Cargando...

Política 27 febreiro 2009

O que fan uns e o que fan outros

Eu xa votei, votei a pasada semana e por correo, pois estou en Salamanca actualmente, e veño lendo últimamente novas dunha campaña electoral moi estraña, tremendamente suxa, cós candidatos que non deixan de botarse porquería enriba.

Hoxe abría a prensa e na portada do Xornal atopaba esa imaxe que ollades: o PP continúa coa guerra suxa, despois de, por exemplo, colocar carteis "anónimos" dicindo Adeus Bipartito e de inventar cousas como un falso accidente de tráfico de Anxo Quintana para que a xente non acudise ao seu mitin.

E é que nesas andan, é moi triste ter que recurrir a desmotivar á xente para gañar nunhas eleccións, a pregunta que eu me fago é ¿Realmente queremos que esta xente que anda facendo parvadas pola rúa e inventando troulas goberne 4 anos eiquí?

Despois de cousas así, está visto que non teñen programa. Hoxe, como dicía, abrín a prensa, ¿e que atopei? Cousas como «Los que voten al PSOE votan en realidad por el Bloque», dito polo cabeza de cartel do PP en A Coruña, home, digo eu que o PSOE tentará chegar aos 38 deputados, pero a intención non é presentar as bondades do seu programa (no caso de que o tivera), senón chamar a que a xente non vaia a votar e así gañar.

Outra na prensa de hoxe: Baltar chama maricón ao Conselleiro de Medio Ambiente e insinúa que Quintana é un maltratador. Outro exemplo demostrado de o que queren.

¿E por que están tan nerviosos os persoeiros do PP para caer na descalificación e tan baixo? Porque grazas a este goberno temos unha rede de centros de atención de enfermos de Alzhéimer pioneira no Estado, porque cada vez máis maiores teñen menús no seu fogar, porque estase a apostar por outra política para o noso monte, o BNG foi o único partido capaz de defender ASTANO e porque cousas como o Banco de Terras están a funcionar.

E claro, ao PP somentes lle interesan os votos, e ao comezo da campaña as enquisas dicían que ían perder un escano por Lugo e outro por Ourense, os niños do caciquismo de Cacharro Pardo, Baltar e demáis tropa, debido ás políticas activas e cara a xente do BNG. E entón nesas estamos, cun partido avergoñante difamando día si e día tamén nos medios aos seus opoñentes, e logo suceden cousas como que o candidato estrela por Ourense remata sendo apartado da campaña por corrupto.

Catro anos desta xente non pode ser posíbel, eu xa votei, e ti deberías facer o mesmo este domingo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

6 comentarios a “O que fan uns e o que fan outros”

  1. o 2009-02-27 ás 4.00 pm 1.Luís dixo …

    Dende a miña opinión persoal esta campaña foi unha das máis sucias que coñecín… pero por todolos bandos, non só o PP.
    Alédome que remate a campaña xa… estaba farto!
    Agora a sorte está botada!
    Un saúdo!

  2. o 2009-02-27 ás 11.41 pm 2.breogain dixo …

    Graciñas polo artigo Andrés…

    Dende a lonxania supoño que ollarás atónico esta campaña atípica que estamos a “sufrir” os galegos e galegas estes dias, non é normal, vamos, eu na miña vida ollara tal cousa, que un partido político ataque dunha maneira tan furibunda e desesperada aos seus contricantes, pero non có programa na man, senón con viles artimañas e triquiñuelas máis propias de maleantes e bandidos que de políticos, ata que punto pode chegar a ser tan rastreiro un político como Baltar, no ocaso da súa carrerira, para chamar maricón a este ou acusar de maltratador a aquel, ¿pero onde están as formas? ¿onde está o trato correcto e o xogo limpo contra o adeversario político? inventamos accidentes (ten miga a cousa, Quintana estaba sendo entrevistado á hora do suposto accidente en directo para a Radio Galega) sacamos fotos de hai tres anos e pico cando nin Quintana era vicepresidente nin habia concurso eólico nin cousa semellante, iso si, se indica-la data da fotografía, somentes deixándoa caer para facer mala prensa, pero claro, quén está detrás, LA VOZ DE GALICIA e un director cabreado, xornal que tema pola súa hexemonía no mercado xornalístico galego. Non entendo sinceiramente este ataque sen tregua ao longo de varias semanas ao nacionalismo galego, de verdade, Feijoo, o mesmo que non quixo debater na televisión aludindo un dous contra un e excusas de mal pagador, é o que hoxe pon unha careta e mañá outra, hoxe falo en castelán, mañá en galego, hoxe reúnome con empresarios e mañá ataco ao adversario por face-lo mesmo, mañá tiro de populismo e digo que viaxarei en Citroën a tódolos lados e digo tamén que irei a París a PSA Citroën a dar un golpe na mesa….jajaja, veña home, que non es Obama, non vaias de fanfarrón pola vida tendo a quén tes de compañeiros de viaxe, estás atado de pés e mans polo que dicten en Génova, sen máis, nin tan sequera tiveche-lo apoio decidido de Rajoy estes 15 dias, cada un polo seu lado, igual que Touriño, todos tirades de padriños para ter máis gancho, non abonda coa vosa personalidade ou o voso programa, sen “cameos” de Madrid non sodes nada, ¿cando teredes algo de orgullo e seredes vós mesmos?, agardo que ese dia chegue canto antes e os galegos e galegas teñamos verdadeiros políticos que pensan e actúan en clave de País, pensando en Galiza e non no que lles dicten dende Madrid, senón non seredes máis que meras sucursais, non teredes nunca autonomía dabondo como para gañarvos a nosa confianza.

