Cargando...

Actualidade 23 abril 2009

Que non home, se a culpa non é túa…

Senón dos que están nos postos de responsabilidade por estar. Teño pasado por aquel punto en multitude de ocasións, coma moitos de vós, ás veces ao vir de Vilagarcía de Arousa e para non coller moito tráfico os sábados ou domingos na ponte da barca, estouvos falando do enlace que vai dende a rotonda da PO-531 á vía N-550 (Pontevedra-Santiago) na zona de San Caetano (Alba), que algúns de vós coñeceredes polo magnífico furancho que hai alí ou pode que outros polo famoso incendio do arquivo de expedientes médicos de hai varios anos.

Foto do diario de Pontevedra

¿Como pode ser que dende hai anos o avisador luminoso, -do cal o Diario de Pontevedra non fai mención algunha- estexa estropeado e os responsables fixeran caso omiso das queixas dos veciños da zona?, logo veñen as desgrazas, o espabilado conductor do camión pasou olimpicamente do disco de advertencia de altura máxima permitida de 3.40 metros e cós seus 3.80 metros decidiu ver que pasaba, consecuencia disto, tremendo ostiazo contra a ponte e logo máis danos extructurais ao tentar sacalo maniobrando marcha atrás, a ver se me podo ir de aqui e ninguén se decata deste tinglado debeu pensar o fulano.

Isto é o que acontece pola incompentencia dos responsables de manter este punto en condicións e ben sinalizado.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

2 comentarios a “Que non home, se a culpa non é túa…”

  1. o 2009-04-23 ás 11.23 pm 1.Coidoqué dixo …

    Olá:
    Mál está que non funcionase o medidor de gálibo, pero, tío, ao fulano do camión faltáballe unha fervedura ou algo . . . vos vistes o cacho de tanque que se empotrou coa pontes? Ese tipo non ía ben.

  2. o 2009-04-24 ás 3.11 pm 2.lerezano dixo …

    a esas horas supoño que non levaria un par de chupitos na pel, pero vamos, que moi espabilado non foi, senón sabe nin canto mide de alto o seu camión….apaga e vámonos.

Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.