Cargando...

Actualidade & Cinema e televisión 4 xuño 2009

¿A nova Xunta practica a censura nos medios?

A pasada semana tiven a sorte de ollar un fantástico documental na T.V.G., o programa, a caixa negra, o mencionado documental, "Casón", fíxome lembrar todo o acontecido cando eu tiña pouco máis de once ou doce anos. A reportaxe gustoume coma xa dixen e ao remata-lo programa puxeron un avanzo do que seria o seguinte documental, Vacas tolas, ése era o seu título, e digo ese, porque o pasado martes por razóns que escapan ao meu modesto entendemento, a súa emisión foi retirada de súpeto da grella da programación, ante o meu estupor e o de miles de galegos e galegas, a T.V.G. pasaba un western de Clint Eastwood no seu lugar, a cara de tonto que nos quedou á miña muller e mais a min podédela imaxinar.

Pois ben, eu que son moi mal pensado xa comecei a desconfiar, e ao dia seguinte aconteceu o que todos e todas saberedes, o noso presidente saiu a explicarnos que todo iso se debeu a unha chamada telefónica dun sindicalista, descoñécese de que sindicato labrego galego (ou de fóra, vai ti a saber) foi, os sindicatos maioritarios dixeron que isto non ia con eles, que faltaria máis faltar á liberdade de expresión, entón a única posibilidade que resta é que fora un sindicalista a título persoal, o cal, nun alarde de poder de convicción e cunha chamada telefónica, conseguiu que a televisión autonómica, a de todos e todas, tamén a dos votantes do Partido Popular, censurara unha reportaxe na que, presumiblemente se aireaba a mala xestión do, daquela governo popular no tema das vacas tolas, supoño que lembraréde-lo soterramento masivo en Mesía e todo aquilo...

www.blogoteca.com/malmequer

 De verdade non me entra na cabeza coma se pode facer tal cousa, censurar desta maneira e logo virnos a tentar convencer dunha maneira tal burda, señor Feijoo, non sei os demais, pero eu non teño un pelo de tonto, eu non comulgo con rodas de muiño, non pode ser que en dous meses de governo censuren documentais coma Caixa negra, programas de radio coma aberto por reformas ou obras do Centro Dramático Galego porque son críticas coa súa xestión ou somentes polo mero feito de non lles seren afins ao seus propósitos, a T.V.G. non é o NO.DO. , non podemos voltar atrás, están trocando cultura por enxebrismo, arte por burdo folclorismo e iso non é de recibo, ése non é o camiño do galeguismo que vostedes propugnan, asi non se fai País, ésa non é forma de actuar dun governo que se fai chamar democrático, despois disto xa non me creo cousas coma ésta, por favor, NON PASEMOS DO FRAGUISMO AO FEIXISMO, e con isto último non me refiro precisamente á forma de facer política practicada por Feijoo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

3 comentarios a “¿A nova Xunta practica a censura nos medios?”

  1. o 2009-06-04 ás 10.57 pm 1.Ulmo de Arxila dixo …

    Pois si, o Feijoo segue cubrindo-se de glória. Suma e segue, e isto non fixo máis ca comezar. Mágoa que a imensa maioria dos votantes deste país sexan capazes de lles votar a xentuza coma esta. Claro que cunhas racións de empanada e un pouco churrasco xa se esquecen estas cousas. E a viver felizes.

  2. o 2009-06-04 ás 10.59 pm 2.W. Sobchak dixo …

    facer País, estes??? xa nos gustaría.
    Iso de facer País estaba ben para Cuiña e os outros da boina. Os neopailáns estan a outras cousas, Galicia ven sendo o de menos

  3. o 2009-06-04 ás 11.24 pm 3.breogain dixo …

    de verdade:

    escoitar ao presidente Feijoo falar de que a radio e televisións autonómicas teñen total liberdade para facer e desfacer a súa programación sóame a chiste, pero chiste burdo e de mal gusto, como pode este home dicir o mércores que lles chamou un sindicato (un calqueira vamos, non vaia a dici-lo nome) e ao dia seguinte dicir que foi UN SINDICALISTA, joder como manexa ese tio á televisión, cunha chamada dun fulano abonda para retirar da programación un documental, pero como me pode este home tomar por tonto, pero por tonto de remate, a min e a miles de galegos que o martes ollábamos atónitos como á hora do documental pasaban un western de clint eastwood, jajaja, eu estaba flipando, tanto como o dia da final da copa do rei có himno, se pitan pois pitan, pero non fagade-lo parbo cortando e falando de erros humanos, non tomedes á xente por tonta, por favor.

    O dito, o martes foi o documental, logo virá a clausura de Air Galicia, un programa retranqueiro cojonudo, logo meterán a texoura en máis programas, non sei, tamén na radio comezaron có de Xurxo Souto, un programa sobre música galega de tódolos tipos que era todo un exemplo de apoio e agarimo á nosa cultura, Xurxo nunca falou ren de política, en fin, non o entendo, somentes polo revanchismo e as gañas de desmonta-lo todo, todo o que se fixo pola nosa cultura, unha mágoa que nos governe xente que se din a si mesmos galeguistas.

    un saúdo

Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.