Cargando...

Caixón de xastre 13 xuño 2009

Xa temos coche novo (1ª parte)

Por fin, despois de case tres meses de búsqueda, que comezaron xusto despois do nacemento da nosa cativa, atopamos un coche cojonudo para a miña muller, ou un coche mono como lle gusta dicir a ela. O elexido foi un coma este que podedes ollar na foto, e semella que o modelo en cuestión, un nissan micra, non debe dar apenas problemas mecánicos, porque o mercado de segunda man deste utilitario é case que inexistente, no portal máis empregado para esas pescudas, www.segundamano.es  unicamente puiden atopar cinco ou seis vehículos en toda Galiza, tamén percorrín varios concesionarios oficiais da Nissan en Pontevedra e Vigo e nada de nada.

null

O vehículo que semella pequeno por fóra está aproveitadísimo por dentro e dalle mil voltas ao meu en cuestións de gadgets e accesorios varios, de verdade que non contaba que fora a ser un coche tan currado para o pequeno que semella ser a primeira vista. Pois iso, agardo que teñamos sorte e que nos dure uns cantos anos, polo de agora estou a voltas có tema do mans libres parrot que viña có coche e sen manual de instruccións, esta tarde de sábado tentarei engadirlle os dous móbiles da casa e a ver que pasa, como sempre fun bastante autodidacta supoño que non terei demasiados problemas.

Nada máis, agardo que o sector do automóbil se recupere canto antes polo ben de todos, pero que os prezos dos automóbiles non suban demasiado polo de agora, porque o meu xa ten 7 anos e so dúas portas, asi que teño que ir pensando en darlle un cambio, non sabedes o que custa meter un capazo ou unha cadeira de bebé por esas portas tan pequenas.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

2 comentarios a “Xa temos coche novo (1ª parte)”

  1. o 2009-06-15 ás 6.26 pm 1.paidovento dixo …

    Parabéns! Estrear coche sempre é unha ledicia. A min póñenseme os dentes longos sempre que alguén, que non sexa eu, o fai, pero… que se lle vai facer!
    Tes razón en que os coches con dúas portas son incómodos cando hai nenos. Pois nada, a disfrutalo!

  2. o 2009-06-15 ás 7.19 pm 2.breogain dixo …

    e tanto que son incómodos, o meu chegou o venres e ficou aparcado na casa, todo o finde pasámolo empregando o micra, que inda sendo (aparentemente) máis pequeno que o meu de dúas portas, non sabes ti o xogo que da, unha marabilla de coche para conducir.

    Un saúdo :)

Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.