Cinema e televisión 18 abril 2009
“Matalobos” e “Conexión”, novas series da TVG
Nunha das contadas ocasións que tiven polo de agora de ollar un pouco de televisión, o pasado mércores ou xoves, xa non me lembro exactamente do dia, atopei esta nova serie (matalobos) e miniserie (conexión) da galega facendo algo de zapping. A historia transcorre en Sardiñeira, unha pequena vila costeira de Galiza, que ben poderia ser Vilanova de Arousa, O Grobe, Sanxenxo ou calqueira de tantas, non conto máis porque tampouco me quero extender demasiado, a sinopse podédela atopar aquí. O argumento das dúas é recurrente, e inda máis trantándose dunha serie ambientada no noso País, o narcotráfico e todo o que iso conleva, inda asi coido que está moi ben tratada, con actores xoves e algúns xa consagrados, como Ernesto Chao, que está mortal no seu papel de cabeza de familia pudiente con pazo e todo na miniserie Conexión, polo demais chamoume a atención o feito de que ésta foi rodada en tres idiomas, galego, portugués -xa que tamén hai narcos e policia judiciária portuguesa- e castelán, reservado á Garda Civil e a policia española, a galega sempre innovando, coma cando foi a estrea de Mareas Vivas e empregaron por primeira vez o seseo e a gheada na tv.

Do que si xa non estou tan dacordo é do feito de subtitula-los diálogos dos actores portugueses, vale, que non son precisamente de Valença do Minho ou de Vilanova de Cerveira e o sotaque que teñen é un chisco máis pechado, pero facendo un pequeno esforzo ben poderiamos entendelo e asi de paso aprendelo portugués, cousa que nunca está de máis, pero vamos, iso é un apuntamento sen importancia, o feito é que a serie gústame e acho que será un produto perfectamente exportable coma foi Mareas vivas no seu dia, e iso está ben, que teñamos produccións propias ademais de actores participando en series a nivel "nacional".
O dito, recoméndovola encarecidamente o visionado de Matalobos, a outra, Conexión, é unha mini-serie de dous capítulos que inda me gustou máis se cadra e que podedes ollar aqui, na web da tvg.







o 2009-04-22 ás 6.52 pm 1.aturuxo dixo …
Unha acertada opinión, breoghain. Por certo, é infumábel que subtitulen o portugués e non así o español, trasmitindo unha idea ben clara: o idioma “extranxeiro” para os galegos debe ser o galego do sul.
Para os que acreditamos na unidade lingüística isto é un despropósito, así como as últimas e lamentábeis “ocorrencias” dos servizos informativos da TVG dobrando as falas portuguesas.
No referente ao portugués, a falta de intelixibilidade vén a maior parte das veces do descoñecemento de que se trata dun mesmo idioma con diferente sotaque, e ao non ser socializado este feito , nen participaren decote os portugueses nos conteúdos da TVG, os galegos e galegas non asimilan este feito, que debera ser comprendido con naturalidade. Comprendemos aos andaluces , entre outras cousas, porque desde pequeniños se sociliza o seu acento nas televisións españolas e se transmite en todo momento a idea de que se trata do idioma español, non doutro diferente.
O que sucede do portugués ten unha clara connotación ideolóxica e limita cultural e politicamente o desenvolvemento da nosa patria. Tal e como non había dúbidas nos anos 30 entre a federación de mocidades galeguistas en afirmar a unidade da lingua, tampouco hoxe podemos ter preconceitos neste importante asunto.
Ánimo e segue con este bo traballo no teu blogue.
o 2009-04-23 ás 8.52 am 2.breogain dixo …
Ola aturuxo
Graciñas polo teu comentario no meu blogue, chamoume a atención o feito de que dobraran os comentarios dos portugueses, asi como o feito de que a serie estexa en tres idiomas, -o cal aplaudo, coma tamén o fixen cando en mareas vivas introduciron o seseo e a gheada e innovaron daquela-, pero o de traduci-las voces portuguesas non o ollei tan normal, xa sei que unha serie é para desfrutar e non para estar facendo un esforzo de intelixencia, pero a verdade é que custaria un pequeno esforzo entendelos e có tempo seria un punto ao noso favor o de comprende-lo sotaque portugués, coma digo, nunca está de máis aprender un idioma, o mesmo vai para o mago este de luar, o portugués que nun par de ocasións que tiven de ollalo, falaba en castelán, cousa que tampouco comprendo.
Un saúdo e graciñas pola túa visita.
o 2009-04-24 ás 12.27 pm 3.Macflito dixo …
Tan só un comentario: coido que estás mesturando información. Os días 13 e 14, emitíronse os dous primeiros capítulos da nova serie “Matalobos”, e o 14 e 15 ao rematar esta, a miniserie de dous episodios “Conexión”. Os datos aos que fas referencia no teu comentario, non corresponde a “Matalobos” senón a “Conexión”. Ainda que os dous traballos teñen como fondo o tema do narcotráfico, trátase de argumentos diferentes, e mesmo o reparto tampouco é coincidente, agás no caso de Xabier Deive.
Toda a información sobre a serie, pódese a topar na súa web: http://www.matalobosaserie.com
Unha aperta
o 2009-04-24 ás 12.32 pm 4.Macflito dixo …
Ah! Unha cousa. “Miro Pereira” é o nome dun personaxe que durante anos interpretou “Ernesto Chao”. Ainda que o seu traballo acadou cotas de audiencia e popularidade fantásticas, penso que ao actor non lle gustaría perder a súa propia identidade. Así pois, ERNESTO CHAO, de profesión, actor.
Unha aperta
o 2009-04-24 ás 3.18 pm 5.breogain dixo …
Ola Macflito
Graciñas por achegares esa información, joder, é verdade, non se como se me puido pasar o de chamarlle a Ernesto Chao polo nome da personaxe que interpretaba en Pratos combinados…síntoo e pido desculpas.
Polo demais, pois como digo, non estaba de todo certo non feito de que a serie que ollara o outro dia fora Matalobos, gustoume moito iso si, pero tamén pareceume raro que ao final do capítulo morrera mogollón de xente, moitos dos actores principais, agora, que si ti me apuntas que era unha miniserie de dous capítulos, entón entendo todo, porque antonte ollei matalobos dende o principio e os actores eran todos novos, fiquei algo perplexo có tema, porque non entendia nada, era todo novo.
Un saúdo e graciñas pola túa información Macflito.