Cargando...

Música 20 Xullo 2007

Fermin Muguruza - Bilbao

O músico basco Fermin Muguruza xa ten unha traxectoria musical de moitos anos, lémbrome de escoitar a Kortatu e teño o "Ideia Zabaldu" de Negu Gorriak entre os discos da miña colección, a primeira vez que escoitei este disco foi nunha viaxe  no cercanias Vigo-Pontevedra, recén mercado na cidade olívica, da nova xeira na súa xa longa carreira musical non teño escoitado moito, pero si algo do derradeiro disco, gravado na illa de Xamaica e titulado "Euskal Herria Jamaika Clash", un disco que bebe dos ritmos do reggae e do ska máis comprometido, é precisamente por este compromiso coa cultura e a política do seu País, que tivo e segue a ter numerosos problemas alá onde quere dar concertos, Fermín Muguruza é militante da esquerda abertzale inda que rexeita o emprego da violencia e o ten manifestado en numerosas ocasións, o seu concerto en Santiago de Compostela esta noite, estivo a piques de suspenderse pola postura en contra do Partido Popular no concello capitalino, que non estaba dacordo en que participara nas festas da cidade, a A.V.T. ten tamén denunciado en contadas ocasións as súas actuacións en concertos e festivais, se mal non lembro, o mesmo que fixo con Soziedad Alkohólica, que despois dun xuizo foron declarados inocentes.  

A miña recomendación, o tema chamado "Bilbao"

Chuzame! chuzame -

2 comentarios a “Fermin Muguruza - Bilbao”

  1. o 2007-07-24 ás 2.27 pm 1.Suso dixo …

    Boa escolla!! :) Xa me tarda acadar un mínimo nivel de euskara que me permita entender cancións sen terlle que preguntar ao meu curmán de qué van, hehe.

    Eu coñecín Kortatu sendo moi neno, pola mítica “Sarri Sarri”, por medio dun curmán meu eusko-galaico.

    Hai un erro tremendamente común, que se produce ó meu parecer por mor dos medios de comunicación, que fai que digamos cousas coma esta: “militante da esquerda abertzale inda que rexeita o emprego da violencia”. O movemento abertzale é completamente descoñecido para a meirande parte da poboación do Estado… mesmo eu, de pensamento afín á euskaldunización e autodeterminación de Euskal Herria, tiña un sentimento de inseguridade a primeira vez que entrei nunha Herriko Taberna, a manipulación dos mass-media éntranos sen nos decatar e chéganos até o máis fondo de nós. A esquerda abertzale non é que non rexeite a violencia, é que rexeita que se distinga entre violencia legal e violencia ilegal, e aboga pola ilegalización de todo tipo de violencia; até que a xente entenda isto non se resolverá o mal chamado “problema basco”, cousa imposíbel se os mass-media continúan coa súa eterna campaña de relacionar “abertzale” con “violento, terrorista, separatista, imperialista,…”

    Askatu egiten duen herriaren duintasuna borroka solidariotik sortzen da.

    Isto quere dicir: “A dignidade dun pobo abrolla da loita solidaria que o fai ceibe”. Porque é a loita solidaria a que aporta dignidade, e a solidariedade non é outra cousa que a tenrura dos pobos. E loita non quere dicir coller unha pistola e comezar a tiros, porque loitar é o que fan a diario milleiros de persoas contra o cancro, contra a miseria, contra a mentira, contra o imperialismo, contra a fame, contra a opresión… contra esa cheirenta mercadoría da propaganda mentireira.

    É por iso polo que eu, en solidariedade, me autodenomino militante da esquerda abertzale; porque estou a favor da autodeterminación dos pobos, porque estou a favor do multiculturalismo e do vive e deixa vivir, e porque estou en contra de que exista no mundo distinción entre violencia legal e ilegal.

  2. o 2007-07-24 ás 4.26 pm 2.breogain dixo …

    eu a verdade, comecei a escoitar música euskalduna por medio do folc, a música que principalmente escoito, escoitando a Kepa Junkera, Benito Lertxundi,Oskorri e algún máis, logo pasei a escoitar algo máis contundente, do estilo de Negu Gorriak e polo estilo, eu tamén penso que a autodeterminación dun povo é un dereito fundamental e o camiño para acadala deberia non ser violento, pero na actualidade penso que iso é unha utopia, non hai máis que ve-lo caso irlandés, a loita encarnizada entre o I.R.A. e mailo exército inglés duro anos e anos, pero ao final parece ser que chegaron a un entendemento mútuo, inda que non sei eu se pensamentos tan dispares como os de Gerry Adams e David Trimble poderán convivir moito tempo, agardemos que si, hai moito en xogo.

    Un saúdo.

Trackback This Post | Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.