Mercadillo. 27 Maio 2007
Artesanía decorativa en pedra
¿Non pensaches nalgunha ocasión en ter un cruceiro ou un escudo de pedra na túa casa?
Pois por se te pode interesar a ti, visitante do meu blogue, se hoxe coincide que tes un dia deses nos que te atopas expléndido e queres decora-la túa casa ou xardin, ou ben queres facer un agasallo único e con história, vendo unha "reproducción" en pedra granítica do trisquel calado atopado nas excavacións do castro de Castromao, na parroquia de Celanova (Ourense), está feito totalmente a mán e nunha soa peza, as súas dimensións son 41 x 42 x 9 centímetros, a peza está en Pontevedra e se estades interesados, o prezo é de 250 euros (negociables), podédevos pór en contacto comigo no enderezo electrónico breogain@hotmail.com ou deixando unha resposta neste mesmo post. Tamén facemos
outro tipo de elementos decorativos en pedra como escudos, tragaluces, figuras ou mesmo cruceiros. Debaixo destas liñas podedes ollar algúns exemplos de traballos feitos en pedra, o seu valor ademais de polo feito de ser unha mostra da nosa artesanía máis popular, radica no feito de que están totalmente modelados a man, na súa confección non se empregaron moldes nin máquinas de corte de ningún tipo, somentes as mans sabedoras dun canteiro de Sobradelo (Vilagarcía de Arousa).
Unha foto deste mesmo trisquel foi publicada nunha web de bandeiras galegas, podédela ollar aquí.
chuzame -







o 2008-06-25 ás 4.15 pm 1.alberto dixo …
Hola
Estaria interesado nun escudo en pedra para a fachada da miña casa, é nas aforas de Pontevedra, como podo contactar contigo para saber prezo e demais…?
Un saludo e agardo a túa contestación
o 2008-06-27 ás 3.17 pm 2.breogain dixo …
Ola Alberto:
Tes un mail có meu teléfono, cando queiras, preferiblemente fóra de horas de oficiña, dame unha chamada e falamos do tema sen problema.
Un saúdo e graciñas polo teu interese
o 2008-07-15 ás 5.19 pm 3.Eu dixo …
Editado polo moderador da web
O comentario foi redirixido a un post que fala do tema
http://apontevella.com/archives/182#comments
desculpa polas molestias provocadas, un saúdo