Caixón de xastre 11 abril 2009
¡¡ Xa estamos de volta !!
E se me paro a conta-los dias, xa case hai un mes que non posteaba nada nesta bitácora onde teño amigos, coñecidos e veciños cós que compartin ao longo destes case dous anos de a ponte vella un montón de novas, inquietudes e tamén confidencias, e se temos en conta o número de comentarios feitos, unha das máis populares foi a da miña recente paternidade. Van aló quince dias que son pai e somentes vos podo dicir que foi e segue a ser unha experiencia inesquecible e irrepetible, agora que somos un máis na casa a responsabilidade é moi grande, e como a nena non ven con manual de instruccións, pois imos aprendendo pouco a pouco e dia tras dia, alá fican os dous dias que estivemos no hospital, nos que Sabela durmia ata sete horas dun tirón, ¡¡ amigo !!, pero na casa moito cambiou a cousa, e se conseguimos durmir máis de tres horas dunha sentada xa é moito, os gases, ese grande inimigo dos bebés lactantes, menudo cabrón o condenado. Polo demais estes quince dias foron unha rutina de darlle as tomas e poñela a durmir, e asi case que todo o dia, semella algo doado, pero ao final empregas todo o dia en facer isto unha e outra vez, tanto é asi que nestes quince dias a de hoxe é a primeira ocasión na que me sento diante do ordenador, dende o pasado dia 26 de marzal apenas ollei a televisión e o intre de xantar e de cear é algo case que secundario, o que de verdade importa é o da nena, o seu baño e a súa toma, eu tiven noites nas que atopei un intre para cear un sandwich rápido a iso das doce ou unha da mañá porque habia que atendela e con ela unha multitude de cousas na casa.

Pero agora semella que comeza unha regularidade e un hábito na nena, e con ela ha de vir unha tranquilidade que semella perdéramos hai semanas, pero que foi para gañar ledicia e balbordo na casa, porque somos un máis e iso nótase, xa teño gañas de que a nena comece a face-los xestos cotíans dos nenos, daquela será cando de verdade comecen os xogos con ela, para cando ese dia chegue agardo estar preparado para afrontalo, teño a responsabilidade dunha nova vida nas miñas mans, pero tamén teño unhas gañas inmensas de xogar con ela, de ensinarlle cousas novas, de falarlle e de compartila cós seus tios, avós e bisavós (ten un de 98 anos), a nena é unha ledicia para toda a familia, non somentes para os seus pais.
Nestes dias que estiven umplugged do blogue respostei a algúns dos vosos comentarios, aos de sempre, os que estades ahí ao pé do cañón e tamén aos novos como Helena, unha amiga de Bilbo, dos tempos do chat do irc #musica_celta que enterouse hai uns dias de que fun pai, para ela un saúdo afectuoso tamén. Polo demais agardo postear algo de cando en vez nesta nova actualización do Wordpress coa que me acabo de atopar ao entrar hoxe no blogue. O dito, xa nos veremos pola blogosfera pontevedresa, polo de agora seguirei coas miñas obrigas e con apenas tempo para escoitar algo de música(estes dias Russian red e Los planetas) e face-las tarefas da casa, ah!! por certo, o meu pontevedriña segue ahí dando guerra, así que agardo que a nena visite un campo de 2ª en breve, será unha siareira granate máis na bancada de norte.







o 2009-04-12 ás 8.21 pm 1.moraiminha dixo …
Parabéns! Segue a disfrutar da túa filla.
o 2009-04-12 ás 10.19 pm 2.Luís dixo …
Que hai Breogain? Alédome moitísimo do nacemento da túa filla!! Fíxome gracia o teu texto, porque lémbrame moitísimo aos pais primerizos que viñan á farmacia na que traballaba eu. Pra os problemas dos gases en lactantes e bebés, nós sempre recomendábamos unha infusións pra os gases, que as poden tomar dende o primeiro día do nacemento. Nós tiñamos “Nutriben Alivit Gases”, aínda que creo que hai doutras marcas. Déixoche o enlace do produto de Nutriben, por se che interesa:
http://www.nutriben.es/productos/infusiones.htm
Tamén podes preguntar na farmacia, ou ao pediatra da nena…
Pois nada, noraboa pola nova partenidade! Un saúdo!
o 2009-04-13 ás 9.39 pm 3.Mariela dixo …
Olá!!!
Parabens , visiteite todos estes dias para ver si aparecia algo da paternidade ..
Alegrome moito … para os gases paciencia , moita paciencia… moito colo e moito calorciño… e a malcriala que esa etapa so pasa unha vez na vida.
Por certo onde mercaches os chupetes ?
Son ideais par aun agasallo.
Bicos para os tres.
o 2009-04-14 ás 2.38 pm 4.breogain dixo …
Ola Mariela
Pois os chupetes merqueinos en http://www.tutete.com , o prezo ben sendo máis ou menos o de o resto dos chupetes pero sendo estes serigrafiados có nome que ti elixas, pareceume unha boa idea…
un saúdo e graciñas por me visitares.
o 2009-04-16 ás 11.15 am 5.O Traveseiro dixo …
Teño que dicer que a min gústanme os nenos… pero un ratiño pequeno e a unha distancia prudencial, je, je. Non, agora en serio, alégrome por ti e por todos eses pais e nais que nos difíciles tempos que corren se meten nesa aventura de ter fillos.
Moitos parabéns, Breo!
P.D: Xa a fixeches socia do Pontevedra?
o 2009-04-16 ás 9.21 pm 6.breogain dixo …
Jajaja…inda non a fixen socia granate pero todo se andará, e se imos á fase de ascenso, quén sabe se asitirá ao partido decisivo, inda que non se vai a percatar de nada LOL
Un saúdo a tod@s !!
o 2009-04-20 ás 3.31 pm 7.F. Míguez dixo …
Chego cuns días de retraso, pero non quero pasar sen darlle a miña maior noraboa, Breogain.
Unha aperta, e que a disfrute.
o 2009-04-21 ás 7.07 pm 8.tribuno dixo …
Noraboa pola rapaza. Interesante Blog. Copieche o do chupete.
o 2009-04-22 ás 3.00 pm 9.breogain dixo …
F. Miguez, máis vale tarde ca nunca
un saúdo e graciñas por te pasares por aqui
Tribuno
Graciñas tamén pola túa (coido que primeira) visita, no tema do chupete, pois pareceume unha moi boa idea e xa me comentaron varias persoas que ian face-lo mesmo jaja.
saúdos a todos/as
o 2009-05-22 ás 10.42 pm 10.Julia dixo …
Enhorabuena por tu paternidad!!
Perdón por el retrasillo, es que he estado bastante liada…
Me han encantado los chupetes, y vuelvo a decirte que Sabela me parece precioso también.
Mucha paciencia en esta etapa, y que poco a poco vaya teniendo menos gases…(más que nada porque ese ritmo de sueño no se puede aguantar eternamente…).
Bicos!