Cargando...

Actualidade 18 xullo 2007

Constituida “Galiza Nova” en Poio (Pontevedra).

Internet é unha ferramenta util para todo, e os blogues un torrente de información inmediata, polo tanto tamén o poden ser para a publicitar calqueira evento de actualidade, pois ben, unha amiga infórmame de que o pasado dia 30 de Xuño fundábase a asemblea local de "Galiza Nova" en Poio, o acto tivo lugar na sé do B.N.G. da mesma vila, polo que me conta encentan o camiño con moita ilusión e proxectos de futuro, teñen pensado facer de aqui a pouco unha xuntanza con tódalas asociacións veciñais e culturais de Poio, e tamén organizar unha "saída á natureza" o vindeiro dia 4 de Agosto, o lugar ben pode se-lo monte da Curota en Ribeira ou as illas Cies, pero polo de agora está por decidir, tamén me informan de que queren convidar a todo/as os interesados/as ás celebracións do "Dia da pátria galega" en Santiago de Compostela, como sabedes celébrarase na noite do 24 de Xullo o Festigal e á mañá seguinte terán lugar as manifestacións de tódolos anos ás que vos invitan a participar, se vos queredes afiliar ou ben precisades máis información, poñédevos en contacto con Maruxa Vicente no teléfone 645 024 384 ou ben no enderezo electrónico mavido2003@hotmail.com , ela é a responsábel local de Galiza Nova en Poio.

Parabéns e moita sorte Maruxa.

can6kbrt.jpg

 

Chuzame! chúzame -

11 comentarios a “Constituida “Galiza Nova” en Poio (Pontevedra).”

  1. o 2007-07-18 ás 12.02 pm 1.Maruxa dixo …

    Animo a toda a xente nova a sumarse ao noso proxecto, a facer País dende os concellos e traballar arreo por un futuro mellor para a nosa mocidade.

  2. o 2007-07-18 ás 3.12 pm 2.breogain dixo …

    pois nada, ben sabedes que a repercusión que pode ter este blogue é limitada, pero aqui estamos para botar unha man e axudar no que poidamos, un saúdo Maruxa :)

  3. o 2007-07-18 ás 10.17 pm 3.Andrés Milleiro dixo …

    Non será esa Maruxa que eu coñezo á que lle mandas os correos que nos mandas a uns cantos :D

  4. o 2007-07-18 ás 11.42 pm 4.breogain dixo …

    Pois si, unha amiga da panda e veciña de Poio, a loira da primeira fila.

    Un saúdo Andrés.

  5. o 2008-04-04 ás 12.34 am 5.ruben dixo …

    sois mas fachas que el pp, muchisimo mas, no se como podeis llamarle facha a alguien, todo el dia con las banderas, eso no significa quererle a Galicia.

  6. o 2008-04-04 ás 7.43 am 6.breogain dixo …

    somos quén…? define logo “facha”, o meu amor por Galiza non o demostro indo pola rúa cunha bandeira Rubén, o demostro falando a miña língua, defendendo os nosos intereses e traballando dia a dia polo noso futuro, o Partido Popular (de Galicia) non nego que poida querer a esta terra, pero á vista está que de outra maneira moito menos comprometida.

    Un saúdo

  7. o 2008-04-07 ás 1.33 am 7.ruben dixo …

    agora respondesme e pareces moderado (que o mellor ti eres sempre asi, non digo q non), pero todas esas pintadas q vades facendo por ahi (insisto en q non todos, os q o fagan, pero claro esta q existen porque esas cousas alguen as fai)… en fin, facha é un nacionalista exaltado/radical/exagerado… defender tu pueblo/CCAA/pais no es ser un facha, lo q pasa es q la tendencia de mucha gente nacionalista gallega/catalana/vasca es llamar facha a alguien q se siente español. Yo soy gallego y español, y no soy menos gallego q vosotros, mira, en el partido galicia - camerun en balaidos toda esa gente con tanto “amor a galicia” se dedico antes y despues del partido a romper y quemar el mobiliario urbano de GALICIA, si asi es como se le quiere a galicia, yo no la debo de querer nada, porque nunca rompi, ni pinte ni queme nada.

