Internet 4 maio 2009
Verbas, unha paranoia de Andrés Milleiro
De los creadores de Andrés milleiro. info, trebellos, eu tamén son aduaneiro, tortilla de patata (a medias con Manuls) ou foro galiza llega a sus pantallas.... ¡¡verbas !!
Pois trátase dunha nova web, proxecto, idea ou chámalle X do blogueiro pontevedrés e amigo persoal Andrés Milleiro, esa cabeza pensante que nunca descansa, como o fulano este do anuncio de cervexa que conta calorias e tal, pois unha cousa semellante, o seu maxín sempre está fervendo na pescuda de novas movidas que facer ou inventar, desta volta verbas ven sendo, pois non saberia exactamente como definilo, -Andrés, se tes a ben pasarte por aqui podes explicalo ti mesmo-, vamos, unha web na que postea todas as súas paranoias, inquedanzas ou movidas varias que se lle ocorren, as cales non son poucas.

Pois nada, somentes queria avisarvos de que unha nova web de Andrés anda pola rede, podédela ollar en http://millei.ro/, eu pasóme de cando en vez que sempre colga algún video musical interesante ou algunha montaxe fotográfica simpática e boto unhas gargalladas.
Sorte Andrés, e xa sabes, cando veñas débesme unha birra







o 2009-05-04 ás 9.41 am 1.J.Andrés Milleiro dixo …
¡vaia sorpresa meu! pois o de millei.ro é un Tumblr ( http://www.tumblr.com ) , un servizo web onde un pode publicar cousas cortas (máis cortas que un blogue) e por exemplo puidendo publicar sinxelamente por correo electrónico, por iso moitas das fotos que publico aí van dende o meu teléfono móbil (un Nokia normaliño, con Yoigo), grazas ao correo electrónico.
resumindo, que é un blogue pero con cousas máis curtas. outros tumblrs: http://cousas.opaco.org , http://modesto.tk
unha aperta meu
o 2009-05-04 ás 8.53 pm 2.breogain dixo …
Pois xa sabes….a ver se colgas algún video do concerto ao que vas a ir este verán con Manuls XDDD.
Un saúdo meu, cando veñas avisa home, que temos que tomar unha cervexa no grifón.