Cargando...

Actualidade 29 xullo 2007

Por fin chegou o verán…

Sinceiramente, esta entrada estaba gravada dende hai varios dias, non sei se pola preguiza ou polo pouco tempo do que dispoño, tivo que ser rectificada parcialmente, en vista do troco da climatoloxia, orixinalmente comezaba asi..

-Parece mentira, xa estamos ás portas do mes de Agosto e todavia non me puiden bañar no Atlántico, estou pois ante un verán atípico, vamos, atípico pola climatoloxía que non polo feito que inda non fora case á praia, posto que iso non é ningunha novidade, xa que pola semana có traballo écheme de todo imposible e a maioria dos fins de semana ou chove ou está anubado, está claro que o verán é para os ricos, inda que, alomenos e polo de agora este tempo que estamos a sufrir ten a súa parte positiva, case que non houbo incéndios forestais en todo o noso territorio, ou pode que eu non me escoitara nada, non me quero lembrar do verán pasado e da "trama" aquela que ao final non puido ser probada, inda que todos e todas soubéramos que algo "cheiraba mal" no monte galego, aqui vos deixo unha fotografia tirada da web de www.astroseti.org , nela podedes aprecia-lo grao de devastación que sufrimos o ano pasado, a foto é do dia 11 de Agosto do 2006, agardemos este ano desfrutar do bo tempo e tanto os bombeiros coma os voluntarios que están no noso monte non teñan traballo.-

Asi era orixinalmente, pero o sábado mudaron as tornas, onte puiden ir á praia e bañarme por primeira vez en todo o vrao, asi que estou de noraboa, coas gañas que tiña de darme un chapuzón e por fin logreino, agardo que hoxe, e polo que contan os "homes do tempo"parece ser que si, poida repetir e darme un baño, como Fraga en Palomares...

Chuzame! chúzame -

8 comentarios a “Por fin chegou o verán…”

  1. o 2007-07-30 ás 11.47 pm 1.Sísar dixo …

    La trama no pudo ser probada.

    Ahora no tengo tiempo, pero te contestaré a su debido tiempo. Uno con nombre y apellidos que se presentó a las pruebas de brigada y fue rechazado por no saber gallego cuando sí lo había presentado. Documentación toda en casa. Conmigo 5 amigos más. Siempre la culpa es de otros. Increíble.

  2. o 2007-07-30 ás 11.55 pm 2.breogain dixo …

    Sisar, cando poidas explícanos logo a túa postura, sempre é aclaratorio saber as dúas versións dunha mesma cousa, tamén estou algo desconcertado cando aseveras que “la culpa siempre es de otros..”, pero logo, houbo algún culpable de todo o acontecido o ano pasado? porque polo visto a ninguén lle colgaron o “sanbenito”.

  3. o 2007-08-04 ás 2.04 am 3.Sísar dixo …

    la culpa es siempre de otros

    http://www.youtube.com/watch?v=djvStryzzKc

    Es penoso ver este vídeo.

  4. o 2007-08-04 ás 2.15 am 4.Jorge Cubela dixo …

    Tódolos militantes do PP estaban detrás dos incendios?, aclara iso por favor porque a min igual que a sísar levoume a esa conclusión, saudos.

  5. o 2007-08-04 ás 9.44 am 5.breogain dixo …

    faime gracia, decídeme en que parte do texto ou da miña resposta a este post falo de que a culpa da vaga de lumes do ano pasado foi de militantes do Partido Popular?, decídemo porque eu non atopo esa acusación por ningures, eu falo dunha “trama” incendiária que non puido ser probada e que non foi casualidade que 90.000 hectáreas foran arrasadas o ano pasado cunha media de máis de 100 incendios forestais, dos cales unha grande parte eran “estratéxicos”, porque senón xa me podedes explicar o porqué de arder ao mesmo tempo a residencia oficial do presidente da Xunta e a súa residencia particular, o porqué de arder os arredores de aeroportos e outas zonas sensibles e importantes, o porqué de arder ao contrario que outros anos zona forestal apartada das estradas e vias de comunicación…o ano pasado a garda civil interceptou artefactos incendiarios de variada tipoloxia, xente no monte con garrafóns de líquidos inflamables e demais, aqui hai unha máfia da madeira e intereses expeculativos e urbanísiticos, estou certo, se sodes de Pontevedra coma min saberedes dos incendios de Combarro e toda esta zona, e que logo se fan chalets e demais, eu en ningún momento falei de militantes do P.P., falades vós, será que estaredes máis informados ca min do tema, do que si estou seguro é de que ningunha desas persoas da manifestación foi ao monte cun chisqueiro.

    Un saúdo.

  6. o 2007-08-06 ás 2.09 pm 6.Sísar dixo …

    El vídeo que te puse lo dice todo. Cuando se habla de trama se echa la culpa al Pp y tu presidenta Iría Aboi así me lo hizo saber en un debate que tuve con ella.

    No escondas la piedra porque hasta al concelleiro se le fue la boca en su día.

    Resulta que siempre en Marzo estaban hechas las convocatorias y publicadas las cuadrillas que hacían falta.
    El año pasado se hizo todo en 15 días y reinó el caos en todo el proceso al que yo mismo me presenté y quedé excluído habiendo presentado en tiempo y forma todo el documento me denegaron igual que a cientos porque no tenía el certifiado de gallego cuando sí lo había entregado. Resultado: desbordados por las reclamaciones con más de 1.000, todo un hito histórico.

