Actualidade 19 xullo 2007
Serrat e Sabina en Pontevedra, mala sorte outra vez.
Un meigallo parece que persegue a esta parella nos seus concertos en Galiza, primeiro foi o concerto de Santiago de Compostela, suspendido por "problemas meteorolóxicos", e que deixou ás 13.000 persoas que agardaban coas gañas, aqui podedes ve-lo derradeiro tema antes da suspensión, onte a cita era na praza de touros da nosa cidade ante 6.500 persoas, e a noticia non estivo dentro senón fóra do recinto, na rúa, alí agardaban para entrar perto de mil persoas con entrada, a produtora encarregada do evento, "Milenio Producción de Eventos" afirma que foi súa a culpa, ao non medir ben o escenário e ocupar asi máis espazo, deixando polo tanto a moita xente sen sitio, ao longo do concerto poidéronse escoita-los berros dos afectados que chegaron a tentar derribar unha das portas de acceso para entrar no "coso" taurino, feito este que fixo que a presenza policial se incrementase, estes mesmos afectados están recolledo sinaturas aqui , namentres Caixanova asegura que a partires de mañá xoves, entregando en calqueira das súas oficiñas a entrada en perfecto estado e orixinal, os afectados poderán cobra-lo importe da mesma, os de Santiago de Compostela parece ser que non terán a mesma sorte.
chúzame -







o 2007-07-19 ás 11.07 pm 1.susolista dixo …
Pois puderon medir ben, os que venderon as entradas. Porque con dar o que costou a entrada, non arreglan o tempo que perderon e probablemente os desplazamentos que tiveron que facer os afectados. Pero, algo é algo, menos da unha pedra.
o 2007-07-20 ás 12.30 am 2.breogain dixo …
pois segundo parece, habia moita xente fóra, perto de mil persoas que pagaran a súa entrada, xente que veu de lonxe incluso e que pediron libre no traballo para poder desprazarse, quén paga ese tempo perdido, os que estiveron dentro desfrutaron do concerto polo visto, inda asi habia xente sentada nas escaleiras e demais sitios “inhabilitados”, que se colgue unha medalla o que organizou este evento..