Actualidade 8 maio 2009
Guillerme Vázquez ¿voceiro nacional do bng?
Vaia por diante que non son militante do bng e que non teño inteción de tomar partido nestas desputas, máis ou menos amigables, que se agardan para suceder a Anxo Quintana á fronte do partido e como voceiro nacional, xa non sei se tamén coma vindeiro candidato á presidencia da Xunta de Galiza polo Bloque Nacionalista Galego.

Pero veño de leer estes dias, que un dos nosos políticos locais, en concreto Guillerme Vázquez, estará na terna de candidatos, xunto con Carlos Aymerich e Xosé M. Beiras Torrado, para ser elexido máximo representante do nacionalismo galego na Asemblea Nacional do 10 de maio, personalmente non teño nada en contra de Guillerme, xa foi deputado nas cortes españolas, posto que compartiu xunto con Francisco Rodriguez e tamén con Carlos Aymerich, un dos seus actuais competidores, ten experiencia polo tanto niso de liderar ou representa-lo partido, pero na política local, na que eu sigo dia a dia polos xornais ou nos partes de Localia Pontevedra, semella unha persoa cansina, sen ansia por face-las cousas, as súas roldas de prensa son sempre soporíferas e aburridas ate a extenuación, xa o teño comentado nalgunha ocasión con César Abal e algún blogueiro máis da nosa cidade, o bng pontevedrés debia de soltar lastre e desfacerse dun par de elementos, os cales, máis alá de axudar ao partido, estanlle a restar votos e popularidade, un deles é o polémico César Mosquera, cós seus claros e as súas sombras, xa se teñen escritor rios de tinta sobre el, pero coido que tamén o señor Guillerme Vázquez debia deixar paso a xente nova e con máis ambición e folgos para traballar pola súa cidade, polo tanto senón atopo a Guillerme Vázquez unha persoa axeitada para seguir traballando no bng pontevedrés, despois da súa nefasta xestión do tráfico no Concello de Pontevedra, tampouco o considero axeitado para liderar o partido e moito menos para se-lo candidato á presidencia da Xunta de Galiza, pero claro, xa se sabe, a UPG a mandar e o resto a calar, ou alomenos iso pretenden.
¿Que cal é o meu candidato preferido?, pois a verdade e sendo francos Beiras xa é pasado, glorioso, pero pasado ao fin é ao cabo, prefiro a Carlos Aymerich, unha persoa xove, dinámica e con empuxe e gañas de traballar, xa non digo polo partido, senón polo noso País, ése poderia se-lo meu candidato, pero vamos, a miña opinión somentes é iso, unha opinión.







o 2009-05-10 ás 1.27 pm 1.Manuls dixo …
Guillerme Vazquez pode ser moi bo político e o que queiras, pero para voceiro non vale, mais que nada porque é galego de pura cepa, é dicir, que iso de explicarse non se lle da moi ben.
o 2009-05-10 ás 5.28 pm 2.breogain dixo …
pois iso mesmo, a min este home cánsame, de verdade, estou na mesma ca ti, poderá ser bo político pero en Pontevedra e no governo local aburre ás ovellas, non lle vexo ímpetu para liderar un partido, prefiro savia xove, preparada e ambición coma Aymerich, Bieto Lobeira por exemplo é xove pero coido que algo “radical” de máis para ocupar un cargo de tanta responsabilidade, xa posto preferiría a Beiras de novo, pero iso seria unha volta atrás, e o BNG ten que mirar cara adiante, ao futuro con novas aspiracións e renovación nos seus cadros.
Un saúdo Manuls
o 2009-05-11 ás 2.39 pm 3.David dixo …
Efectivamente, unha vez mais concordo con Breogain, non dúbido da capacidade intelectual de Guillerme, e mais, recoñezo que debe ser dos mellores “traballadores na sombra” que pode ter hoxe por hoxe o BNG, pero non vexo ilusión, non vexo sabia nova; non vexo empuxe, vexo manter estructuras e “apoltronar” na silla; aínda que cecais esté equivocado e todo vaia mellor, agardemos que así sexa.
o 2009-05-11 ás 2.57 pm 4.lerezano dixo …
Non sei, un candidato de consenso non é claramente, foi elexido có 55% dos votos, en fin, vexo moita división no BNG e dame mágoa, o nacionalismo galego ten que ser forte, ter un referente e un camiño a seguir, e dame que lles agarda un longa (agardemos que sexa menos do que aparenta) travesia no deserto.
Saúdos
o 2009-05-11 ás 4.28 pm 5.zeltia dixo …
Persoalmente coido que foi unha boa elección, a mellor de todas as opcións existentes. Si ben é certo que a postura dos quintanistas de deixar fóra a unha parte do BNG non foi nada acertada dende o meu ponto de vista (toda a militancia ten os mesmos dereitos e non podes silenciar a ninguén aínda que non che guste o q pensan, todos tiñan dereito a estar na executiva),estou convencida de que o novo portavoz nacional será quen de ilusionar de novo a un bo número de militantes preguiceiros e desmotivados que na última etapa estaban desvencellándose da organización …Hai que darlle unha oportunidade a todo o mundo,non xulgar sen máis…agardo a que o tempo me dé a razón.A opción do M.pola Unidade implica seguir apostando polo BNG coma un bloque frontista,e o q plantexaban outros é un xiro cara o centro,nunha liña continuista de converter o bng nun partido máis de masas,non un partido revolucionario coma sempre foi,sería perder o seu xerme;e afortunadamente a xente é sabia e sabe moi ben o que quere.Parabéns a toda a militancia do polo exemplo de democracia feito onte !! A facer unha oposición dura e responsábel fronte a un PP q está empezando a sacar a careta…!
o 2009-06-01 ás 8.22 pm 6.Nel dixo …
Chego tarde a este debate moi ben encetado por Breogain mais quixera mostrar o meu asombro polas palabras de Zeltia. Para comezar, o nome de Movemento pola Unidade paréceme un insulto a todos os militantes que, coma min, non militan na UPG e non por iso queremos desfacer o BNG (nin na UPG nin en ningún colectivo). Equivócase Zeltia cando di que os quintanistas deixaron fóra a unha parte de militantes da Executiva porque iso é o que din as normas (menos do 30% fóra), aprobadas entre outros polo mesmo Beiras. Unha cuestión máis: é imposíbel que un representante precisamente preguiceiro e cansino ata os límites poida ilusionar á base nacionalista e moito menos ao groso dos simpatizantes e votantes. E última cuestión: o BNG non é un fronte revolucionaria senón unha formación coma outras: un partido institucional(izado). A súa práctica política é unha evidencia disto na maioría de institucións que goberna: nada de trasnformación.
Ogallá me equivoque mais con Guillerme imos cara ao modelo Ferrolterra, Santiago… un desastre.
o 2009-06-04 ás 3.25 pm 7.breogain dixo …
Estou contigo Nel, Guillerme non é a maioria do nacionalismo galego, non é quén de chamarse “unidade” e estou tamén contigo en que é un home cansino que para nada pode ilusionar á xente, para min unha vez máis a UPG saiuse coa súa e punto.
Un saúdo e graciñas polo teu comentario tan intelixente.