    Ahora te dejo unos datos exportados de mi blog de hace un año:
    1-. DESMANTELAMENTO DA ESTRUCTURA TÉCNICA DIRECTIVA
    De 8 directivos de máximo nivel, responsables da loxística de 4.000 efectivos, cesáronse a todos salvo a un.
    Cesáronse aos catro responsables provinciais directos do operativo de incendios, algún deles con experiencia de máis de 10 anos.
    2-. DESMANTELAMENTO DA ESTRUCTURA TERRITORIAL
    3-. RETRASO NA SELECCIÓN DO PERSOAL DAS BRIGADAS
    4-. INEXPERIENCIA DE BOA PARTE DO PERSOAL DAS BRIGADAS
    5-. REDUCCIÓN DE CUADRILLAS NOS CONCELLOS
    6-. SINATURA DE CONVENIOS COS CONCELLOS CON NOTABLE RETRASO
    7-. MALA DISTRIBUCIÓN DE BRIGADAS
    En concellos, con grandes masas arboradas, non hai brigadas, e si hai en concellos con menor masa forestal
    8-. MENOS DISPOSITIVO AÉREO
    Neste ano existen dous helicópteros menos que noutras campañas
    9-. MOTOBOMBAS SEN CONDUCTOR OU QUE TRABALLAN SÓ UN TURNO POR FALLA DE CONDUCTORES
    10-. NON SE SOLICITOU COLABORACIÓN A OUTRAS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS (DEPUTACIÓNS)
    Los datos son demoledores.

    Pero tú te invenyas una trama. Te dejo otra de la conclusión del fiscalía. Los números de incendios fueron los mismo pero la superficie quemada no. Llegaron hasta ahí porque antes se apagaban y el año pasado no. Ni una responsabilidad a los que gestionaron. Tourilño diciendo en os ocasiones que todo estaba bajo control y la gente sin medios y lamentando pérdidas humnanas. La propaganda mediatica es increible. Esos datos que te he puesto son irrefutables.

  7. o 2007-08-06 ás 7.24 pm 7.Sísar dixo …

    Entre el 4 y el 15 de agosto de 2007, cientos de incendios quemaron casi 100.000 hectáreas y mataron a cuatro personas. Las llamas cercaron no sólo aldeas parroquias, sino, también, Santiago y Orense. Los políticos de la Xunta, presidida por el socialista Emilio Pérez Touriño con el apoyo del separatista Anxo Quintana, nombrado vicepresidente, dieron varias explicaciones sobre el origen de los fuegos: corrupción urbanística, economía del fuego, narcotraficantes que querían distraer a la Guardia Civil y venganza de los caciques del PP, enfadados por haber perdido la Administración autonómica después de 16 años de control. Ésta última teoría fue difundida en los medios de comunicación por los intelectuales de choque, en especial los columnistas de ‘El País’ Manuel Rivas y Suso de Toro.

    Ahora, un informe elaborado por la Guardia Civil a petición de la fiscalía del Tribunal Superior de Justicia de Galicia y presentado el 22 de junio, confirma que ninguna de semejantes teorías de la conspiración eran verídicas. Tal como expuso el fiscal jefe, carlos Varela, los artefactos incendiarios son de fabricación rudimentaria –no se ha encontrado ninguno que haya sido arrojado desde helicópteros o aviones-, no hay vehículos ni personas repetidas en sucesos distintos, las causas son de variada índole y las características del sospechoso son las tradicionales de otros años. Sólo varía la incompetencia y el sectarismo de los altos cargos de la Xunta: para formar parte de las brigadas se exigía un examen de gallego normalizado.

    Según los policías, el porcentaje de incendios provocados en agosto (77%) es nueve puntos porcentuales inferior a la media de la última década (86,13%) y las llamas se desataron más o menos donde todos los años con la única excepción de la provincia de Orense.

    Varela explicó que el incendiario tipo del verano pasado –hubo tres detenciones- es un individuo de mediana edad, bajo nivel cultural, no integrado socialmente, reincidente y sin una supuesta intencionalidad de causar daños ajenos a los propiamente forestales. Igual que otros años.

  8. o 2007-08-06 ás 10.32 pm 8.breogain dixo …

    Sisar, de que presidente me estás a falar? eu non estou afiliado a ningún partido político nin tampouco falei de partidos políticos aqui, está moi ben que me pegues aqui vinte mil datos estadísticos e todo o que precises para informarme ou se cadra para quedar tranquilo ti, pero o que pensamos moitos galegos e moitas galegas, e falo de xente ao meu redor, non afiliada a ningún partido político, que o verán pasado houbo unha trama, si ALGO MONTARON e non se sabe quén, repito, ninguén falou…do teu partido? nin que os seus militantes foran ao monte a queimar, falaron de que non foi normal unha vaga de lumes, concentrada nunha semana, con máis de 100 lumes diarios e tamén en puntos estratéxicos como zonas non accesibles a pé e demais, a garda civil interceptou xente a pé, en moto, en coche…algunha saiu nos xornais, outra non, que non se puido probar, vale, non o nego, claro que é dificil acusar sen probas, nun incéndio é normal que non fique rastro, supoño que a policia tamén terá os seus C.S.I. pero senon deron coas pistas mala sorte…non me veñas agora coas probas de galego e con sectarismos, prefiro non entar a valorar os métodos de traballo do anterioror governo porque con eles tamén houbo incendios e moitos.

    Un saúdo.

Trackback This Post | Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.