un partido de izquierdas, a mi Feijoo, Cacharro, Baltar y toda esa camarilla no me toman el pelo echando mierda sobre los demás, que se tapen ellos que tienen bastante debajo de la alfombra de su salón “popular”.
o 2009-02-26 ás 12.34 pm 9.Alberte dixo …
A foto é do verán de 2005 e xa foi publicada no seu tempo (http://www.elcorreogallego.es/galicia/elecciones/ecg/correo-hizo-eco-2005-paseos-yate-quintana/idEdicion-2009-02-26/idNoticia-400119/). A súa aparición a poucos días das eleccións e verquendo sospeitas infundadas sobre as concesións eólicas (proceso público e no que, ademais, o señor do iate saíu prexudicado) cabe supor que é un ataque á desesperada contra o BNG, xa que nas enquisas internas dos partidos debe de temerse unha suba espectacular do bloque, así que o PP chamou á caverna mediática e os acólitos responderon con isto. Hai que dicir que se é o mellor que encontraron entón é que Quintana é mellor do que parecía.
o 2009-02-26 ás 1.39 pm 10.Fiz de Cotobelo dixo …
Olá:
Unha perguntiña pequena, o malo non debería ser que o vicepresidente da Xunta non tivese boas relacións co empresariado GALEGO? ou que?
Unha aperta
o 2009-02-26 ás 3.05 pm 11.Nel dixo …
Non concordo desta volta contigo, Breogain, para nada. Imos por partes. Que esta foto saia agora responde a unha estrataxema da dereita que se apoia en resortes mediáticos e empresariais moi fortes. A nova sae dun xornal dixital da ultradereira casposa, ten eco en medios como LD, Intereconomía ou weblixo como Radikales Libres ou Elentir. o ABC lévao á portada e relaciónao co concurso eólico e, finalmente, o PP non ten máis que subir á onda e surfear para tentar chegar á praia. Lembremos que isto vén sumarse a xogadas das bandeirolas que apareceron “anonimamente” o primeiro día de campaña. Súmase á campaña difamatoria na rede que, segundo Vieiros, o Psoe xa levou ao xulgado porque implica a asesores de Feijoo. Súmase á lameira do acto de Oia, onde Quin pecou de inxenuo. Súmase á campàña electoral de Galicia Bilingüe e UPyD en torno á lingua, ben aproveitada polo PP como vemos neste vídeo que é de xulgado de garda:
http://www.vieiros.com/nova/72325/un-mitin-do-pp-con-galicia-bilingue-e-carneiros-con-cascos
Na miña opinión, caes no xogo de toda esta xentalla. Por ser un partido de esquerdas, non hai que se inxenuos para pensar que unha vez que chegas ao poder non vas ter que falar co empresariado do país, xa sexa en actos oficiais e con micrófonos (caso das reunións habituais coas caixas, con Jove, co de Barreras ou co Clube Iñás hai uns días) ou en reunións privadas. Quéresme dicir a min que nese iate se decidiu o reparto eólico? É que só a dereita van poder manter contactos co empresariado? É que é un coto privado do Psoe e o PP? Unha cousa é falar e outra amañar. Podemos seguir sendo críticos coas nosas opcións políticas pero que a Voz non nos nuble a vista.
o 2009-02-26 ás 3.15 pm 12.Nel dixo …
Lendoiro tamén o ten claro:
http://www.gznacion.com/web/noticia.php?id_noticia=13266&id_cat=5
o 2009-02-26 ás 3.18 pm 13.fran dixo …
Eso eso que a voz non nos nubre a vista, pero por ambos lados eh!!. Se en vez de ser Quintana fose alguén do PP, poñeríades o grito no ceo…
Sobre todo vistos os MWatt de adxudicación no concurso eólico… aínda que estén ben adxudicados, prefiro non opinar disto porque non teño tempo para ver toda a documentación, polo tanto dou por feito que van dentro do legal.
Sexamos coherentes e sigo decindo que as cousas hai que demostralas por todos os bandos.
Non vale decir que uns se prestan a corruptelas… ou que outros son chanchulleiros, a opinión e libre, pero os feitos son os feitos e polo que vexo, en xeral neste blog os comentarios só se analisan desde un punto de vista moi determinado e que se fala para adiante sen aportar probas de igual forma que noutros moitos medios.
Moito criticamos que todos esparcen difamación pero as veces parece que contribuimos a elo.