    Un saúdo patriótico e galego !!

  3. o 2009-03-01 ás 10.54 pm 3.Ulmo de Arxila dixo …

    Breogán, é o artigo máis sincero e completo que lin sobre a nosa política en moito tempo.
    Lamentabelmente, cumpríronse as peores expectativas e os nosos “queridos” paisanos, facendo gala do seu paletismo atávico, déronlle a maioría absoluta a Galicia Bilingüe,digoooo, a Feijoo.
    Paciéncia para estes catro anos. Vainos facer falta.
    Iso si, eu desde este mesmo dia desenténdome deste país e de todo o que lle atinxe. “Paso” de Galiza. Somos unha colónia e merecemos selo.

  4. o 2009-03-04 ás 5.46 am 4.ran o que antes estaba abaixo dixo …

    Umm. Dende logo só che digo unha cousa, cada día gustame menos os teus comentarios eh! Breogaim, e sinxelamente sorpéndenme en demasía porque a realidade e que en persoa non falas desta maneira, o menos cando estamos todos xuntos, pero a realidade e que o papel todo o soporta (inda que neste caso sexa virtual).

    Falasme ti de demagoxias. A verdade estou cansado. Desculpame pero non vou volver polo blog.

    O cal non quere decir, que co Breogaim de fora da rede non poidamos quedar a tomar unha cervexa cando queiras.

    E decir simplemente vou deixar de lelo porque a amizade das persoas está por encima das ideas políticas. Sabes que aquí sempre vas ter un amigo, aínda que sea do PP eh!.

    Por certo feliz cumpleanos a ambos.

    Tes o meu email. Non te molestes en contestar aquí porque non o vou a leer.

    Un saudo

  5. o 2009-03-05 ás 2.45 am 5.Brugal con Cola dixo …

    Cada uno ve la cosa según sus ojos. Esto de la política es muy complicado y tienes que enfrentarte con mucha gente, a veces incluso con los amigos, por eso quizás nunca le he prestado escesiva atención.

    Son muchas las personas que dicen que las elecciones las ha perdido el llamado bipartito. Puede ser, pero si es así, lo único que saco en claro es que los gallegos se han cansado de tener 2 gobiernos muchas veces diferentes y de Galizas, galescolas y demás temas que tampoco ayudan a la productividad ninguna de la región.

    Puff, no me quiero meter mucho, así que prefiero dejarlo aquí.

    Bueno, Breo, saludos, que ya hacía tiempo q no me pasaba por aquí, esto de PlanetaPontevedra es malisimo, jajaja, al final siempre veo todas las entradas por ahí.

    Eso, Saludos.

  6. o 2009-03-07 ás 7.45 pm 6.breogain dixo …

    Non teño palabras, o comentario número 4 deixoume certamente desubicado, él e máis eu somos amigos dende hai tempo e temos comentado da política actual en máis dunha ocasión, eu sei do seu parecer e él do meu e nunca houbo problemas, o que dixen dito está e non me retracto de nada, agora, agardo que o novo governo faga as cousas ben e confio nelo, él sabe perfectamente que son unha persoa dialogante e tamén coherente, e se Feijoo fai as cousas ben serei o primeiro en recoñecerllo.

    Nada más, o resto xa llo comentei via mail.

    Un saúdo a todos.

Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.