Cargando...

Política 7 marzo 2009

Comeza unha nova xeira na política galega

Hai xa máis dunha semana que non posteaba nada, máis dun de vós xa estaria pensando que onde andaba metido, pois nada, podedes achacar este tempo sen escribir á falta do mesmo, ou sexa de tempo, cada dia teño menos porque a conta atrás para ser pai comezou e ando a mil por hora, réstanme pouco máis de tres semanas e xa comezo a estar un pouco agobiado de tempo, teño mil cousas que facer e pouco tempo para adicarlle a algo que non sexan os preparativos e mailo traballo.

Noutro orde de cousas, cómpre recoñece-la victoria do candidato Alberto(e) Núñez Feijoo e de todo o seu partido, ou máis ben a derrota do bipartito, non quero entrar en fonduras, pero coido que os últimos escándalos, sobre todo pola parte socialista botaron ao traste cós catro anos de governo. Ao meu parecer, a pasada campaña eleitoral foi dun perfil moi baixo, falouse máis de chanchullos, despilfarros e fotografías que dos programas de cada partido, estivo máis presente o tema da língua e do (teórico) conflito lingüistico existente que o feito de que estexamos inmersos nunha profunda crise e dunha recesión coma non se tivera por aqui en moitos anos, e tanto falo de Galiza coma do resto do Estado Español. Como apuntaba no título do post, comeza unha nova xeira na política galega, cun Partido Popular vencedor holgadamente e un PsdG e B.N.G na procura dun novo líder, o tema do bloque antóllaseme máis complicado, posto que as saídas de tono de Beiras non axudan nada a levar unha transición acougada, falouse xa de varios candidatos, eu persoalmente xa teño o meu, pero agardemos á vindeira Asemblea Nacional que terá lugar en Santiago de Compostela.

Dende aqui agardo que o novo presidente cumpra coas súas propostas de austeridade no gasto, -polo que semella xa mercou un Citroën C6-, e que non desfaga completamente o que xa está feito, que non estará de todo mal supoño, no que si teño máis dúbidas é no tema do idioma, as súas declaracións o primeiro dia falando das galescolas e do galego hai que collelas con pinzas, agardo que isto non supoña un retroceso no avanzo do galego que poida ferilo de morte, todos sabemos cal é o idioma que está en perigo, non sexamos demagogos con este tema e retrocedamos agora vinte ou trinta anos. Onte á noite estiven ollando en Intereconomía tv unha entrevista ao presidente electo e apuntaba boas maneiras, ou alomenos boas intencións, asi que, inda que non comulgue có seu ideario político, agardo que sexa un bo presidente da Xunta, que sexa autónomo nas súas decisións e teña sempre presente a Galiza e aos galegos e galegas, porque iso é o primeiro.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

4 comentarios a “Comeza unha nova xeira na política galega”

  1. o 2009-03-09 ás 11.18 pm 1.coidoque dixo …

    Olá:
    Como ben dis estamos metidos nunha crise económica moi profunda na que cómpre que o goberno actúe de xeito decidido e centre a súa atención nos problemas económicos que estamos a ter os traballadores e as traballadoras.
    Dende esta perspectiva, o goberno que vai pór en marcha o Fijoo dá bastante medo, posto que das catro ou cinco medidas que leva anunciadas ningunha ten que ver coa solución dos problemas que leva aparellados a crise.
    Explícome. Os dous proxectos estrelas que leva anunciados (suprimir as galescolas e derogar o decreto do galego no ensino) non teñen nada que ver coa crise, senon co (auto)odio polo galego que caracteriza á dereita española; algúns outros proxectos están a pasar algo máis desapercibidos, pero tampouco teñen que ver coa crise (revisar o concurso eólico e retomar o plan acuícola do 2005), senon co revanchismo e o desprezo polo medio ambiente (e coa política clientelar do PP??).
    O que caracteriza estes catro proxectos(?) que o goberno do PP quere pór en marcha é o feito de todos eles responderen ao cerne da ideoloxía da (extrema?) dereita española (non é agora o momento de explicar as fontes das que beben R. de Maeztu ou Primo de Rivera e as súas semellanzas co actual PP).
    Xa que logo, o que Feijoo propón como acción de goberno son as receitas de sempre da dereita española, e destas xa sabemos o resultado: centralismo e desprezo por Galiza; atención ao grande empresariado e non ás clases populares; privatización dos servizos públicos (sanidade, educación . . .) e falta de eficiencia; as desigualdades sociais que trae o neoliberalismo; etc.
    Deus queira que me equivoque, mais témome que non, e ben que o sinto por este país.

  2. o 2009-03-10 ás 8.05 pm 2.Ulmo de Arxila dixo …

    Na minha opiniom, Coidoque fai umha análise bastante atinada do que podem ser estes quatro anos de feijismo. Somente poria um matiz: onde el diz “ben que o sinto por este país”, eu diria “e bem empregado lhe vai estar a este país”. Lembremos que o 47% dos votantes deste país escolhérom esste projecto político (ainda que nisto haveria muitíssimo que matizar, de certo). Se Galiza quer viver permanentemente ençoufada na lama, bem por ela. Sarna com ghusto nom pica!

  3. o 2009-03-11 ás 7.23 pm 3.Jorge C dixo …

    Haberá que ver se esta maioría absoluta axudará á recuperación económica e á unidade na Xunta de Galicia. Eu mesmo permanecerei atento por se as cousas non van como esperaba. Non son de sectarismos, sí de principios, polo que estaremos vixiantes.

    Teño confianza no noso presidente electo, demostrou que non lle tiembla a man á hora de facer cousas… e é moito máis pragmático que Touriño e Quintana, a quen espero que suceda o alcalde de Teo.

    Noraboa pola paternidade amigo.

    Saúdos

  4. o 2009-03-15 ás 1.45 pm 4.breogain dixo …

    Non dubido que o novo presidente ven con gañas e con ánimo de sacarnos desta crise, pero dame a impresión que vai entar coma un elefante nunha cacharrería e ten a intención de troca-lo todo, o feito de que o seu primeiro comentario fóra o tema da língua antes que a taxa de paro ou inactividade comercial e industrial que sufrimos dame certo respecto, coido que temos moitas máis cousas das que botar man antes que dun inexistente conflicto lingüistico.

    Por pór un exemplo, onte falaba coa miña cuñada, para nada nacionalista nin extremista e que traballa con rapaces tódolos dias, comentábame que o conflicto lingüistico foi algo inventado como ariete contra o bipartito, como antes (din) que foi o Nunca máis, unha plataforma con escaso apoio, como poidemos ollar en Compostela que comezou a remover conciencias có tema da língua, que si as galescolas adoctrinan, constatemente transladando a nosa realidade á das ikastolas, cando é unha burda mentira, aqui non hai tal problema có castelán, a miña filla falará os dous idiomas e có tempo elexirá o que queira empregar, pero non digamos que o castelán está en perigo porque iso é mentira, porque collo o mando da miña tv. e teño unha canle en galego e trita en castelán, e collo un xornal no quiosco en galego por unha dúcia en castelán….

    Polo demais agardo que Feijoo faga cousas e non desfaga todo o feito, porque non todo se fixo mal nin moito menos.

    Sáudo

Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.