Cargando...

Deportes 20 abril 2009

¡¡ Non tedes vergoña !!

Onte non tiven ocasión de poder asistir en directo a Pasarón, pero si de escoita-la retransmisión de Ramón Mella e Ramiro Espiño pola SER de Pontevedra e de comprobar por min mesmo que o prestixio do Pontevedra foi tirado polo chan, e con el as escasas posibilidades que tiñamos de meternos no play-off de ascenso, vamos, coido que inda temos posibilidades, pero con esta banda de mangantes mellor non presentarnos a el baixo risco de facer outro ridículo coma o de Córdoba, Sevilla ou Ceuta máis recentemente.

onu-granate

Podemos perder por falla de aptitud, este ano non temos nin de lonxe o mellor dos planteis, pero o que si non podemos é perder un partido por falla de actitude, e iso foi o que non tivemos onte, tiña que escribir algo sobre o acontecido, pero serei sensato e farei igual que José Aurelio Gay onte na rolda de prensa, ser cauto falar coa cabeza fria, porque senón os calificativos que proferiría sobre esta ONU granate que temos non serian demasiado gratos de escoitar. Somentes dicir que onte tiñamos que dalo todo, que CeltaB e Racing de Ferrol empataran e que podiamos poñernos cuartos con un pequeno esforzo e sacando adiante un partido contra unha plantilla que leva toda a tempada sen cobrar e son uns recén ascendidos da terceira división, pero non, palmamos 0-4 na casa, diante da marea granate coa que algúns xogadores se enchen a boca, ríndonos deles na súa faciana, cando nos deron a súa confianza un anos máis a expensas de saber que non tiñamos un equipo competitivo.

Temos o que nos merecemos, confio en que todo isto mude para o ano, que tomemos un novo rumbo, que fagan un proxecto con tempo, gañador e con futuro (se temos cartos), a tempada rematou para nós, agora so resta recapacitar e organizarse, para o ano estarei ahí de novo, quén sabe, cecais saque dous carnets desta volta, pero para iso tédelo que gañar, a pelota está no voso tellado.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

6 comentarios a “¡¡ Non tedes vergoña !!”

  1. o 2009-04-20 ás 5.20 pm 1.Sísar dixo …

    Subliño punto por punto todo o que dís, eu tamén sinto o mesmo. Somos igual co pupas do Atleti

  2. o 2009-04-20 ás 9.17 pm 2.Julio torres dixo …

    Amigo Breo, por partes:

    O máis importante: NORABOA POLA TÚA RECENTE PATERNIDADE. Espero que todo ben e que pouco a pouco vos deixe durmir algo máis.

    O Pontevedra: suscribo palabra por palabra o dito por ti. Así de taxante.

    Un saúdo, amigo

    P.D.: Envíaronme un artigo sobre unhas manifestacións en contra do idioma galego (estudio feito por FAES) que publicarei nos próximos días, se o tempo mo permite, que ando bastante liado estes días.

  3. o 2009-04-20 ás 9.18 pm 3.Julio torres dixo …

    Hummm, son Julio de ALM, non sei porque me identifica con outro nome o blog

  4. o 2009-04-20 ás 11.15 pm 4.Brugal con Cola dixo …

    En fin, yo ya prefiero no escribir del Ponte por que sino me caería una denuncia…

    Solamente, que cuando ascendimos fue con 10 españoles y un peruano, el portero, el gato peruano Paco Bazán, que entro en el quipo por lesión del titular. Y en el resto del plantel un argentino, Trasancos. Lso demás españoles, que son los únicos que funcionan en este club.
    Recordemos el año de segunda, los únicos que dieron la talla fueron también los nacionales.
    Salvo rarisimas excepciones, no recuerdo en el Pontevedra un gran jugador extranjero que se diga sin él no hay equipo. Sin embargo varios nacionales que si se podía decir. Padín, Navarro, Cabrera, el Rifle, Vázquez, entre otros que ahora recuerde.

    Y que nadie busuqe aquí ningún alegato contra los extranjeron, ni mucho menos, simplemente la realidiad del PCF.

    No se puede basar el equipo en 2 brasileños que han fracasado durante 3 años consecutivos y otros tantos argentinos, angolños y demás.

    EN fin, que ojalá suene la flauta y dentro de 2 meses esté poniendo por las nubes a los futbolistas.

    Aupa Pontevedra, esté quien esté.

    Y saludos Breo!

  5. o 2009-04-21 ás 1.03 pm 5.lerezano dixo …

    O do pasado domingo foi unha auténtica vergoña, estou dacordo có dito por Brugal, non se pode conformar un equipo de segunda B somentes con extranxeiros que non sinten as cores e non suan a camisola, que están máis pendentes de ser chamados por outro equipo que de da-lo callo no que están contratados….SEÑORES DO PONTEVEDRA, MÁIS CANTEIRA, GALEGA E ESPAÑOLA, menos mercenarios e máis pelotas e compromiso.

    Un veciño de Pasarón

  6. o 2009-04-22 ás 3.03 pm 6.breogain dixo …

    E polo que puiden leer estes dias no foro non oficial do Pontevedra, as peñas teñen pensado desprazarse igualmente a Ferrol a darlle o seu apoio ao equipo, unha vez máis un xesto que nos fai destacar coma unha das máis grandes afeccións (senón a que máis)da segunda B, non agardaba menos da xente, pero coido que eles non merecen ese apoio, ríronse de nós e na nosa cara.

    inda asi

    Forza Pontevedra !!!

Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.