Cargando...

Caixón de xastre 15 marzo 2009

Comezou a conta atrás..

Pois na casa xa case que temos todo listo e preparado para a chegada de Sabela, e como digo no título do post, comeza a conta atrás, restan pouco menos de dez dias para sair de contas, pero teño un presentimento e dame a impresión que o vindeiro fin de semana serei pai por primeira vez, non sei, pode que sexa unha corazonada, hoxe mesmo en Pasarón comentaba isto mesmo con Manuls.

Ate o de agora non estiven para nada nervioso, vamos, non polo de agora, porque coido que nesta semana e asi que vaian avanzando os dias comezarei a poñerme algo intranquilo, ou non, quén sabe, teño que recoñecer que son unha persoa nerviosa, pero nin tan sequera eu saberei coma vou respostar ante unha situación coma ésta, que é nova para min en tódolos aspectos, de tódalas maneiras agardo que ben, hai que templa-los nervios e estar tranquilo, ou iso é o que todo o mundo me recomenda.

Asi que nesta semana tampouco publicarei ningún post, librarédesvos de min por uns dias, que pode que sexan semanas, quén sabe, traballo terei dabondo coma para pasarme por aqui, pero prometo ter un oco os fins de semana para atender a tódolos parroquianos de a ponte vella que xa sodes uns cantos. Nesta semana que hoxe rematou e na que tamén estiven un tanto umplugged do blogue, pasouse por aqui algunha xente nova, unha delas foi Helena, unha amiga de Bilbo da que non tiña novas dende hai moitos anos, dende os tempos dos meus inicios en internet coa canle #música_celta do IRC Hispano, algún de vós se lembrará diso, alomenos hai oitos ou nove anos, unha grata sorpresa e unha casualidade este reencontro cunha vella amiga. Tamén se pasaron por este blogue dúas rapazas galegas de beca Erasmus en Irlanda, seica estaban na pescuda da lenda de Breogán e deron có meu blogue, se tedes curiosidade, pasádevos por En tierras de Shamrock, por certo, eu teño un shamrock no meu cuarto, lembranza da miña estadía en Dublín o pasado verán, o shamrock para quén non o saiba, é o famoso trébol, un dos símbolos da verde Eirín.

Pois nada máis polo de agora, xa teredes novas miñas máis breve que tarde, ou iso é o que alomenos agardo :)

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

18 comentarios a “Comezou a conta atrás..”

  1. o 2009-03-15 ás 9.57 pm 1.Moraiminha dixo …

    Disfruta do que estás a vivir!

  2. o 2009-03-15 ás 11.41 pm 2.Brugal con Cola dixo …

    Joder, en cierto modo tengo envidia, ojalá en su momento pueda tener yo un hijo, creo que es lo más bonito que te puede pasar en la vida.

    Como bien dicen ahí arriba, Disfrutalo!!

    Felicidades, paciencia y lo que diga la madre se hace al momento!!
    jajaja

    Me alegro por ti.
    Saludos

  3. o 2009-03-16 ás 12.00 am 3.Manuls dixo …

    Hoxe en Pasarón non estabas nervioso pero tiñas esa sonrisa permanente que caracteriza aos que van a ser pais. E logo xa te estou vendo coa baba caendote cando naza Sabela… xa estou vendo.

    Nada tio, se temos que perderte na vida blogueira durante uns dias por esta razón… que todas sexan asi ¿non?

    Que todo vaia ben e xa sabes ¡a facela socia o primeiro dia! :D

  4. o 2009-03-16 ás 1.12 am 4.unadesiete dixo …

    Grazas pola túa visita, polo teu comentario e polo teu enlace!!!!

    Esperamos pasalo xenial en Irlanda, gracias polos consellos.

    Somos fillas de breogán pero non sei porqué demos en facer o blogue en castelán (aínda penso en que momento o permitín…) e agora avergoñame darllo os amigos… *_*

    Espero que maia todo sexa interesante a nosa experiencia plasmada no blogue, tanto quen teña pensado ir, para quen xa fora ou para quen se anime a leernos!!!

    Graciñas… e por certo… Noraboa!!!

    A mellor das sortes coa chegada de Sabela!!!

    Leemonos!!

