Actualidade 22 maio 2009
Plan Re-Móvete da Xunta para o automóvil
Detrás deste nome tan suxerente, está o plan da Xunta de Galiza para tentar botar unha man e sacar da súa actual crise ao sector do automóvil, un plano en clave galega, posto que Feijoo foi un dos primeiros en desmarcarse do Plan 2000E de Zapatero, é de supor, ou alomenos eu agardaria que isto servira para dinamiza-lo mercado galego do automóvil, e estoume referindo tanto aos concesionarios coma a PSA Citröen, que da traballo a miles dos meus paisanos. Pero tanto un plan coma outro esquécense de certo perfil de xente, entre as cales eu me inclúo, explícome:

Como saberedes, xa vai para dous meses que tiven unha filla, o meu actual coche, de tres portas, gasolina e sete anos quedóuseme pequeno, polo tanto estamos pensando seriamente en mercar un novo e evidentemente entregar este na operación, pois ben, coma o meu coche non ten máis de dez anos, non me podo acoller nin a axuda da Xunta nin tampouco a do Estado, polo tanto, deses 1500 ou 2000 euros non vexo un can, pero o que máis me jode, e perdonádeme a expresión, é que tampouco me podo acoller aos 10.000 euros sen xuros que tamén prometen, véxome polo tanto sen axuda de ningún tipo, eu, que precisamente estaba pensando nun Citröen C4, mira ti por onde tiña pensando aporta-lo meu grao de area e axudar á economia do meu País mercando un vehículo da marca que emprega a miles de galegos e galegas, pois non, o futuro coche que emitiria menos de 120 g/km de CO2 seria máis ecolóxico que o que actualmente teño, vamos, máis non podo axudar, pero a min ninguén me axuda, non o vexo nada xusto.
Fica aqui a miña protesta, tanto ao governo da Xunta de Galiza coma ao do Estado, quero cambiar de coche, quero contribuir á mellora da economia galega e axudar no que modestamente podo, pero este governo que a bombo e platillo está a anunciar axudas, esquécese dos que temos coches de dez anos, señores, o parque automovilístico galego e español xa hai anos que non é tan vello, a vida útil dun coche hoxendia non supera os seis ou sete anos, no meu caso non é por capricho, senón por circunstancias da vida.







o 2009-05-23 ás 3.04 pm 1.Luís dixo …
Pois eu estou contigo Breogain, porque unha cosa que me amola moitísimo é que estas axudas son demasiado específicas, eu tampouco podo acceder as axudas porque sinxelamente non teño coche. Son axudas que non pensan tampouco na xente moza!
Eu vexo que a vida está ben fodida, que eu chego a fin de mes de milagre, nin mil eurista son, e xa me chega co aluguer do piso, os gastos, a comida, o transporte público, e milagre se aforro uns 100€ ao mes…
Menos mal que concederon a axuda pra o aluguer, aínda que non me ingresaron un duro, a ver cando pagan, que xa levo 6 meses agardando… Un saúdo!
o 2009-05-25 ás 11.33 pm 2.breogain dixo …
Seino Luis, eu levo traballando máis de dez anos e non me podo queixar, a cousa está fodida, pero namentres teñamos traballo imos tirando, os estudantes ou os que acaban de entrar ou tentan entrar no mercado laboral teñen moitas máis dificultades, e no tema que comentas de que estas axudas son para os que xa temos coche, pois tes toda a razón, ¿e para os que nin tan sequera teñen un coche vello que entregar?
unha mágoa que non pensaran niso, eu de tódalas maneiras, seguirei dándolle voltas ao tema e buscando coche novo, ou de segunda man, xa non sei, a cuestión é coller algo máis grande do que teño actualmente.
un saúdo