Actualidade 28 xullo 2007
Museo “nocturno” en Pontevedra.
Dende hoxe abrirase o "Museo Efímero" da Ponte do Burgo polas noites, concretamente ata as 00:30 horas, para o que se dotou dunha iluminación especial e música ambiental, esta dimensión nocturna do xacemento arqueolóxico urbano máis importante de Galiza na actualidade, repetiráse todos os sábados ata o día 1 de Setembro. Agora, os traballos principais do xacemento ocupan aos arqueólogos na zona existente entre a muralla urbana do século XVI e o malecón portuario, polo que o máximo interés céntrase nos impresionantes pilares de madeira que sostiñan a plancha portuaria, e que se poden contemplar. A idea municipal, é que o Museo Efímero da praza Valentín García Escudero sexa convertido nun área museística permanente, enmarcada dentro da recuperación da Ponte do Burgo e a reforma do segmento litoral Burgo-A Barca.
chúzame -







o 2007-08-15 ás 12.02 pm 1.rosa dixo …
interesante
o 2007-08-16 ás 8.55 am 2.breogain dixo …
interesante tamén o teu comentario