  5. o 2009-03-17 ás 6.14 am 5.F. Míguez dixo …

    Pois desfrute vostede do seu estrés, que é por cousa boa.

    ¡Unha aperta!

  6. o 2009-03-17 ás 2.54 pm 6.Sísar dixo …

    Noraboa e disfruta moito dela. Serás un gran padre. Unha aperta.

  7. o 2009-03-18 ás 6.46 pm 7.Julio torres dixo …

    Amigo Breo: que saia todo moi ben e xa nos contarás que tal a túa experiencia. Moitos ánimos que seguro que os nervios estarán moi presentes, como é lóxico. Un saúdo desde Sanxenxo e o dito: que todo vaia moi ben.

  8. o 2009-03-19 ás 3.08 pm 8.JULIA dixo …

    Noraboa!!

    Que todo vaya bien…
    Nunca había oído lo de Sabela, qué nombre más bonito… (supongo que será Isabel en galego no?).

    Unha aperta!!

  9. o 2009-03-21 ás 8.09 pm 9.paidovento dixo …

    Pois nada, sorte coa aventura de ser pai. Xa verás como che cambia a vida. Ah, e grazas pola información do Shamrock, que vou ir a Irlanda en breve e non está de máis ir enteirado.
    Un saúdo.

  10. o 2009-03-24 ás 5.19 pm 10.Luís dixo …

    A ver, Breogain, estamos xa impacentes, xa naceu? Hahaha! Espero que sexa unha nena fermosísima e moi sá. Un saúdo!

  11. o 2009-03-25 ás 12.49 pm 11.breogain dixo …

    Gracias polos vosos comentarios e o voso interese, polo de agora toca esperar, “saimos” de contas onte e a cousa vai a modiño, mañá dia 26 hai troco de lúa, polo tanto máis posibilidades se cadra para porse de parto, pero quén sabe, tamén pode concidir que hoxe á tardiña, cando estexa en Pasarón ollando o Pontevedra C.F. vs Barakaldo reciba unha chamada ao móbil e teña que sair pitando para o hospital… jajaja.

    O dito, un sáudo e graciñas a todos e todas :)

  12. o 2009-03-26 ás 4.29 pm 12.Carmen Martínez Torrón dixo …

    CARPE DIEM!!!

  13. o 2009-03-29 ás 3.54 pm 13.mundo dixo …

    Despois de tempo de non pasar por aqui e mais de no verte polo local sigo a pensar que todo vai sobre rodas ,non sei si xa naceu Sabela ,bueno o tempo faino todo asi que xa me diras algo e deisate ver que te votamos en falta unha perta moi forte.
    Mundo

  14. o 2009-03-29 ás 4.38 pm 14.breogain dixo …

    Pois efectivamente….

    Xa somos pais dende as 07:50 horas do pasado dia 26 de marzo, tiñan razon no tema do troco da lúa e tal, e iso que eu era dabondo excéptico neste tema, en canto poida comentareivos algo máis do tema

    Mundo; asi que se normalice a cousa retomarei as clases de gaita de novo, xa nos veremos entón.

    un saúdo a todos e graciñas polo voso apoio e os vosos comentarios, de corazón

    Un saúdo :)
    breo

  15. o 2009-04-01 ás 10.46 am 15.Luís dixo …

    Felicidades!!!! Alédome moitísimo! Agora a disfrutar da cativa! Unha aperta moi forte Breogain!

  16. o 2009-04-01 ás 10.17 pm 16.deisler dixo …

    Moitas felicidades !

    Agora toca compaxinar o blogue,a nena e Pasarón :D .

  17. o 2009-04-01 ás 10.48 pm 17.mundo dixo …

    Felicidades Papi e Mami que tal vos vai as noites son algo mais complicadas pero bueno o mellor de todo e FELICIDADE que vos chegou a casa asi que moitas moitas moitas Felicidades e os meus parabens e os de toda a AGRUPACION FOLCLORICA “VIDES NOVAS ” sa temos mais canteira para a agrupacion un bico moi forte para a nai e para a nena e para ti unha moi forte aperta. un saudo de Mundo e Familia.

  18. o 2009-04-02 ás 12.34 am 18.Brugal con Cola dixo …

    Felicidades meu!!

Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.