Cargando...

Actualidade 25 xullo 2007

25 de Xullo, dia da Pátria Galega.

Lonxe están aqueles anos nos que me achegaba a Compostela xa na véspera do dia 25 de Xullo, a noite do 24 era noite de concertos cós amigos, de tomar unha caña e un anaco de empanada na Praza de Mazarelos, escoitando algún grupo galego de folc ou de ska, eran os meus tempos mozos, non quero dicir que agora sexa un vello, pero daquela, con 20 anos o espírito era xove, combatente e inquedo, era unha obriga estar ese dia alí, na noite de xolda e á mañá seguinte na manifa, ombro con ombro con outros galegos e galegas, reivindicando o noso dereito a existir, a figurar no mapa, a facernos respeitar e a que nos traten de igual a igual, este dia unha marea azul e branca percorre as rúas do casco vello, mesturada cós incrédulos turistas de chancla e viseira que non paran de tirar fotos á marabunta humana, agora por motivos familiares ou laborais xa non podo estar, pero hoxe, imaxinariamente camiñarei o treito que me leva dende a alameda de Santiago de Compostela ata a Praza da Quintana, acompañando a milleiros de persoas anónimas que reivindican o mesmo ca min, que Galiza poida existir, non estarei alí fisicamente, pero si de corazón e agardo que sexades moitos os que vos acheguedes alí, porque este recuncho de Europa que estamos a construir precisa de xente coma vós e como reza o título da canción dos "Na lúa", os tempos son chegados...

Chuzame! chúzame -

3 comentarios a “25 de Xullo, dia da Pátria Galega.”

  1. o 2007-07-25 ás 10.10 am 1.Andrés Milleiro dixo …

    Xa foron tempos ;)

    Pero nunca está de más voltar a ler o “Alba de Gloria”, do irmán Daniel.

    Unha aperta dende outras terras!

  2. o 2007-07-28 ás 8.49 pm 2.Anxélica dixo …

    Como moi ben dixo Andrés, inda estás a tempo de voltar algún día pola festa… iso si, xa raia moito a cantidade de xente que hai. Pero segue sendo unha noite máxica!

  3. o 2007-07-28 ás 11.35 pm 3.breogain dixo …

    Anxélica, que máis quixera eu, a ver se para o vindeiro ano podo pasarme, recoñezo que nunca fun ao Festigal, e iso que teño a unha amiga de Galiza nova que me lembra tódolos anos que vaia, inda falei hoxe con ela e díxome que estivo fenomenal e que houbo moita xente, en fin, houbera sido unha pasada poder ver aos Kroke en directo tomando unha birra, agardemos ao ano que vén, a ver se hai sorte.

    Un saúdo para ti e outro para Andrés que anda por Xenebra estes dias.. :)

Trackback This Post | Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.