Pontevedra 30 abril 2009
Feira franca, troyanos e falla de infomación..
Semella que ante a escasa información municipal no tema da Feira Franca, sen ir máis lonxe, o meu blogue é un dos máis visitados en canto a pescudar información sobre ela se refire, senón botádelle unha ollada ao google e poderedes atopar este blogue no terceiro posto dos resultados, por diante da propia web temática. Pois ben, nisto andaba eu cando atopei o comentario de Cècile no meu post sobre a Feira Franca, nel me solicita como poñerse en contacto coa xente que organiza a feira, có obxecto de instalar un posto de artesanía, e cal é a miña sorpresa, cando entro na ligazón que me deixou e comprobo que se trata dunha web francesa, ¡¡ carallo !!, ata onde está a chegar a repercusión e mailo éxito desta festa que comezou coma algo local e agora semella ser internacional, a web de Cecile, por se tedes curiosidade é ésta que vos linko (menudo palabro) aquí.

Pero vamos, que aparte de chamarme a atención o feito de que me soliciten información dende Francia, o que máis me jode, e con perdón da expresión, é a escasa información que aporta o noso concello sobre esta festa tan importante, porque xa mudaron a web en varias ocasións e ademais case non a actualizan ate unha semana ou dez dias antes, polo que moita xente coma Cècile non poden preparar con tempo a súa participación na mesma, dende aqui señores do Concello de Pontevedra e refírome concretamente a Anxos Riveiro, póñanse as pilas neste tema, e por favor fáganlle de paso unha limpeza en condicións a http://www.feirafranca.info, porque cada vez que entro o avast (o meu antivirus) avísame de que a web contén troyanos... vamos, de coña.







o 2009-05-01 ás 4.32 pm 1.Sísar dixo …
Breo, achégaste moito a unha das cousas que claman máis o ceo deste Concello. O tema das “webs” do Concello ten para escribir un libro e sorprederíaste de que leva á informática no Concello e a que empresa se lle dan todos ese contratos. Preguntádevos porque o Concello fai webs como o abandono do can, o maltrato da muller, grupos de música locais… mentres mantén abandoados outros temas de importnacia local. (E ata aquí podo seguir lindo como diría a quela presentadora do Un, dos tres.)
Creo que xa cho comentei algunha vez, fai dous ou tres anos puxen a miña propia mesa na Feira Franca e foi unha experiencia desoladora en canto á organización do evento. De feito, dende aquela prefiro pagar que pasar por toda esa descoordinación e maneira de “andar por casa”.
Un sáudo e alédome da túa valentía o non casares con niguén, polo ben da cidade. Disfruta de Sabela, moitos parabéns.
o 2009-05-02 ás 2.58 pm 2.breogain dixo …
Efectivamente, hai cousas polas que non paso, e unha delas ben pode ser ésta, a Feira Franca pode morrer de éxito polo escaso apoio que recibe en cuestións de publicidade do evento por parte do concello, vale, que tampouco nos interesa que se magnifique demasiado e polo tanto derive nunha masificación que reste vistosidade e atractivo, pero abandonar unha web (a web oficial) ao longo de 330 e unicamente actualizala no último mes, iso non é de recibo, hai moita xente que ven de fóra a participar na festa ou quere expoñer nos postos de artesania e non poden estar perdidos e sen saber con quén deben contactar e ter que recurrir a un blogue coma este, dun particular que nada ten que ver coa festa, iso un concello non o pode permitir, non llo debemos permitir.
Un saudo para ti tamén César, e sorte hoxe no derbie
o 2009-05-03 ás 10.07 pm 3.paidovento dixo …
Así, así… Dando caña. De todos modos, non te queixes, que onde eu vivo (no Porriño) o Concello nin sequera ten páxina web (que xa lle ronca…)
En canto aos troianos, a min tráenme tolo. Acabo de traer o ordenata do “médico”, que estaba de virus ata as cellas.
o 2009-05-04 ás 9.04 pm 4.breogain dixo …
¿que o concello de O Porriño non ten web??? joder, nos tempos que corren manda carallo, tampouco é tan caro ter un sitio web minimamente en condicións, alomenos para que a xente atope teléfonos e enderezos do concello, é algo básico hoxendia.E no tema dos virus, a verdade é que teño un antivirus bastante bo, alomenos nestes anos non tiven problemas de virus có Avast, non está mal.
Un saúdo dende Pontevedra