  8. o 2008-04-07 ás 3.29 pm 8.breogain dixo …

    rubén, en que te baseas para afirmar que [pareces moderado.. pero todas esas pintadas que vades facendo por ahí..] sabes do que falas ? algunha vez víchesme facendo pintadas, acaso os nacionalistas somos todos de spray e de carapucha tal vez? acaso non sabes distinguir entre un votante nacionalista e a xente de A.M.I. Agir, Nós-UP ou Ceivar ?? entre militantes de Galiza nova e xente de Jarrai ?? eu defendo a miña terra dende o respecto aos demais, eu non chamo a unha persoa coma ti facha polo mero feito de sentirse español, eu chamo facha á xente como Ynestrillas o mesmo coma Zaplana que se deixa sacar fotografías con bandeiras anticonstitucionais en plena rúa..semella que non entendiches ou non liches ben o meu último comentario, eu non queimo colectores de lixo, non atento contra o mobiliario, se alguén o fai en nome de Galiza non o vexo ben, tamén o fan en nome de España nas rúas de Madrid, cando a xente da Falanxe ou da AUN fan as súas manifestacións autorizadas polo governo municipal da CC.AA.
    “Dios me libre” de chamarche facha, pero o que non podes é meter no mesmo facha a un nacionalista galego cun delicuente que fala en galego e se adica a queimar bandeiras, non son o mesmo, non se pode intoxicar desa maneira como fan algúns “media” de tirada nacional.

    Un saúdo Rubén

    (por certo, eu non milito en Galiza nova nin en nengún outro partido)

  9. o 2008-04-11 ás 1.24 am 9.ruben dixo …

    Busquei esa foto de Zaplana porque cho lin a ti agora, e xa a vin, pero el parece non decatarse de que a bandeira tiña o simbolo franquista diante, de todas maneiras zaplana si é un pouco facha, pero moitisimo menos que calqueira de AMI, Agir, Nos-Up ou Ceivar, iso con toda seguridade.
    E non dixen que ti fixeras nada diso eh, podes volver a leer o meu comentario, eu so dixen un “vades facendo…” era en xeral, e xente de galiza nova si fai diso tamen (alguns), xq en moitas pintadas firman con galiza nova, pero non teño ningunha dubida de ti home, quen escribe e debate razoadamente as suas posturas pareceme estupendo, esa xente deses grupos q dixeche, cando lle fixeron o q lle fixeron a Mº san gil tiñan q ir todos de cabeza o calabozo, porque son uns violentos q queren imporlle a sua radicalidade a todos os galegos, a min que defendan as posturas que lles de a gana PERO democraticamente pareceme ben, q fixeran eles outra conferencia como a de san gil expresando as suas ideas, ou lle rebatiran a san gil o que fose ¿porque non?, pero é q esa xente non entende de razons nin de liberdade (xa hai q botarlle valor pra q vaian pedindo liberdade jajaja a liberdade q eles dan…), solo entenden de violencia, vamos, por min metiaos a todos ao carcere de cabeza por todo iso de romper e queimar cousas, agredir a xente, etc.

  10. o 2008-04-11 ás 9.43 pm 10.breogain dixo …

    Ola Rubén

    Primeiramente dicir que o Zaplana coido que estaba ben ao tanto do que facia cando se tirou esa foto coa bandeira pre-constitucional, para nada é un “fake” nin nada polo estilo, penso que ese home non seria tan tonto como para pararse sen máis e facerse unha foto diante dunha ikurriña, unha estreleira ou unha senyeira sen ollar o que lle poñen diante…

    No tema que falas do altercado/ataque en Compostela contra Maria San Gil tes razón, non se pode ir increpando e asoballando desa maneira, hai mellores formas e maneiras de expor unha ideas, que son tan democráticas como as de outro calqueira, agora digo, a Maria San Gil polo feito de ser basca non hai que terlle máis respecto que a outro político calqueira, sei que os políticos sufren o dia a dia en Euskadi, e máis os do Partido Popular maiormente, pero ela tamén ten increpado e abucheado a outros políticos no seu dia e tamén hai que telo en conta,
    http://www.elplural.com/politica/detail.php?id=18025

    Por certo, dubido moito que Galiza Nova faga pintadas polas rúas e ademais asinando como tal, pode que murais si, pero pintadas dubídoo moito, pintadas hai moitas e xa vexo que estás ao tanto da infinidade de grupos que hai, unha pintada de Galiza Ceive !! pode facela calqueira.

    un saúdo Rubén

  11. o 2008-04-12 ás 2.02 am 11.ruben dixo …

    ok, se unirian a los que gritaron eso, ni siquiera dice que lo hicieran ellas, y en cualquier caso esta mal pero no tiene ni punto de comparación con lo que le hicieron a san gil, está a años luz.
    Yo no respeto mas a san gil por ser vasca, ¿a mi que me importa de donde sea? la respeto por ser persona, y a ti igual que a ella, tambien saldria a defenderte a ti si otro colectivo cualquiera te hiciera lo mismo por ir a una conferencia a explicar tus ideas.
    hay veces que leo cosas de “autodeterminación ou galiza ceibe” firmados por galiza nova, tamen outras veces por ami e outros grupos.
    No das bandeiras, vista por detras é unha simple bandeira de españa, de todas formas, non ten sentido que discutamos iso porque non poderemos saber a verdade de si el viu ou non viu o de adiante.

Trackback This Post | Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.