Cinema e televisión & Música 6 maio 2009
Jerk it out (The Caesars)
Bravo pola xente de Renault, será que ando na procura dun novo coche -porque coa cativa o actual ficou pequeno de máis- e estou máis atento aos anuncios das marcas automovilísticas, pero coma para non estalo có spot do novo megàne coupé, o anuncio en si tampouco é que sexa algo fóra do normal, pero o tema musical que elexiu a marca do rombo para acompañalo é unha pasada, e por se algún de vós non ten idea do que estou a falar, aqui vos traio o tema en cuestión, o seu título Jerk it out, o grupo, The Caesars.
Son unha banda sueca de garage rock, suecos pero con vocalista de ascendencia portuguesa, teñen as típicas distorsións de voz e de guitarras, este tema que agora estase a facer moi coñecido xa data do ano 2002, cando saiu ao mercado como single, xa tiña escoitado algunha canción deles no FIFA da playstation, pero agora é cando de verdade me soprenderon cun tema guapo, guapo, por certo, se tedes interese e queredes indagar máis sobre este grupo, pois pasádevos pola wikipedia. Pois iso, que sentinme na obriga de compartilo con todos vós e en especial adicarllo a Andrés Milleiro, có cal comparto ademais do gusto polo fútbol (parabéns pola victoria en Stamford Brigde) unha semellanza tamén nos gustos musicais.
Por certo, non colgo aqui o video oficial do grupo e si o spot publicitario porque non sei que problema haberá coa licenza, que non me deixa postealo, ponme unha mensaxe de inserción no autorizada, será que aquí non lle pagamos á SGAE.






