Música 16 agosto 2007
Kroke, dende Polonia para o mundo.
Kroke é a palabra "yiddish" coa que é coñecida a cidade polaca de Cracovia, de ahí procede este grupo creado no ano 1992 por tres amigos graduados na Academia de Música de Cracovia. En pouco tempo, acadaron unha gran popularidade grazas ás súas actuacións nos máis importantes festivais de Europa, entre os que destacan o "Womad" de Las Palmas e o "Reading", ou nos numerosos encontros de música xudea onde compartiron escenario con artistas da talla de Van Morrison.
Tomando o repertorio da música tradicional como base, Kroke constrúe arranxos orixinais, crea composicións novas e únicas, leva a cabo improvisacións e logra un son totalmente descoñecido grazas á súa experiencia e á súa formación nos campos da música clásica e o jazz.
Ramón Trecet dixo deles en 2005: "KROKE sae ao escenario en calquera parte de Europa e ofrece unha sublime mestura de creatividade, arte, artesanía e carisma escénico... Eu coñecinnos por mediación dun tio meu, precisamente ouvinte do programa de Ramón Trecet e supoño que seria ahí onde os escoitou por primeira vez, gustaríame podelos ter visto en directo en Santiago de Compostela ou Ortigueira, pero non puido ser, de tódalas maneiras recoméndovos un tema deles, o meu preferido, "Light in the darkness", sublime.
chúzame -