En fin…
Saudos a todos
o 2009-02-26 ás 3.27 pm 14.lerezano dixo …
Joder, pois precisamente por iso foi crítico Breogain con Anxo Quintana e o BNG por deixarse fotografiar con empresarios cós que a Xunta de Galicia ten relacións empresariais (válgame a redundancia), moitos de vós apuntades que a foto é moi antiga, pois non sei, pero a SER non dixo nada diso, nin case que nengún xornal…. entendo que todo pode ser froito dunha campaña de difamación contra o BNG polos bos augurios que ten para o dia 1 de Marzo, e como o nacionalismo galego non ten unha maquinaria mediática (ou alomenos tan grande coma o aparato propagandístico do PP) que o defenda, pois estes bulos ou estas noticias terxiversadas van collendo forza dia tras dia e axudan a minar ao partido.
Fran, non te trabuques, nin a Breogain lle cega o compromiso a un determinado partido, ten sido crítico varias veces, e se non fai unha búsqueda, nin os que visitamos este blogue que pasa por ser un dos máis coñecidos da blogosfera pontevedresa somos nacionalistas, hainos dunha e outra mentalidade e para mostra os comentarios, pero non so os deste post, os de outros de outros dias e meses.
Un saúdo a todos e o domingo a votar, sexa a quén sexa, deámoslles unha lección de democracia e participación a tódolos políticos.
o 2009-02-26 ás 5.43 pm 15.Luís dixo …
Pois eu estou ao 100% de acordo con Fran, hai que criticar a todos, non tan só á dereita arcaica e rancia deste país. Penso que Breogain é bastante obxectivo, aínda que barra pra o seu… Pero é verdade que moitos dos que deixan comentarios lémbranme aos que deixan os seus nos blogs de Jorge Cubela ou Césal Ábal, sen gana de facer autocrítica, todo é un complot, todo é unha confabulación, nós non temos nada de culpa…
Penso que hai que estar pra as duras e pra as maduras…
Un saúdo!
o 2009-02-26 ás 10.20 pm 16.breogain dixo …
Agardo que as miñas verbas non foran malinterpretadas, quixen facer unha crítica construtiva do feito de que Quintana se deixara ver cun empresario da talla de Xacinto Rey, que como todos sabemos é o dono de Construcciones San José e ten outros proxectos moi importantes como pode ser Xornal, que está chamado a se-la competencia directa de La Voz de Galicia e eles sábeno.
O que si descoñecia é o feito de que esa foto xa fora feita hai tempo, como ben apuntaba Fiz de Cotobelo e eu non podo estar máis dacordo, é unha mostra de que as cousas están a mudar e para ben, concordo con el en que o empresariado galego non somentes pode e debe ter relacións con determinado partido político, pode que estexamos ante unha nova caste de empresarios cós pes fondamente arraigados no noso País, non coma Fenosa ou outros que se foron de aqui, polo tanto entendo os agochados intereses dalgúns en terxiversa-la realidade e sacar agora esta foto sen explicar cando e como foi feita. ¿Acaso ninguén sabe das boas relacións do Partido Popular galego con banqueiros, contrutores e empresarios de todo tipo? lamentable é tamén o feito de inventarse ate accidentes de tráfico, menuda baixeza moral a súa vir con estas artimañas a última hora, bueno, a última non, que ao dia seguinte da pegada de cartaces xa habia contra-publicidade e de moi boa calidade, ¿quén estaria detrás e quén pagaria todo iso?
Non entendo o porqué desta campaña tan marrulleira por parte sobre todo do Partido Popular, sobre todo cando son eles os que teñen moitas cousas das que avergoñarse, teria que ser algo máis humildes, pero está claro que en política todo vale, e nestas eleccións que poden presumir de ser unhas das máis desputadas dos últimos tempos máis se cadra, para mostra un botón:
http://www.elpais.com/articulo/espana/PSOE/BNG/quieren/quedarse/casa/tierras/elpepuesp/20090226elpepunac_11/Tes
http://www.xornal.com/article.php?sid=200902260047510048
http://www.lavozdegalicia.es/especiales2009/eleccionesgallegas/2009/02/26/00031235672589912996485.htm
Verémolo o domingo, un saúdo a todos e graciñas polos vosos comentarios.
o 2009-03-03 ás 12.13 am 17.deisler dixo …
Por fin remataron as eleccions…cómo boto de menos os posts sobre Pontevedra, sobre o Pontevedra C.F, o mundo da cervexa,musica e series atraintes…etc.
Que nos te pareza mal, breogain, pero cada vez dame mais noxo a política e últimamente ,ó meu parecer,o blogue sobráballe moito contenido dese tipo.
Un saúdo,